Máis de 5.000 persoas pasaron nas últimas 6 semanas polo Novocine de Leiro.

3 Mar 2010
As colas foron continuas durante dias
Non son cálculos de aproximación, senón entradas vendidas en taquilla, máis de cinco mil espectadores viron "Avatar" en 3D no Novocine de Leiro, no transcurso das últimas seis semanas, desde mediados do mes de xaneiro, coincidindo coa inauguración do novo sistema de proxección dixital en 3D, a única sala da provincia en contar con este sitema de exhibición cinemotográfica e ún dos pioneiros en Galicia. A gran repercusión mediática que acadou esta aventura empresarial de Ernesto Romero, que volveu hipotecar a súa casa en Leiro, para financiar o proxecto, despertou unha gran simpatía popular e converteu o Novocine de Leiro nun auténtico fenómeno social sen precendentes no noso país. En seis semanas, pasaron polo Novocine máis do doble de persoas que veciños tén a localidade de Leiro, "algo que non podía imaxinar nin nos meus soños máis optimístas, nunca me puden imaxinar que viñese tanta xente ó cine a Leiro" recoñeceu Ernesto Romero. O propietario agradeceu o apoio recibido polo público no programa de Xan Pinal e confesou que "nas últimas semanas vivíu momentos de moita emoción", e tivo palabras de agradecemento moi especiais para "os rapaces de Leiro, que tamén axudaron a este éxito creando grupos de apoio en internet, e por suposto a tanta xente me achegou a súa simpatía". A derradeira proxección de "Avatar" en 3D será este xoves dia 4 de marzo ás 8 da tarde. A partir do venres toma o relevo "Up In The Air", en sesións de tarde e noite.

Comentarios

O Alcalde de Leiro deberialle

O Alcalde de Leiro deberialle caer a cara de vergoña, pero iste señor de vergoña nada de nada todo o contrario ten máis cara que espalda, asi ten a Leiro de capa caída, a xente vaise do pobo pola inaptitude e prepotencia diste Alcalde, animo Ernesto eres o mellor, pero como dicen todo o bo se acaba, por iso animo.

............agora vai ter

............agora vai ter unha dura competencia..........cine PRESUNCION....no Carballiño.

non home non! Seica está

non home non! Seica está "indisposto" o acomodador...

Os meus parabéns a Ernesto.

Os meus parabéns a Ernesto. Como sempre a iniciativa privada consegue o que non consegue a pública a pesar de dispor e gastar miles e miles de euros. O alcalde de Leiro debería fixarse no bo facer desta persoa, que cunha inversión importante pero irrisoria comparada coa que manexa o Concello, consegue volver a situar Leiro no mapa, como hai anos o facía o camping. Creo que este éxito tamén ten moito que ber coa actitude dos concelleiros e alcalde, Ernesto non trata a enemigos políticos, votantes da oposición ou rivales persoaís. Trata a persoas, como clientes e a cada un da mellor forma que pode. Cousa que non ocorre na casa consistorial, que paradoxicamente debería ser a de todos. Os que gobernan deberían de reflexionar sobre que fan tan mal para que o pobo non despegue. E como unha soa persoa con capital moi limitado e asumindo un riesgo tremendo consegue o que os que gobernan non conseguen, poñer Leiro no mapa e xerar riqueza, por que estou seguro que os bares notaron este ir e vir de persoas.

Bravo Ernesto pola túa

Bravo Ernesto pola túa iniciativa. Sigue que nos encanta poder ir ver Cine a Leiro. Gracias por dar continuidade ao teu soño a pesar das dificultades.