"Núcleos sostibles" fomenta o uso da bicicleta e do transporte público e da a coñecer o entorno turístico de O Carballiño

21 Jul 2009
(Redacción. Belén González) Esta mañá a Concelleira de Medio Ambiente, María José Pérez e o alcalde do Carballiño, Carlos Montes anunciaron o programa "Núcleos Sostibles" para fomentar o uso da bicicletas e o emprego do transporte público. Esta iniciativa ten un dobre sentido: deportivo, para impulsar as actividades saudables e un sentido turístico que persegue presentárlle a tódolos turistas as rutas específicas como a do Parque Etnográfico e a do entorno do río Arenteiro. Haberá dous puntos de recollida das bicicletas: Praza do Emigrante e Muíño das Lousas para o que será preciso entregar a documentación e a partir de aí, a persoa terá tres horas por diante para recorrer as zonas máis interesantes do Carballiño. Carlos Montes declarou que "a idea é interesante na que O Carballiño podría dar un bo exemplo".

Comentarios

Este Verano parece que

Este Verano parece que tampouco van inaugurar o noso camping municipal, que lle imos facer,igual para o Inverno que é cando mais xente hai, e xa poden ir tamen as piscinas a pegarse un baño,asi pola fresca...Lástima de parque etnográfico,mira que hai xente paseando e de visitas polos muiños e non hai maneira.A todo esto,teñen pensado arranxar a comporta que da paso á auga no Muiño das Lousas,esa que leva un ano rota e ten a canle de auga que pasa por debaixo seca,o dito,lastima de Parque Etnografico.

Os contenedores do lixo e os

Os contenedores do lixo e os sumidoiros hainos que limpar e lavar por que desprenden un cheiro nauseabundo polo lixo que acumulan e na praza das monxas cómpre que fagan o mesmo por que ó redor da estatúa do violín e na rúa que baixa dende esta praza ata a rúa principal cheira que apesta por que se converteron nun urinario público.

poderían traer os

poderían traer os chiripitiflauticos pra concienciar a xente........

Que a concelleira se adique a

Que a concelleira se adique a limpar a vila, sobretodo os contenedores do lixo!!!!

Pois dado que a idea é

Pois dado que a idea é interesante que o alcalde Carlos Montes e concelleira de Medio Ambiente dean exemplo indo en bicicleta polas rúas da nosa vila e para acudir a actos políticos, inaguracións e demais desprazamentos que teñan que facer polo concello do Carballiño adiante.