A asamblea de socios ratifica a continuidade da directiva do C.D. Arenteiro

4 Jun 2010
As dúbidas quedaron finalmente disipadas e a asamblea de socios do club confirmou a continuidade da actúal Xunta Directiva que preside Antonio Valiñas, xa que por ampla maioria rexeitou a posibilidade promovida por un grupo de socios liderado pola Ex-Presidenta Katy Alvarez, que viñan demandando  nas últimas semanas a convocatoria de eleccións anticipadas, ó enteder que a xestión levada a cabo pola Directiva de Valiñas levou ó Club a un calexón de dificil saída. O Certo é que, tamén por ampla maioria, os socios aprobaron as contas da tempada 2009-2010, e desta maneira, implícitamente, tamén deron o seu parabén a xestión económica do actúal equipo directivo, que presentou un deficit acumulado de 22.942 euros. Tamén se aprobou a previsión orzamentaria para a vindeira tempada, que se fixou en 121.000 euros. Tal como se foron desenvolvendo as votacións no transcurso da asamblea xa se podía intuir que a intención do grupo opositor de forzar a saída da actúal directiva non tería éxito. E asi foi, chegado o punto de rogos e preguntas, Katy Alvarez entregou un escrito asinado por 33 socios, no que se pedia a convocatoria inmediata de eleccións á xunta directiva. Tras a discusión sobre algunhos aspéctos dos estatutos, finalmente a proposta someteuse á votación e a maioria dos socios presentes rexeitaron esa posibilidade. Valiñas e o seu equipo continuarán polo tanto á fronte do C.D.Arenteiro, xa que aínda lle quedan dous anos de mandato. Ademáis, tras a celebración desta asamblea a actuál directiva sae reforzada no seu apoio pola masa social do club, xa que a convocatoria tivo unha moi alta asistencia, arredor de 80 persoas, a maioria socios, e algunhos afecionados ós que se lle perimitíu a entrada. Xa no plano deportivo, confirmouse que Mindo será o adestrador ó que se confia o novo Arenteiro, do que se adiantou que "será un 75% carballiñés na composición do seu plantel" cara a vindeira tempada.

Comentarios

EO ESTA TEMPADA NON ME VOU

EO ESTA TEMPADA NON ME VOU FACER SOCIO NIN VOU IR OS PARTIDOS. A ESTA DIRETIVA NIN AUGA PORQUE ME PARECE VERGONZOSO O QUE PASOU NA ULTIMA ASAMBLEA, SI TAN SEGUROS ESTABAN DE SI MESMOS ¿PORQUE NON SE FIXERON AS COUSAS COMO E DEBIDO? QUE OS SOCIOS CO SEO CARNE VOTARAN NAS URNAS E NON A TRAPALLADA QUE FIXERON. ASI NOS VAI LUCIR O PELO E A PROXIMA TEMPADA FIXO QUE IMOS PARA ABAIXO.

Xa se sabe en que categoria

Xa se sabe en que categoria se compitira para a tempada proxima? .Iguual temos que facer un equipo para ascender de 1rexional en vez de un pa manterse en autonomica .

Porque dis iso??

Porque dis iso??

Pregunto iso por que creo que

Pregunto iso por que creo que o Arosa sigue reclamando os tres puntos do partido de "marras" non? ou xa e seguro que temos a razon? Si e asi xa non teño dudas.

Amplia mayoria , de què ?

Amplia mayoria , de què ? Fuè vergonzoso , Asamblea sucia , muy sucia pero acorde a estos 3 años de mandato. No dejaron votar a los socios que querian hacerlo en urna , asì votaron : no socios , algùn hijo de directivo , hermanos o hijos de socios e incluso juveniles " imagen penosa " todos a mano alzada y no se les pidiò carnet porque el "presidente " y coordinador no lo veian necesario .. Esto es la realidad de nuestro C.D. Arenteiro , una verguenza !

Eu con istes non volvo a

Eu con istes non volvo a coller o carnet de socio e penso que moitos dos socios van seguir o mesmo camiño. se lles quedara un pouco de "vergoña" (directiva)marcharían todos pra casa, pior non se pode facer.

isto é incríble. Non dou

isto é incríble. Non dou saido do meu asombro, que os socios do Arenteiro volvan a darlle a cofianza a esta XXXX significa que están dacordo en que o Club sexa unha comparsa por ises campos de Deus. Pro ano non gañamos partido.

Meu home sacáhesmesme as

Meu home sacáhesmesme as palabras da boca

Pois hala, suma e segue, dous

Pois hala, suma e segue, dous anos máis de propina indo costa abaixo directos ó fondo do abismo. Inconcebible.

aqui é moi fácil falar,pero

aqui é moi fácil falar,pero despois nadie se fai cargo do pastel..................

Ay logo a Katy non se quería

Ay logo a Katy non se quería facer cargo de novo da presidencia?

Non dou crédito o que estou

Non dou crédito o que estou lendo! Pero que Katy nin que rabo de gaitas. Katy! como o fixo tan ben! Si quería a presidencia o que tiña que aportar eran apoios, e según eu sei, poucos tivo. E si non vos gusta a directiva que hai, pareceme moi ben, pero o que tendes que facer e buscar unha nova, máis seria, e deixarse de tanto comentario que non vai a ningures. Todo o mundo critica, pero ninguén quere despois traballar. Menuda pandilla, ben acorde con este pobo.

mal empezamos xa se poñemos

mal empezamos xa se poñemos como primeira medida o 75 % xgadores do pobo , os xogadores que sexan donde queiran pero que rindan acorde o que cobran e punto.

Totalmente dacordo, supoño

Totalmente dacordo, supoño que o do 75% é unha arroutada desas que se dín, a non ser que se queira ir directamente á 1ª rexional, cousa que sería para consagrarse cun presuposto de 121.000 euros. O que sucede é que hai unha teima desde fai tempo confundindo o que debe ser un traballo de canteira coa "endogamia" que propoñen algúns.