Grazas !! COPE O Carballiño, a terceira con máis audiencia en programación local de mediodia, entre as 77 emisoras de Galicia que audita o Estudo Xeral de Medios

7, Xullo 2021

A segunda onda do Estudio Xeral de Medios deste ano 2021 que ven de coñecerse este pasado dia 6 de Xullo, sitúa á programación local de mediodia de COPE O Carballiño -de 12:30 a 14:30 horas- entre as que máis audiencia rexistran nesta franxa horaria entre o total de 77 emisoras de radio en Galicia, incluidas as que emiten dende as grandes cidades e as súas áreas metropolitanas.

Coincidindo con este horario de mediodia, no que as emisoras de radio ofrecen a súa programación local, COPE O Carballiño figura no terceiro posto neste ranking galego de audiencias. A diario, de lúns a venres, 10.000 ointes infórmanse do que aconcente no noso ámbito local e comarcal no 91.9 da FM.

Na provincia de Ourense, COPE O Carballiño é líder en audiencia en varias franxas horarias da mañá e mediodia, según este último Estudio Xeral de Medios.