A corporación carballiñesa aprobará este xoves a solicitude dun préstamo estatal por importe dun millón 158 mil euros, para pagar facturas pendientes ós proveedores do Concello

30 Jun 2009
A sesión da corporación municipal do Carballiño, a celebrarse este xoves dia 2 de xullo a partir da unha da tarde, terá un marcado carácter económico xa que se tratarán diversos puntos que teñen que ver coas contas e finanzas do concello carballiñes. Asi, someteráse á aprobación do pleno o recoñecemento extraxudicial de facturas ó amparo do real decreto de medidas extraordinarias e urxentes  para facilitar ás entidades locais o saneamento de débedas e o pago a empresas e autonómos, polo que se procederá ó recoñecento de facturas por importe dun millón 158 mil euros, que tén pendientes de pago o concello do Carballiño. En consecuencia, tamén deberá aprobarse un plan de saneamento  financieiro, ó amparo deste mesmo real decreto, no que se fixa a reducción de gastos en distintas partidas económicas, e recollese o compromiso de devolución do préstamo ó Estado, a razón dunha cuota de 18.900 eruos mensuais durante cinco anos e medio. Ademáis, nesta mesma sesión plenaria, tamén se debatirá outro punto máis que tén que ver coas contas muncipais, neste caso un expediente de tránsferencias de crédito entre partidas orzamentarias, e coa finalidade de pagar xuros ás entidades crediticias e cubrir as aportacións económicas que lle corresponden ó Concello na obra de constrrcción da nave de servizos da Uceira e a obra da Galescola. Para elo, deixaránse sen efecto as partidas orzamentarias que estaban destinadas ó consorcio do parque intercomarcal de bombeiros, por importe de 129 mil euros, e outras partidas de menor contía que estaban reservadas para actividades culturais.

Comentarios

Continúa a lista de débedas

Continúa a lista de débedas do concello do Carballiño. Grazas a super xestión socialista, escomenzada con Sr. Pachi e continuada polo títere Montes. Pero nada, eles dirán que é todo herdanza do PP, e tal... como sempre, e nos os veciños creendo en ideas platónicas de super balnearios de luxo, clube de atletismo en P. Cobertoira, concellos saudables, puntos limpos e un longo, pero que moi longo etcétera de mentiras, fume e máis enganos. Se queren pagar débedas, pois que alixeren o número de "empleadoenchufados" do Concello, e así ainda que seguro que non chega terían máis cartos para pagar os acreedores. Carballiño TES O QUE MERECES!. Amil, Bernardo, Aurea, etc, non vos metades no cortello con estes, que vos fan a mata tamén!!!

Xa se vé o que creen no

Xa se vé o que creen no parque de bombeiros, outra trola máis que nos veñen contando desde fai anos, e se retiran dos presupostos a asisgnación económica que debería facer o concello do Carballiño ¿con qué o van facer facer ? ou é que pretenden que llo paguen os demáis concellos como facía O Carballiño na Mancomunidade, da que se foi o señor Pachi debendo cen millóns de pesetas. E outra cousa ¿cómo é posoble que un concello como O carballiño acumule en poucos anos unha deuda millonaria? Se houbese xusticia terián que pagaor os responsables, se fose así, xa veriades vos como non se debía nin xiquera un céntimo.

e as que aparecerán... e que

e as que aparecerán... e que pasa co deste ano, non se vai pagar? haberá que volver a empeñarse o ano que ven para liquidar a débeda que quede pendente deste ano? quizais estén esperando a que o goberno central volva a sacar outra medida. que alguén mo esplique.

O pior non son os cartos que

O pior non son os cartos que se acumularon de débedas. O pior son as obras que se ían facer con eses cartos e que están sen rematar ou que costaron dez veces mais do que valen. Porque a verdade é que, tantos cartos como se deben, e o pouco que lucen na Vila. Outra cousa serán os beneficios que tiveron alguns.

Es muy fácil de explicar, son

Es muy fácil de explicar, son las consecuencias de 14 años de pachismo, el ayuntameinto convertido en una agencia de empleo temporal, una red clientelar y electoral sin parangón y pufos por todas partes. No hay más.