A Consellería elude pronunciarse sobre o muro da Veracruz, tras unha nova reunión na que se atenderon as peticións da parrroquia

10 May 2010
O Templo da Veracruz contará con dous accesos para vehículos fúnebres unha vez que se remate a urbanización da nova praza, ún deses accesos será desde o novo vial en construcción e o outro desde a rúa dos Canteiros. Desta maneira, quedaría suprimida a actúal rampa de acceso desde a rúa Evaristo Vaamonde. Foi éste ún dos acordos acadados na reúnión celebrada esta mañá en Santiago de Compostela, na sede da dirección Xeral de Urbanismo, e na que participaron o párroco Xosé Benito Sieiro, o responsable de patrimonio do Bispado, Miguel Angel González, xunto ós representantes do Concello do Carballiño. Os redactores do proxecto tamén se comprometeron a asumir outra das alegacións presentadas pola parroquia, a relativa a manter o acceso desde as inmediacións da rectoral á praza, na actualidade en forma de escalinata, que se vai manter aínda que se desplazará a súa ubicación achegandose máis á parte esquerda. Finalmente, os responsables da obra tomaron nota doutras peticións, en relación á canalización de augas e que se deixe cotemplada a conexión da rede de gas ó Templo. Nesta reunión non se abordou a polémica sobre a construcción do muro, e a posible reconsideración deste aspecto concreto do proxecto, tal como demanda unha ampla maioria da sociedade carballiñesa.

Comentarios

Realmente non se abordou o

Realmente non se abordou o tema do muro, ou é que o Sr. amil non quixo contarnos nada sobre o tema? E si non se abordou, porque non se abordou? porque o paso que avanza a obra, parece que logo logo estará rematado, entón, porque non aproveitou o Sr. Concelleiro de obras para sacar un poco de inxenio e abordar o tema para que estea resolto canto antes, porque ademais, según teño entendido, na reunión había unha representación da comisión de patrimonio. Esto cheira a chanchullo.

Era de esperar. ¿Que lle vai

Era de esperar. ¿Que lle vai preocupar a Feijóo e ao seu ineficaz grupo de goberno a ordenación do territorio? Coma en moitas outras cousas, a Xunta opta por non facer nada, xa coñecemos os cidadáns a forma de actuar desta Xunta irresponsable.

Non sei ata que punto chega a

Non sei ata que punto chega a responsabilidade da Xunta, o que si vexo e o pouco responsable que é o Goberno Municipal do Carballiño, que, tendo na mán a posibilidade de parar a obra neste punto e resolver a desfeita o mellor que se poida, fala de rendabilidade política e non fae absolutamente nada.E a responsabilidade dos veciños onde está? porque eu non os vexo manifestarse nin nada de nada. o caso é botarlle a culpa aos demais.

Os veciños o que tiñan que

Os veciños o que tiñan que facer era botarse o PP, porque leva toda a vida querendo paralizar a obra, haber se vos enterades que a maior aberración e a autovía que se pretendía facer, inda así lle chega ben onde ibamos con 16m. de anchura sólo se lles ocurre os lumbreras de sempre

Para de escribir bobadas e

Para de escribir bobadas e razoa. O muro é unha autentica vergonza ademais de restarlle protagonismo a igrexa da Veracruz. Que é iso de botarse o PP? e logo é o PP o que ten agora que paralizar a obra sen non quere que se consolide? Hai que pensalas un pouco máis e tamén aprender a escribir, cando vostede di : "haber se vos enterades" é : "A ver......etc". Enterese vostede.

Deixate de politiquerias

Deixate de politiquerias baratas e de mesturar allos con cebolas, o muro é unha aberración par a Veracruz e unha vergonza para o pobo do Carballiño, o demáis son ganas de despistar e enredar, que deso os politicos/as sabedes un chisco.