A Garda Civil interven 1.387 Kg. de Marihuana en localidades de Piñor e Vilamarín

31, Agosto 2012

Forzas da Comandancia da Garda Civil procederon a desenvolver entre os día 29 e 30 de agosto un operativo contra o tráfico de estupefacientes nas localidades de Vilariño, no municipio de Piñor, e Malladoiro, en Vilamarin.

No operativo levouse a cabo a detención de tres persoas, como supostos autores dun delito contra a saúde pública, unha de nacionalidade estadounidense, outro de nacionalidade armenia e unha terceira persoa de nacionalidade española.

Efectuados rexistros, nun invernadoiro de Malladoiro interviñéronse 308 quilogramos de rama e folla de marihuana e nun domicilio de Vilariño (Piñor) 1079,6 quilogramos de folla, rama e gromo de marihuana, resultando un total de 1.387,6 quilogramos. Calculase que o seu valor no mercado podería acadar 1,5 millóns de euros. Ademais interveuse documentación, 7 terminais móbiles e 1.670 €. en efectivo.