Leiro

Nace na Comarca a "Plataforma Sanitaria Contra a Incineración de Resíduos"

Data: 
1/2/2012

A iniciativa xurde tomando como base un documento elaborado polos médicos Xosé Dobarro e José Antonio Calvo, que foi presentado en sesión clínica ao persoal sanitario da Comarca do Carballiño.

Baltar anuncia a súa retirada da vida política

Data: 
24/1/2012

Foi no transcurso dunha comparecencia ante os medios de comunicación onde José Luis Baltar anunciou a súa renuncia aos cargos institucionais que ocupa "é o momento de deixalo", manifestou quen durante os últimos 22 anos presidíu a Deputación de Ourense.

O desemprego ronda as 2.500 persoas na Comarca, delas 1.422 no Carballiño

Data: 
22/1/2012

As cifras do paro do pasado mes de decembro de 2011deixan un novo record histórico tanto no conxunto dos concellos da Comarca, como no municipio do Carballiño. Un total de 2.462 traballadores están inscritos como demandantes de emprego, o que siñifica o pior dato comarcal desde que se realiza esta estatística oficial.

O PSOE de Leiro pide que a Corporación Municipal se pronuncie sobre a incineradora

Data: 
16/1/2012

 Os socialistas de Leiro presentaron unha moción pedindo a convocatoria dun pleno extraordinario para rexeitar a ubicación no concello do Irixo da planta incineradora de lixo.

Os Socialistas de Leiro urxen a reparación da rúa Prado, que presenta perigo de derrubamento

Data: 
27/12/2011

Os socialistas de Leiro alertan da necesaria reparación do pavimento da rúa Prado antes de que cause danos a peatóns ou mesmo provoque un accidente a algún vehículo.

As Comarcas do Carballiño e O Ribeiro perderán na próxima década o 13,3% da súa poboación, según o IGE

Data: 
26/12/2011

As Comarcas do Carballiño e o O Ribeiro situaránse así entre as que máis poboación perderán nos próximos dez anos no conxunto galego, según revela un estudio feito público polo Instituto Galego de Estatística.

Falece en accidente de tráfico un veciño de Leiro

Data: 
4/12/2011

O Accidente ocorreu ás 6,20 da mañá no km. 2,6 da OU-504 Ribadavia-Cea, na localidade de San Cristovo. O vehículo que conducía a víctima, de 23 anos de idade e con veciñanza na vila de Leiro foi chocar contra un automóbil estacionado e posteriormente colisonou frontolateralmente contra unha furgoneta que circulaba en sentido contrario.

O PSOE de Leiro afirma que as contas municipais non teñen superavit, como defende o Alcalde da localidade

Data: 
2/12/2011
 

Os socialistas de Leiro afirman que o alcalde minte cando declara aos medios de comunicación que as contas municipais teñen superávit. O portavoz, Manuel Rodríguez Vázquez, critica a xestión do PP neste Concello, que como o propio rexedor recoñeceu en pleno, debe como mínimo dous anos á comunidade de Samos polo usufruto das fincas dos arredores do mosteiro de San Clodio, cantidade que ascende a 12.000 euros, así como as facturas de xullo a novembro deste ano de Gas Natural, entre outras facturas atrasadas e pendentes de pago a diversos proveedores. O edil socialista considera que a actuación do alcalde popular “é unha farsa continua, pois aos medios de comunicación di unha cousa e nos plenos di outra”.

O EGM afianza o liderazgo radiofónico de COPE nas Comarcas do Carballiño - Ribeiro

Data: 
2/12/2011

O último Estudio General de Medios do ano 2011 dado a coñecer esta semana pon de manifesto que COPE O Carballiño ten cinco veces máis audiencia que a suma do resto das emisoras de radio das comarcas do Carballiño e o Ribeiro. Ademáis, en todo o ámbito da provincia de Ourense, a programación local de COPE O Carballiño, que se emite a diario entre as 12,30 ás 15 horas, consigue situarse na segunda posición do ranking provincial entre todas as emisoras que emiten programación xeneralista, incluidas as da capital da provincia.

O Carballiño súmase ao cámbeo do Partido Popular aportando 4.966 votos á victoria de Mariano Rajoy

Data: 
20/11/2011

O Partido Popular acadou nas eleccións xerais deste domingo o maior número de votos de toda a historia da democracia nunhos comicios no municipio do Carballiño, ao lograr 4.966 votos, o que representa o 60,72 % sobre o voto válido emitido polo electorado carballiñés. Mentres, os Socialistas quedanse nos 2.092 votos, cunha porcentaxe do 25,58% de voto válido.O Bloque Nacionalista Galego obtén 676 votos, o 8,27. Outras formacións políticas sumaron no municipio do Carballiño 311 sufraxios, en branco contabilizaronse 134 e finalmente, nulos foron declarados un total de 117 votos.

Distribuir contido