A Coordenadora Veciñal culpa ao Alcalde do Irixo da crispación social que vive o municipio

8, Febreiro 2012

Dous veciños da localidade de Marnotes encargaron a un abogado a redacción dunha denuncia pola aparición de excrementos nas súas vivendas, nas que persoas descoñecidas depositaron lixo e incluso restos fecais. Desde fai varias semanas O Irixo está cuberto de pintadas, algunhas con descalificacións para as persoas, o que da unha idea da tensión e a crispación social á que se chegou nas últimas semanas entre a veciñanza, con numerosos episodios entre os defensores e detractores da instalación da planta incineradora.

Desde a Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non non dubidan en culpar da situación aos responsables municipais. En declaracións a COPE O Carballiño, a vocal da Coordenadora Edita Payo recoñeceu que se estaba chegando a enfrontar  membros dunha mesma familia "eu mesma lle dixen  que non era postura dun Alcalde, eles están ahí porque a xente os votou, pero están ao servizo do pobo, e non o están cumplindo, non están respetando a xente do pobo, e todo esto está dando lugar a enfrontamentos entre veciños, enfrontamentos dentro das familias, porque aínda que poucos, hai algunhos que están a favor". A representante veciñal concluíu "a posición do Alcalde non é enfrontar á xente, senón traballar por ela, e neste caso está facendo ó revés, separándonos", en referencia ao Rexedor Municipal, Manuel Penedo.

Edita Payo fixo esta reflexión tras acudir novamente á casa do concello do Irixo en demanda de información sobre o proceso de instalación da incineradora, formando parte dun grupo de 25 veciños que interpelou ao Tenente Alcalde Manuel Cerdeira, que tamén é Presidente da Comunidade de Montes onde pretende instalarse a planta, sobre a situación legal da Xunta Rectora desta comunidade de montes, tras informacións periodísticas que apuntaban á súa situación administrativa irregular ante a Consellería do Medio Rural. Non obstante, Cerdeira desmentíu ante os veciños esa información, asegurandolles que a Xunta Rectora ten toda a documentación en regla.