Dúas novas para o C.D Arenteiro

9, Xullo 2010

(Redacción. Lolo Carril) Primeiro o Comité de Competición, logo Apelación e agora o Comité Galego de Xustiza Deportiva da propia Xunta de Galicia veñen de darlle a razón ó C.D Arenteiro e a súa vez quitarlla ó Arousa ante as sucesivas reclamacións destes por suposta alineación indebida no partido xogado e gañado 3-2 polos carballiñeses o día 7 de abril. Na última notificación remitida ó Arenteiro, o Comité Galego ven de rexeitar unha nova proba documental presentada polo Arousa ó entender que non procedía á referida proba, xa que a mesma se dirixiría a constatar uns feitos que non foron denunciados no seu día ante o Comité de Apelación e por ese mesmo motivo, non poden valorarse neste procedemento ante Xustiza Deportiva.

Asemade tamén, o propio Comité de Xustiza Deportiva ven de denegarlle a suspensión cautelar que pretendía influir na clasificación final da categoría de Preferente Autonómica-Grupo Sur, en concreto afectaría ó posible réxime de ascensos e descensos, habida conta de que a concesión da medida solicitada podería causar prexuízos ao resto de clubs e de que a non concesión da mesma non conleva prexuízos de imposible ou difícil reparación para o clube recurrente o Comité acorda non conceder a suspensión cautelar solicitada.

Son estas dúas novas excelentes que xa nos permiten adiviñar os términos da resolución final que se dictará nun prazo de apenas dez días e que oxalá sexa a definitiva para deixar as cousas e a cada quen no seu lugar.