"Do éxito desta manifestación depende o futuro do Carballiño", recalcan desde a Plataforma Incineradora Non

25 Jan 2012

Representantes das asociacións integradas na Plataforma Incineradora Non fixeron un chamamento á poboación para que apoie masivamente a manifestación convocada para o vindeiro domingo no Carballiño contra a instalación da incineradora de lixo no Irixo. Será o vindeiro 29 de xaneiro ás 12.30 horas na Praza Maior.

Consideran que “do éxito desta manifestación depende do futuro do Carballiño, en perigo pola incineradora anunciada para o Irixo”, polo que na rolda de prensa participaron representantes de máis de vinte colectivos  de toda índole da comarca; asociación xuvenís, culturais, veciñais, ecoloxistas, deportivas, empresariais, e incluso doutras zonas como o Deza e o propio Irixo.

Os encargados de pedir aos cidadáns que o vindeiro domingo acudan a esta manifestación foron Miguel Ángel García, do Centro de Estudos Chamoso Lamas, Miguel Ángel Rodríguez, da asociación cultural “8 notas”, José Manuel Míguez, da asociación ecoloxista Outeiro, e Eulogio Alonso, portavoz da Federación de Asociacións de Veciños.


Comentarios

Argimiro moviliza a todo el

Argimiro moviliza a todo el mundo, tu estás con nosotros y nosotros contigo. Muchisimas gracias. El Domingo 29 a las 12 todos dando caña en Carballino.

¿PERO QUEN MANDA, A GOLPE DE

¿PERO QUEN MANDA, A GOLPE DE TACÓN, A INCINERADO DA MERDA PRO IRIXO...?¿DEUS?...POIS DEIXEMONOS DE FACER TEATRO E OS DO PP QUE TEÑEN, MADRID, SANTIAGO, O IRIXO E O CARBALLIÑO QUE DEIXEN DE DISFRAZARSE, E OS DO PSOE A MESMA COUSA....!!!!!!LIXO NO IRIXO NUNCA!!!!!!!!

"La causa de todas las cosas

"La causa de todas las cosas es un torrente: se lo lleva todo. Qué banales estos hombrecillos de la política, que, según ellos creen, actúan como filósofos! Llenos de mocos. ¿Entonces qué, hombre? Haz lo que ahora exige la naturaleza. Muévete, si se te ofrece, y no mires a tu alrededor a ver si alguien lo sabe. No esperes la república de Platón, sino bástete con que progreses por poco que sea, y considera que incluso el resultado de esto no es chica cosa. Pues sus principios ¿quién los va a cambiar? Y fuera del cambio de los principios, ¿qué otra cosa hay sino la esclavitud de quienes se lamentan y hacen creer que obedecen?" Meditaciones. Marco Aurelio.

hai vexo a dous concelleiros

hai vexo a dous concelleiros do PSOE, non decian que non ivan a politizalo?

hai vexo....,Con

hai vexo....,Con respeto,fagase revisar por un oculista,por que "ahi" non hay concelleiros.

Supoño que o feito de

Supoño que o feito de escribises hai en vez de ahí ten que ver co teu problema da vista. ¿onde hai dous concelleiro de ningún partido alma candida? Vai ao oculista, se non é eso eres un mentirán de primeira

alguén podería escribir aí en

alguén podería escribir aí en vez de ahí?. grazas

Sinceramente alégrome moito

Sinceramente alégrome moito da existencia desta plataforma, pero onde estaban cando cumprían para outros asuntos relevantes do Carballiño ou da comarca?

Sinceramente tamén: Ou andas

Sinceramente tamén: Ou andas perdido no tema ou algo pasa que che está mancando no teu ego. Non quero xogar as adiviñanzas pero moito me parece que estas doido porque desta non contaron contigo.

jajajajajaja sigue

jajajajajaja sigue elucubrando, eu non son nadie para que conten conmigo pero descoida que xa me uno eu ao que faga falta, inda que sempre lexos de xente como tí

Ti unete al jajajajaja que e

Ti unete al jajajajaja que e o teu e deixa o resto pois demais.

¿ E cando ides convocar unha

¿ E cando ides convocar unha manifestación contra o paro ? ¿ou non sabedes que nesta comarca somos 2500 os que estamos sen traballo ? ¿esto non vos molesta ? gracias pola vosa solidaridade.

A famosa plataforma tiña que

A famosa plataforma tiña que convocarse hai uns 3 anos , cando a xente empezamos a perder o traballo , o paro , é non hai onde traballar. ¿que facia a plataforma , miraba para outro lado ? eu eston no paro sin cobrar e non penso ir a ningunha manifestacion, ahí deben ir os que teñen bos postos de traballo.

Aqui temos un aspirante a

Aqui temos un aspirante a operario "remexemerdas". Vai correndo pra o concello do Irixo que seica xa teñen 400 curriculums.

Olle, para solidarios NOS,

Olle, para solidarios NOS, por que?

pois por que moitos dos que hoxe están no paro, algún dia estuveron na construcción en Fuerteventura por poñer un exemplo, e alí gañaban de 3.000 a 4.000 euros ao mes, (e non minto) declaraban menos da metade e agora quitannos aos que declaramos o total da nómina, mais de cen euros ao mes para pagarche unha axuda familiar de 400 €,

SOLIDARIEDADE A TUA VIVIDOR

Eche ben certo que opinar é

Eche ben certo que opinar é de balde... e por trás de tantas parrafadas nos medios de comunicación hai un interese "político" para enfrontar á xente con algo que non ten volta de folla. A maldita "Incineradora" é necesaria, hai que facela e vaise facer. Xa falando do paro... non parece ético nin moral, coa que estamos pasando moitos, empregar a demagoxia, porque postos a remexer no lixo... ¿é xusto o sistema? ¿non somos todos iguais? ¿pódese saber cál é diferencia entre empleado e funcionario? e logo ¿por qué non podiamos ser todos funcionarios...? Houbo, tempo atrás, propostas "sociais e solidarias" de reducir a xornada laboral, poñamos por caso, os que teñen traballo, pasan de 40 horas semanais a 20 horas... ¿estamos de acordo? e acabamos co "status quo" da Administración, os funcionarios a partir de agora pasan ó réxime xeral, despidos e o resto coma todos... era boa! Aquí mentres non nos tocan nos nosos "dereitos" non facemos plataformas... é ese noso carácter latino!

Tampronto haxa unha

Tampronto haxa unha manifestación contra o paro no Carballiño, eu tamén vos estarei apoiando con todas as miñas forzas, teño mi claro

Eu tamen estarei nese

Eu tamen estarei nese manifestacion,e aclaro que con esta loita tamen estamos en contra do paro,a sabendas de que alguns non o crean,con outros sistemas de eliminacion de lixo crease mais empleo,a incineracion reduce o empleo no tratamento do lixo , na porcentaxe que pretenden queimar aqui,so lle da beneficios a catro privelegiados,que chupan das subvencions incineradora NON,Traballo SI. Unha aclaracion,o de "Valorizacion enerxetica " e unha falacia,pa por na rede 1 Kwh hay que consumir (polo menos) 1,4 Kwh.,que pasa o Kw que se CONSUME comprase a un precio moi inferior do que se vende o que se produce,SI,e asi,pero claro ese Kw, "de cogeneradoras" posta na red esta subvencionado ata un sesenta % a conta dos nosos impostos. Fai un mes aprox. a Xunta aprobo un credito para Sogama de vinte e tantos millons de € para comprar enerxia para consumo, e vender a que produce, Tamen Gas Natural Fenosa aportou a parteq lle correspondia?Bueno, xa me salin do tema principal,Incineradora NON traballo SI.

E que non sabes que ninguén

E que non sabes que ninguén regala nada..¡¡¡¡¡¡¡¡¡

e que non sabes que quen debe empezar a pedir eo que mais necesita..¡¡¡¡

e que non sabes que a casa ninguén che leva nada a casa..¡¡¡

e que non sabes que falta a primeira vez que te vexa pedindo un traballo digno na praza do Carballiño...¡¡¡

e que non sabes que os políticos só aprenden a escoitar cando alguén os molesta en público..¡¡¡¡

Nunca vin un só parado, ou en colectivo pedindo traballo mediante unha manifestación....

é que pensas que che van dar todo feito?....

non me toques os miolos que os tempos non están para enganar.... se non hai manifestacións polo traballo, será por que non hai moitas ganas de pedilo.... que viven ben ou que se conforman con non traballar...¡¡¡

MOI BEN DEBE VIVRSE NO CARBALLIÑO, POIS CANDO ESTIVEN EN FERROL OU EN VIGO... AHÍ SI QUE PEDÍAN TRABALLO..¡¡¡

Gustaríame que os meus amigos

Gustaríame que os meus amigos e conocidos que están no paro topasen un traballo, houbese axudas para os autónomos e que ninguen tivese que pasar o que pasei eu cando tiven que buscarme a vida polo mundo se non quería andar detrás das vacas como fixeron meus pais e meus abuelos.... pero o que me molesta é que se pretenda que aquí veñan as basuras das grandes cidades as que seguramente teran que ir buscar traballo, porque a incineradora non da pa todos e escaralla moito máis do que arregla. Se os meus fillos non poden traballar no Carballiño e teñen que ir a Vigo prefiroo a que se dediquen a separar basura, polo menos cando veñan verme poderan comer tranquilos as patacas e as fabas do meu cocido, levarán auga da fonte do pueblo e eu estarei tranquila porque igual teñen un traballo de merda, pero non traballarán separando merda dos outros con peligro a picarse con algunha agulla ou enfermar por culpa do traballo.

Tes toda a razón, eu penso o

Tes toda a razón, eu penso o mesmo.

Estou totalmente dacordo co

Estou totalmente dacordo co que dis. unha aperta...........

Para mostra de solidaridade a

Para mostra de solidaridade a túa, que non che importa envenenar e deixar sen emprego a medio ribeiro e media comarca do Deza con tal de comer ti as fabas, eso si que é solidaridade, si señor. Que Deus cha garde moitos anos.

Creo que non liches ben o

Creo que non liches ben o comentario, eu entendo xusto o reves.

Si, si o futuro do paro no

Si, si o futuro do paro no Carballiño é a incineradora. Sodes uns egoistas, eu por traballar non hipoteco o futuro e a saúde de toda unha comarca, ¿porqué non probas a emplearte na fábrica de coches eléctricos de Melón ou no circuito de fórmula 1 que ía facer Baltar? Non vos queredes dar conta que levan trinta anos tomándovos o pelo, e esta vez tamén. Hai xente que a única aspiración que ten na vida é ser enchufada, e non o digo por ti, que non te coñezo, que conste. Se o traballo non ataca hai que intentar atacalo nós, se esperamos que nolo traian os políticos ó sofá da sala imos aviados.