Aúrea Francisco homenaxeou "cun acto de xustiza" ás mulleres de Arcos que defenderon o bañiño

15 Mar 2010
Na súa intervención ante o grupo de veciñas e veciñas que se deron cita neste acto, a Concelleira Carballiñesa
Aúrea Francisco, ó lado da placa
de Igualdade e Benestar dixo que éste era "un acto de xustiza sobre unha verdade que debemos ter sobre aqueles actos que estiveron silenciados ou acalados no Carballiño, un acto de rebeldia dun pobo e as súas mulleres, enfrontándose en tempos moi duros ás forzas do órden, a Garda Civil, loitando polo que era seu". Aúrea Francisco recordou como o Bañiño de Arcos era o balneario dos pobres, ó que acudian "aqueles augüistas con menos recursos económicos chegados desde toda Galiza", e repasou os feitos que provocou "unha familia poderososa que pretendia asoballar os dereitos dos máis humildes", en referencia ós propietarios do balneario do Carballiño, e neste contexto reflexionou como " coa loita e a dignidade pódese defender a xustiza e a verdade".  Desde hoxe, a carón do Bañiño atopámonos cunha placa que recorda a defensa que desta fonte fixeron as mulleres de Arcos, e tamén lembra á veciña que doou os terreos do entorno, unha placa na que pode lerse: "Este loureiro de esperanza, que afonda as súas raiceiras, na terra e na auga, que se ergue á luz e ó aire, en homenaxe a Dolores López Filgueira, e a todas as mullers de Arcos, enseña de loita, traballo e ben".

Comentarios

Esta moi ben eso de celebrar

Esta moi ben eso de celebrar o día da muller traballadora como o foron as nosas nais e aboas que nos criaron. E agora que esta tan de moda falar do maltrato feminino. ¿Non creen que xa vai sendo hora de acordarse dos homes que son maltratados por mulleres?. Non me refiro ó maltrato físico se non ó psicolóxico que padecen certos homes a mans de mulleres ruíns e desalamadas que lles fan mil e unha perrerías. Maltrato masculino revindicación xa

Está ben dar a coñecer

Está ben dar a coñecer istorias coma ésta das mulleres de Arcos, na defensa do patrimonio público, que a verdade eu descoñecía por completo, era unha nena pequena naquéla época e a verdade foi unha novidade cando a escoitei na radio. Parecueme unha boa inciativa a da concelleira. Eso sí, tamén é recoñecer a loita desta mulleres velar un chisco máis pola fonte, que non pase o do ano pasado que estivo máis de dous meses sen botar auga polo abandono de todos e a indiferencia do Concello ¿vale?

SEMPRE COA MESMA LETANIA,QUE

SEMPRE COA MESMA LETANIA,QUE SI AS MULERES QUE SI AS MULLERES XA ESTÁ BEN PORFAVOR,E ESTE HOMENAXE A QUE VEN,HAI XENTE NO CARBALLIÑO QUE MERECE MILES DE HOMENAXES E MÁIS PASA DESAPERCIBIDA,APROVEITA QUE CHE QUEDAN DOUS TELEDIARIOS QUE NAS PRÓXIMAS VOLVES PARA O TEU NEGOCIO.

Lolo Carril, te luciste

Lolo Carril, te luciste entrevistando a la señora DE ARCOS, acertaste de pleno, por algo a la señora le llaman "LA REGION"... saludos