Miles de persoas abarrotan O Carballiño e rinden culto ó pulpo á feira

8 Aug 2010
O Abade de Oseira e a representación Alemana

O abade de Oseira, O Cónsul español en Dusseldorf e o Concelleiro de cultura de Oberhausem, foron os protagonistas do acto institucional que acollía a casa do concello do Carballiño, con motivo da celebración da XLVIII Festa do pulpo, e que trouxo atá O Carballiño a otros persoeiros da vida social e política, entre eles ó Ministro de Fomento José Blanco, todos eles asinaron no libro de honra do concello carballiñés. Deulles a benvida o Alcalde do Carballiño, Carlos Montes, e logo tomou a palabra o Abade de Oseira, Juan Javier Martín, que agradeceu a dedicatoria da festa ó Mosteiro de Oseira e manifestou sentirse emocionado nun acto no que "siento en estos momentos que no solo represento a la Oseira de 2010, sino a tantas y tantas y tantas generaciones que durante 8 siglos poblaron Oseira". Manuel Viturro, o Cónsul Español en Dusseldorf, destacou a gran repercusión mediática que despertou o pulpo Paul e o acordo do Concello do Carballiño de nomealo "Amigo Predilécto", e amosouse sorprendido ante "el ambiente festivo que me he encontrado en O Carballiño, la alegria y la implicación de la población, se nota la importancia que tiene esta fiesta". Desde as once da mañá en adiante as caravanas de vehículos convertironse na estampa que podia verse en todas as entradas á vila, aínda que non houbo que rexistrar retenciones no tráfico. A Afluencia de público O Carballiño durante esta xornada festiva volveu a ser importante, acaso non na medida que apuntaban algunhas previsións feitas nos últimos dias debido "o efecto Paul", asi e todo desde a propia organización cifrouse a asistencia arredor das 90.000 persoas, o que constituiría un record na historia da convocatoria festiva.

Comentarios

Quen é o das camisetas e o

Quen é o das camisetas e o viturro, ou son o mesmo personaxe?

pachi volta por favor fuches

pachi volta por favor fuches o mellor alcalde da historia

Jajajajajaja, admiro o teu

Jajajajajaja, admiro o teu sentido do humor....jejejejejeje, aínda que neste caso sexa humor negro... jajajaja

viturro alcalde

viturro alcalde

sr. montes, vostede non o

sr. montes, vostede non o fixo mal, o problema é que non soubo impoñerse a esa panda de cuciñeiros que lle impuxeron e o director da orquesta vai cambiar de muñeco pero seguro que como non fará limpeza a fondo, seguirá cheirando. Moita sorte sr. Montes e ainda que coa tontería de Paul, vostede fixo máis publicidade do Carballiño en todo o mundo que ninguén.

Pensei que nesta Vila non

Pensei que nesta Vila non facia falta explicar estas cousas. Vexo que non é así. Aquí non se vai ninguén, mandan os de sempre e este desde logo non manda nada. Agora para nos enganar, como fan sempre, quitan a un "pasante" e colocan a outro para ver si "tragamos" e seguir mandando eles. Fano así no Carballiño, e en Madrid, quitan Felipe, poñen Aznar, quitan PP poñen PSOE ou BNG, pero mandar, o que é mandar de verdade, seguen mandando os de sempre. Parece mentira que ainda non teñamos aprendido despois de levar na cabeza con todos eles.

O mellor do día de onte é que

O mellor do día de onte é que o Alcaide ( non me equivoquei ) confirmou que se marcha. Viva o Pulpo!!!!!!! O malo é que leva indose mais de 2 anos e asi está o pobo.

Non me extraña que se vaia.

Non me extraña que se vaia. Total para o que fixo...escribir un libro sobre as orixes do Carballiño que non hai por onde collelo e estar de obxeto decorativo na alcaldía...eu dende logo non o vou botar de menos. Por min xa se pudo quedar en Alemania na peceira onde esta o pulpo Paul.

E se este non vai quen agora,

E se este non vai quen agora, o que vende as camisetas?

acabou a paul party???? e

acabou a paul party???? e agora qué?? O CONCELLO DÁ PENA

¿e o efecto Paul onde éstá? a

¿e o efecto Paul onde éstá? a mesma xente de todos os anos, e se me apuras, incluso menos....

deberias aproveitar xa que

deberias aproveitar xa que temos no pobo a alain aflelou pra que che revisen a vista.

estou dacordo penso que habia

estou dacordo penso que habia menos xente ca outros anos....

Pois pareceme que vostede non

Pois pareceme que vostede non estaba no mesmo parque municipal no que estiven eu