San amaro

Nace na Comarca a "Plataforma Sanitaria Contra a Incineración de Resíduos"

Data: 
1/2/2012

A iniciativa xurde tomando como base un documento elaborado polos médicos Xosé Dobarro e José Antonio Calvo, que foi presentado en sesión clínica ao persoal sanitario da Comarca do Carballiño.

Baltar anuncia a súa retirada da vida política

Data: 
24/1/2012

Foi no transcurso dunha comparecencia ante os medios de comunicación onde José Luis Baltar anunciou a súa renuncia aos cargos institucionais que ocupa "é o momento de deixalo", manifestou quen durante os últimos 22 anos presidíu a Deputación de Ourense.

O desemprego ronda as 2.500 persoas na Comarca, delas 1.422 no Carballiño

Data: 
22/1/2012

As cifras do paro do pasado mes de decembro de 2011deixan un novo record histórico tanto no conxunto dos concellos da Comarca, como no municipio do Carballiño. Un total de 2.462 traballadores están inscritos como demandantes de emprego, o que siñifica o pior dato comarcal desde que se realiza esta estatística oficial.

A Plataforma Incineradora Non organiza esta semana novos actos informativos

Data: 
16/1/2012

Dende que comezaran as xornadas na Casa da Cultura no pasado mes de decembro, son xa máis de 400 veciños do municipio de Carballiño os que participaron nas charlas impartidas tanto pola Sociedade Galega de Historia Natural coma polo biólogo Diego Reboredo.

As Comarcas do Carballiño e O Ribeiro perderán na próxima década o 13,3% da súa poboación, según o IGE

Data: 
26/12/2011

As Comarcas do Carballiño e o O Ribeiro situaránse así entre as que máis poboación perderán nos próximos dez anos no conxunto galego, según revela un estudio feito público polo Instituto Galego de Estatística.

O EGM afianza o liderazgo radiofónico de COPE nas Comarcas do Carballiño - Ribeiro

Data: 
2/12/2011

O último Estudio General de Medios do ano 2011 dado a coñecer esta semana pon de manifesto que COPE O Carballiño ten cinco veces máis audiencia que a suma do resto das emisoras de radio das comarcas do Carballiño e o Ribeiro. Ademáis, en todo o ámbito da provincia de Ourense, a programación local de COPE O Carballiño, que se emite a diario entre as 12,30 ás 15 horas, consigue situarse na segunda posición do ranking provincial entre todas as emisoras que emiten programación xeneralista, incluidas as da capital da provincia.

O Carballiño súmase ao cámbeo do Partido Popular aportando 4.966 votos á victoria de Mariano Rajoy

Data: 
20/11/2011

O Partido Popular acadou nas eleccións xerais deste domingo o maior número de votos de toda a historia da democracia nunhos comicios no municipio do Carballiño, ao lograr 4.966 votos, o que representa o 60,72 % sobre o voto válido emitido polo electorado carballiñés. Mentres, os Socialistas quedanse nos 2.092 votos, cunha porcentaxe do 25,58% de voto válido.O Bloque Nacionalista Galego obtén 676 votos, o 8,27. Outras formacións políticas sumaron no municipio do Carballiño 311 sufraxios, en branco contabilizaronse 134 e finalmente, nulos foron declarados un total de 117 votos.

O PSOE de San Amaro acusa ao Alcalde Ernesto Pérez "de regalarlle á Xunta o parque castrexo de San Cibrao de Lás"

Data: 
28/10/2011

A Corporación Municipal de San Amaro, cos votos do Partido Popular, ven de aprobar a cesión indefinida á xunta de Galicia dos terreos municipais nos que se construíu o "Centro de Interpretación da Cultura Castrexa", o Alcalde Ernesto Pérez explicou este acordo "como necesario e para completar a tramitación que esixían os servizos xurídicos da Xunta para proceder xa a rematar todos os pasos precisos para proceder a apertura das instalacións".

A Xunta amplía a oferta da TDT nos concellos de Leiro, O Carballiño e San Amaro

Data: 
18/10/2011

A entrada en funcionamento desde esta semana de novos múltiplex instalados no centro reemisor de Lebosende, no concello de Leiro, permitirá a mellora da oferta televisisa a centos de veciños de distintas parroquias dos concellos de Leiro, O Carballiño e San Amaro, e incluso de outros concellos limítrofes que reciben o sinal televisivo desde este centro reemisor.

San Amaro pon en marcha os trámites para a aprobación do PXOM

Data: 
15/7/2011
A sinatura dun convenio que o Alcalde de San Amaro Ernesto Pérez ven de asinar co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustin Hernández, permitirá ó Concello de San Amaro financiar as obras de construcción de beirarúas entre O Cruceiro e a antiga escola de As Neves de Grixoa, ademáis nesta mesma parroquia crearánse dúas zonas de lecer, unha infantil con diversos xogos e outra para os maiores, ésta última consistirá na instalación dun parque biosaudable.
Distribuir contido