Demandan "rigor" na contratación laboral no concello

9, Outubro 2013

O Grupo Municipal Socialista denuncia a falta de rigor na contratación do persoal para  o concello de Leiro .

O Portavoz, Manuel Rodríguez  "ten constancia de dende o pasado luns nas brigadas de Cooperación hai un traballador que se censou fai dous meses no concello de Leiro,  e que ante a petición de explicacións do grupo municipal o alcalde escudouse en que o servizo Galego de Colocación foi quen lle enviou os candidatos pero quen fai a selección e o  propio concello", dixo.

Dende o Grupo Municipal Socialista esixínlle ao alcalde "que faga unhas bases de contratación que garanticen os principios de igualdade mérito e capacidade e que non quede en entredito que no concello de Leiro se contrata sin máis criterio que o de a amizade, e favores...cando  moitos veciños están en situación de desemprego e non se lles da ningunha opción para traballar no mesmo", manifesta Rodríguez.