A Confederación Hidrográfica abre expediente sancionador ó Concello de Leiro polas obras na praza Rei de Viana

29 Mar 2010
O Concello de Leiro deberá facer fronte a un expediente sancionador incoado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, pola obra de acondicionamento da praza Rei de Viana, na vila de Leiro, ó entender que a actuación que se levou acabo invade a zona de protección do regato O Foxón. Trátase da obra de contrucción dun centro social, que o Concello de Leiro financiou a través do Fondo Estatal de Investimento Local correspondente ó ano 2009, un proxecto no que se investiu preto de 200.000 euros. Na comunicación feita pola Confederación ó Concello de Leiro faise constar que a obra non contaba coa preceptiva autorización por parte do organismo estatal. A apertura deste expediente sancionador é consecuencia dunha denuncia presentada ánte a Confederación por parte dun veciño do propio Concello de Leiro.

Comentarios

Ista sanción deberia pagala o

Ista sanción deberia pagala o Alcaldiño de Leiro, pero do seu bolsillo, xa que o que non ai dereito que iste señor pida, autorizacións para facer calquer tipo de atuación ben a nivel obras ect.... e iste personaxe pase olimpicamente de todo, ai unha cousa clara debe marcharse para Cortegada, que e donde esta ben.

a quen queredes enganar foi o

a quen queredes enganar foi o salva patrias do Pablo, pero desconcertame, xa que raveando como ravea por ser famoso, e nembargantes non pondes o seu nome nas noticias, hhhhuummm P D ¿ Pablo cando vas retirar o furgo da cuneta, ou sege sen gasofa.?