A Consellería de Cultura licita a obra de conservación da Veracruz cun orzamento de 193.718 euros

27 May 2010
O Diario Oficial de Galicia publica no seu número de hoxe o anuncio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia no que se convoca a licitación do contrato da obra para a conservación e mantemento no Templo da Veracruz, unha actuación que se centrará fundamentalmente nos traballos de consolidación na torre da Igrexa, para correxir os problemas estructurais detectados nesta parte do momumento. A obra terá un orzamento base de licitación de 193.718 euros, incluído o ive, e será cofinaciada nun 70% con fondos Feder. A empresa que resulte adxudicataria terá un prazo máximo de 10 meses para rematar a obra. O Concelleiro de obras e urbanismo do Carballiño, Manuel Amil, máximo promotor desta obra, agradeceu a sensibilidade amosada polo Director Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia en relación a esta actuación e recordou que "trátase dunha obra que xa fora adxudicada polo anterior goberno bipartito, pero que quedara despois supendida porque a empresa concesionaria tivera problemas e quebrou". Tamén amosou a súa ledicia pola noticia o Párroco do Carballiño, Xosé Benito Sieiro, porque "esta é unha obra tan importante como necesaria, e ademáis dos traballos na torre vanse a acometer a reforma do presbiterio".

Comentarios

E de agradecer que coa que

E de agradecer que coa que esta caendo, desde a xunta tiveran a ben sacar a concurso esta obra que non se pudera comenzar co bipartito. Ao goberno actual da xunta eralle mais doado non volvela a sacar a concurso que sacala. Podese dicir o goberno de Feijoo estase a portar Carballiño. Non se paraliza nada, todo o contrario, apuranse prazos.

¿...E COMO NON paraliza,

¿...E COMO NON paraliza, CORRIXE A CONSELLERÍA DE CULTURA, O GOBERNO DA XUNTA DO PP, O ATENTADO QUE SE ESTA FACENDO NO CONTORNO DA VERACRUZ? :TODOS IGUAL.

Non mezcle un asunto co

Non mezcle un asunto co outro. E informese por favor informese. O único que pode legalmente paralizar a obra é o Concello do Carballiño, a ver si nos imos enterando que a estas alturas está todo xa moi explicado. Outra cousa é a corrección do proxecto, que ahí si que ten que intervir ademais do Concello, a Xunta e tamén Patrimonio.

Pois que interviñan ou a que

Pois que interviñan ou a que estan esperando

"LEA A LEI: SOBRE OS B.I.C

"LEA A LEI: SOBRE OS B.I.C (Ben de Interese Cultural de Galicia e de paso móstrella ós concelleiros) entre outras que amparan ós monumentos significativos di a Lei 8/ 1995, no artigo 2, sobre "competencias": "Correspondelle á Comunidade Autónoma a competencia exclusiva sobre o patrimonio cultural de interese de Galicia..."2- As distintas administración públicas colaborarán para que as competencias se exerzan". Estó é aprobou o proxecto do Concello a Xunta do bipartito... e a XUNTA ACTUAL, DO PP EXECUTA E CONSINTE A FALCATRUADA:¡Reclamen os do PP que se pronuncie o Director Xeral de Patrimonio sobre o muro no contorno do B.I.C e que non distraia coas obras de consolidadión da torre, aprobadas denantes polo bipartito, que saen agora a concurso, e pendentes de executar.

O PP xa SE manifestou os que

O PP xa SE manifestou os que non o fixeron foron o alcalde e seu grupiño e o Bng, agora teñen a opotunidade de facelo.