Avión contará coa primeira piscina pública cuberta e climatizada das comarcas do Ribeiro e O Carballiño

18 May 2010
Antonio Montero
Un investimento de 230.000 euros financiados a través do Plan E fará posible o proxecto que convertirá a piscina municipal do Concello de Avión na primeira de titularidade pública que contará con instalacións cubertas e climatizadas, no ámbito das comarcas do Carballiño e O Ribeiro. O Concello de Avión ven de adxudicar a obra á empresa "Construcciones Benigno Alvarez", que as acometerá en dúas fases, unha primeira que se realizará de inmediato e unha segunda que se executará a partir de setembro, e deste xeito non ter que cerrar as instalacións durante os meses de verán. A actuación que se levará a cabo consistirá na cubrición exterior das instalacións, que contan xa cun sistema sustentable de climatización por medio de paneis solares. O Alcalde de Avión, Antonio Montero, salientou no programa "A mañá de Cope O Carballiño" que esta obra "permitirá que poidamos contar cunhas piscinas para disfrutar todo o ano, e non só para o ocio senón para finalidades terapéuticas, tal como nos viñan demandando moitos veciños".

Comentarios

Ou eu estou equivocado ou

Ou eu estou equivocado ou creo que nas subvencións que se destinan a facer proxectos como o das piscinas aparece especificado as características que deben ter, que pensades que cos cartillos que viñeron chegan pra cubrir todo tamen unha cuberta, que graciosos sodes e depaso tamen con esos cartos que fagan un clube deportivo dentro da piscina con spa, sauna, pistas de tenis, e a piscina cuberta por suposto, porque ourense o ten e nos non vamos a ser menos, que graciosos sodes, jejeje. Para o ano tedes que pedirlle o goberno de españa que aprobe presupostos para cubrir a piscina e facer o clube e depaso un aeroporto.

Parabens ós veciños de Avión

Parabens ós veciños de Avión agora xa poden presumir de ter piscina aberta todo o ano. A ver se os gobernantes do Carballiño toman nota desta iniciativa xa que ó meu ver parece mentira por non dicir incrible que un concello coma o Carballiño cabeceira comarcal e con máis habitantes que Avión teña que ir a remolque do que fan outros concellos máis pequenos. Ademais que eu lembre cando era alcalde do Carballiño o señor Pachi Vázquez xa se falara de comberter as piscinas municpais en piscinas cubertas pero como a meirande parte das promesas deste home son palabras estas as levou o vento e así andamos cunha man diante e outra detrás no tocante ás instalacións deportivas municipais deste concello o cal dito sexa de paso ten moi abandoado a praia fluvial que esta xunto ás piscinas municipais a cal coa herba alta, os bancos detriorados, as papeleiras estragadas, a fina area da praia desaparecida, o lixo tirado por alí e acolá e as árbores caídas no medio do río parece máis una zona desmilitarizada ou un vertedeiro que una praia fluvial.

Ou sexa, que os de Avión, cos

Ou sexa, que os de Avión, cos cartos que "gastaron" os lumbreras do Carballiño na piscina, facían catro é aínda cobertas e climatizadas. ¿Onde anda o fiscal anticorrupción?, ¿alguén sabe o que é malversar cartos públicos?,¿é culpa dos que fan ou dos que consenten?

Ole! Ole! y Ole! moi ben,

Ole! Ole! y Ole! moi ben, cartos ben investidos, algún posto máis de traballo e beneficio para moitos veciños! GOBERNANTES DO CARBALLIÑOOOOO, aprendede.

Que van aprender estos do

Que van aprender estos do Carballiño..."onde non hai non se pode pedir". O ano pasado malgastaron 850.000 euros na tal reforma que din que fixeron nas piscinas...e agora volven andar en obras para abrir este ano, xa que o ano pasado compre recordar que estiveron pechadas todo o verán. Estos lumbreras de Montes e Dacal e cía gastan cerca dun millón de euros e temos unhas piscinas que no mellor dos casos poden utilizarse dous meses no ano. Unhos fenómenos apoiados agora por estos outros do bloque, cando O Carballiño o que necesitaba un cámbeo de ciclo político resulta que lle damos aire, mal imos asi compañeiros...e senón o tempo.