Maside espera un novo record de participación na "Festa do Cabalo"

19, Agosto 2011

Arredor dos 800 cabalos, esas son as previsións que manexa a organización, son os que se esperan este domingo 21 de agosto na paraxe natural do Puzo do Lago, o que siñificaría un novo record de participación na "Festa do Cabalo de Maside", que acada este ano a súa XXIV edición. Unha festa xa moi consolidada, como comentaba en "Asi son as mañás de Cope" o Concelleiro de Maside e ún dos fundadores da festa, Wenceslao Botana "é xa unha tradición, témola fixada no tempo e no espazo, a xente xa sabe que despois da festa do pulpo e antes do San Vitorio, é a festa do Cabalo". Botana recorda como naceu esta celebración "que é hoxe a festa do cabalo seguramente máis antiga de Galicia, fumos un grupo de amigos que en 1988 decidimos recuperar a tradición cabalar deste concello, e que mellor logo que facer unha festa".

Organizada pola "Asociación do Cabalo Puzo do Lago", coa colaboración do Concello de Maside, a festa repartirá este ano 7.000 euros en premios, que recibirán os primeiros clasificados nos distintos concursos e carreiras que se celebrarán durante a xornada. Unha das novidades que desde a organización se anuncian por medio da Secretaria, Marta Pérez, será "a presenza por vez primeira de Gardas Civís a cabalo, levabamos varios anos intentando e penso que por fin iste ano ímolo conseguir".

A Programación de actividades é a seguinte:

- 9,30 H : Recepción de animais e apertura de inscripcións para as diferentes probas.

-10,20 H: Cabalos do Pais                                           13,20 H: Andadura de Cabalos Trotóns.

-10,40 H: Cabalos Cruzados.                                       14,00 H: Xantar Popular : Polbo, Chrurrasco e Carne.

-11,00 H: Eguas Cruzadas.                                          16,00 H: Carrreira de Cabalos Trotóns.

-11,20 H: Cabalos Pura Raza Española                        16,30 H: Carreira de Cabalos Trotóns con carro.

-11,40 H: Eguas Pura Raza Española.                         17,00  H: Carreira de Burros.

-12,00 H: Cabalos Pura Raza Árabe                             17,30 H:  Carreira de Cabalos do país.              

-12,20 H: Eguas Pura Raza Árabe.                              18:00  H: Carreira de Cabalos cruzados.

-12,40 H: Andadura a dous tempos                              19,30 H: Carreira de Cabalos de puro sangue inglés.

-13.00 H: Andadura a catro tempos                              20,00 H: Sorteo dun poldro e entrega de premios