As mulleres de Arcos, que fai 40 anos defenderon o uso público do Bañiño, serán homenaxeadas polo Concello do Carballiño

8 Mar 2010
As mulleres de Arcos protagonizaron fai arredor de 40 anos ún dos episodios valerosos que forman parte da historia desta parroquia carballiñesa, na defensa da propiedade das augas do Bañiño de Arcos. Desde tempos inmemoriais estas augas minero-medicinais foran de acceso libre, tanto para a veciñanza da parroquia coma para os numerosos augüístas que se achegaban atá esta fonte, á beira do río Arenteiro, atá que a principios dos anos setenta un particular denunciou estas augas para a súa explotación termal. Daquéla, chegara a construir unha caseta e pasara a cobrarse os augüistas, e foi entón cando as mulleres de Arcos, utilizando mazas, picos e apeiros de labranza, botaron abaixo a caseta, e desde entón a utilización da fonte volveu ser pública para disfrute de todos os augüistas. Aínda en pleno franquismo, a Garda Civil non pudera impedir a actúación das mulleres de Arcos, e tempo despois o promotor da privatización do Bañiño renunciou os dereitos adiministrativos que aseguraba ter. Agora, a Concelleira de Igualdade e Benestar do Carballiño, Aúrea Francisco, vai lembrar a aquelas mulleres, simbolizando nelas "a loita pacífica de tantas mulleres do Carballiño, tantas veces silenciadas e invisibilizadas no desenvolvemento social e económico do Carballiño". A iniciativa foi presentada con motivo da conmemoración do "Dia Internacional das Mulleres", e consistirá nun acto de homenaxe no que se descubrirá unha placa no Bañiño de Arcos, programado para o vindeiro dia 15 de marzo. Ese dia, tamén se recoñecerá a Dolores López Filgueira, a veciña que doou ó pobo de Arcos os terreos que se atopan no entorno da fonte.

Comentarios

Na parroquia de Marcón,

Na parroquia de Marcón, Pontevedra existe unha fonte chamada dos Bañiños. Miña sogra (86) recorda oir a sua nai que ia a aquela fonte para curalos ollos. Posiblemente conxuntivities ou algunha doenza menor. Esta fonte segue no mismo sitio, pero o promontorio que a precede esta cheo de eucapilptos de bo porte. A fonte hai uns anos que non bota nin gota. A iaugua (así se di en Marcón), non era quente, se non a temperatura ambiente. O que eu quero saber, si alguén mo pode decir. Que propiedades curativas tiña a fonte, que lle curaba a xente?. Gracias. Gonzalo Sancho Blanco, de Vaipolorio.

PUES SERA LO UNICO QUE

PUES SERA LO UNICO QUE HICIMOS EN 40 AÑOS LOS VECINOS DE ARCOS, PORQUE NO NOS PONEMOS DE ACUERDO NI PARA CENAR, ESTE ES EL PUEBLO DE LA ENVIDIA, DE LA HIPOCREISA Y DE LA FALSEDAD.

Haberá de todo como en

Haberá de todo como en botica. Dende logo unha magoa que se faga referencia a todas esas envexas e tiranteces cando se fala dun feito de interese para todo O Carballiño e a súa Comarca. Bravo señoras por ese xesto. Ah! é non escriba vostede en maiúsculas, nos foros eso significa berrar.

Que escriba en mayúsculas es

Que escriba en mayúsculas es lo de menos, siempre y cuando lo hiciese con cordura. Lo peor es que al escribir burradas éstas se ven más grandes.