Deportes

O Carballiño e Cea acollen a fase final de seleccións de fútbol- sala base

Data: 
3/2/2012
A área de Deportes do concello do Carballiño invita a todos os afeccionados ao futbol sala ás semifinais e a final do campionato de seleccións locais bases, que terá lugar o domingo 5 de febreiro.

Empate sen goles do Arenteiro en Cortegada

Data: 
29/1/2012

O Arenteiro tan só pudo sumar un punto na súa visita ao campo do antepenúltimo clasificado, o Cortegada, na vixésima xornada do campionato de liga na 1ª autonómica.

Sufrida victoria do Arenteiro ante o Monterrei, 1-0

Data: 
22/1/2012

Tivo que sufrir o Arenteiro ante o Monterrei para sumar os 3 puntos en Espiñedo. Ao final, un gol de Iglesias  resolveu un partido no que o mellor para o equipo carballiñés foi o resultado, unha sufrida victoria que permite ao Arenteiro seguir no pelotón de cabeza da liga na 1ª autonómica. No Arenteiro debutou Kennedy.

Kennedy regresa para reforzar ao Arenteiro

Data: 
20/1/2012

O xogador nixeriano, afincado en Vigo, regresa asi unhos meses despois á disciplina do Arenteiro, no que militou na última tempada, sendo o máximo goleador do equipo.

Pésimo partido do Arenteiro en Allariz

Data: 
15/1/2012
Un momento do partido no campo do Seixo

Paso atrás do Arenteiro na súa loita polo ascenso ao caer derrotado na súa visita ao campo do C.D. Allariz, que foi xusto vencedor do encontro desputado nas coquetas instalacións deportivas do Seixo, nunha tarde invernal, e na que por momentos chegou a caer auga neve.

O Arenteiro comeza o ano cunha victoria en Barbadás

Data: 
7/1/2012

Un golazo de Iglesias no minuto 53 de partido deu ao Arenteiro os 3 puntos no partido xogado esta tarde no campo dos Carrís ante o Barbadás B, desta maneira os carballiñeses comezan o ano con victoria, no partido que completa a primeira volta do campionato, conservando a segunda posición na táboa de clasificación, en posto de ascenso directo á preferente.

Antonio Iglesias "Cadavid" en COPE: "estou contento con este Arenteiro pero se fose necesario chegarían reforzos"

Data: 
2/1/2012
Antonio Iglesias

O Presidente do C.D. Arenteiro pasou polos micrófonos da COPE para facer balance deportivo e social do desenvolvemento desta tempada.

O Arenteiro despide o ano en posto de ascenso tras vencer á Ponte, 4-0.

Data: 
18/12/2011

Plácido partido do C.D. Arenteiro en Espiñedo ante un inofensivo equipo, A Ponte SAD, quen te víu e quen te ve, un dos equipos históricos do fútbol ourensano, que chegou a desputar unha fase de promoción de ascenso á 2ª B, e que languidece agora na 1ª autonómica, polo visto esta tarde, ún dos equipo máis flouxos dos que durante a primeira volta pasaron polo Carballiño.

O Arenteiro gana en Maside un partido que dominou claramente e que se lle complicou ao final

Data: 
11/12/2011
Un momento do partido entre Maside e Arenteiro

Dous fallos defensivos do Arenteiro a punto estiveron de causar un grave disgusto aos carballiñeses nun partido que dominaron de principio a fin,  pero que o Maside  empataba no tramo final logrando a igualada a dous goles. Na úlltima xogada do partido Iglesias facía o terceiro e definitivo gol para os carballiñeses, que conseguían asi os 3 puntos

O Arenteiro toma aire a costa do vicecolista Vilariño, 3-0.

Data: 
4/12/2011

 O At. Vilariño chegaba a Espiñedo como vicecolista da categoria, e tras 90 minutos de partido demostrou o porqué ocupa esa posición na clasificación. Gañou o menos malo, o Arenteiro, que de esta maneira volve conseguir unha victoria despois de seis partidos sen logralo, xa que desde a xornada octava, tamén por 3-0, daquéla fronte ao Covadonga e tamèn en Espiñedo, non sabían os carballiñeses o que era gañar.

Distribuir contido