Avión

Nace na Comarca a "Plataforma Sanitaria Contra a Incineración de Resíduos"

Data: 
1/2/2012

A iniciativa xurde tomando como base un documento elaborado polos médicos Xosé Dobarro e José Antonio Calvo, que foi presentado en sesión clínica ao persoal sanitario da Comarca do Carballiño.

Baltar anuncia a súa retirada da vida política

Data: 
24/1/2012

Foi no transcurso dunha comparecencia ante os medios de comunicación onde José Luis Baltar anunciou a súa renuncia aos cargos institucionais que ocupa "é o momento de deixalo", manifestou quen durante os últimos 22 anos presidíu a Deputación de Ourense.

O desemprego ronda as 2.500 persoas na Comarca, delas 1.422 no Carballiño

Data: 
22/1/2012

As cifras do paro do pasado mes de decembro de 2011deixan un novo record histórico tanto no conxunto dos concellos da Comarca, como no municipio do Carballiño. Un total de 2.462 traballadores están inscritos como demandantes de emprego, o que siñifica o pior dato comarcal desde que se realiza esta estatística oficial.

A xustiza falla a favor do Concello de Avión no litixio dos lindes municipais con Carballeda de Avia

Data: 
17/1/2012

A Sala 2ª do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de dictar sentencia pola que da a razón ao Concello de Avión no recurso plantexado polo de Carballeda de Avia en relación aos lindes entre ambos municipios.

As Comarcas do Carballiño e O Ribeiro perderán na próxima década o 13,3% da súa poboación, según o IGE

Data: 
26/12/2011

As Comarcas do Carballiño e o O Ribeiro situaránse así entre as que máis poboación perderán nos próximos dez anos no conxunto galego, según revela un estudio feito público polo Instituto Galego de Estatística.

O EGM afianza o liderazgo radiofónico de COPE nas Comarcas do Carballiño - Ribeiro

Data: 
2/12/2011

O último Estudio General de Medios do ano 2011 dado a coñecer esta semana pon de manifesto que COPE O Carballiño ten cinco veces máis audiencia que a suma do resto das emisoras de radio das comarcas do Carballiño e o Ribeiro. Ademáis, en todo o ámbito da provincia de Ourense, a programación local de COPE O Carballiño, que se emite a diario entre as 12,30 ás 15 horas, consigue situarse na segunda posición do ranking provincial entre todas as emisoras que emiten programación xeneralista, incluidas as da capital da provincia.

O Carballiño súmase ao cámbeo do Partido Popular aportando 4.966 votos á victoria de Mariano Rajoy

Data: 
20/11/2011

O Partido Popular acadou nas eleccións xerais deste domingo o maior número de votos de toda a historia da democracia nunhos comicios no municipio do Carballiño, ao lograr 4.966 votos, o que representa o 60,72 % sobre o voto válido emitido polo electorado carballiñés. Mentres, os Socialistas quedanse nos 2.092 votos, cunha porcentaxe do 25,58% de voto válido.O Bloque Nacionalista Galego obtén 676 votos, o 8,27. Outras formacións políticas sumaron no municipio do Carballiño 311 sufraxios, en branco contabilizaronse 134 e finalmente, nulos foron declarados un total de 117 votos.

O Concello de Avión organiza cursos de informática abertos a toda a veciñanza

Data: 
21/10/2011

    El Ayuntamiento de Avión, en colaboración con la Fundación Avión, en su apuesta por el fomento y uso de las nuevas tecnologías entre toda su población, convoca nuevamente diversos cursos de informática.

Soutelo de Montes celebra a "Festa do Gaiteiro", que abre este venres un concerto de Xosé Manuel Budiño

Data: 
18/8/2011

A Vila de Soutelo de Montes, no veciño Concello de Forcarei, que mantén unha tradicional interrelación social coa comarca do Carballiño, acolle os dias 19 e 20 de agosto a XXXII edición da "Festa do Gaiteiro", ún dos acontecementos da música tradicional máis destacados de Galicia, que cada ano homenaxea a figura de Avelino Cachafeiro e os seus irmáns, os famosos "Gaiteiros de Soutelo", considerados como os pais da gaita galega. Na súa lembranza organizase cada ano esta festa que organiza o Concello de Forcarei. Cope O Carballiño emite este xoves dia 18 un programa especial dedicado a este evento.

Avión homenaxea aos seus emigrantes con motivo da Festa Mexicana

Data: 
28/7/2011
A festa concebiuse como "unha homenaxe anual a  todos os veciños emigrados, aínda que leve o nome de festa mexicana por ser ésta a nacionalidade na que residen a maioria dos emigrantes deste concello de Avión", asi o explicaba a organizadora deste evento festivo e gastronómico que na súa séptima edición ten lugar este venres 29 de xullo desde as 8 da tarde atá a unha da noite, na praza da Igrexa de Avión.
Distribuir contido