Espiñedo despide unha convulsa tempada con outra derrota (0-4) ante o Marín

23 May 2010
O mellor que podía suceder, que rematase a liga, ésta é a mellor noticia para o Arenteiro. Unha tempada que volveu estar marcada polos acontecementos extra-deportivos, tralo enfrontamento que mantiveron a plantilla do  primerio equipo e a Xunta Directiva, e que tiña o seu desenlace có despido masivo da totalidade dos xogadores. Tan só Marcos Castro continuou defendendo a camiseta do Arenteiro. Unha insólita situación que levou ó equipo filial a xogar o resto da liga en preferente. Os inicios foron certamente prometedores, unha derrota pola mínima en Caselas e a sorprendente victoria ante o Arousa, pero logo se víu que aquelo era un espellismo, e a partir de entón este equipo foi de derrota en derrota, atá esta derrradeira ante o Marín, que chegaba a Espiñedo coa obrigación de gañar para manter a categoria. E foille moi fácil, practicamente sen oposición logrou o obxetivo, xa ós 19 minutos gañaba 0-2, e antes do descanso xa acadaba o resultado que sería definitivo, con outros dous goles. Partido sen historia dada a enorme diferencia entre os dous equipos. Agora, agardar que o ano que ven o Arenteiro poida presentar un equipo competitivo, nunha liga na que xa non estarán os ascendidos Portonovo e Estradense, e tampouco os descendidos Celanova, Caselas, Tomiño, Nogueira e Covadonga.

Comentarios

DESCULPAS O ENLACE SOBRE O

DESCULPAS O ENLACE SOBRE O FUTURO DO ARENTEIRO ESCOMEZA AQUI: http://emf-arenteiro.blogspot.com/

ACHÉGOVOS A TODOS UN ENLACE

ACHÉGOVOS A TODOS UN ENLACE DA PÁXINA WEB DA ESCOLA DE FÚTBOL; ESCOLA ONDE ESTÁN A FACER AS COUSAS BEN TANTO DENTRO COMO FORA DO CAMPO. BOTÁDELLE UNHA OLLADA O QUE DEBERÍA SER O FUTURO DO ARENTEIRO. http://emf-arenteiro.blogspot.com/2010/05/pasado-presente-y-futuro-del-a...

Que vergonza de equipo e

Que vergonza de equipo e directiva que segue apostando polos "babys" para a vindeira temporada na cal e a vista do acontecido o Arenteiro seguirá colleitando novas e abultadas derrotas. Por enésima vez: ¡¡¡DIRECTIVA tede un mínimo de vergonza e presentade a vosa DIMISIÓN dunha vez!!!.

Lolo o celanova ainda non

Lolo o celanova ainda non descendeu ... se ascende o coruxo e o cerdeda salvase o celanova asi que toca esperar. saudos

Salvariase se ascende Coruxo

Salvariase se ascende Coruxo e Cerceda e o Choco gaña a eliminatoria dos terceiros clasificados da prefente, porque o Lalin nunca se salvaria , senon que ascenderia o mellor terceiro da preferente.

Agora mesmo o Celanova está

Agora mesmo o Celanova está descendido, salvaríase se ascenden o Coruxo e o Cerceda, pero agora mesmo está descendido.