Nace a Plataforma veciñal en contra da pranta de compostaxe das Fontaíñas

31 Aug 2010
Recollida de sinaturas contra a planta de compostaxe

A recentemente creada plataforma contra a Planta de Compost esixe a inmediata paralización das obras da pranta de compostaxe que se está a construír no lugar das Fontaíñas, no concello de Cea. Do mesmo xeito, esixen unha explicación por parte do alcalde de Cea e da Consellería de Medio Ambiente sobre as repercusións deste proxecto nos acuíferos, nos terreos colindantes e nas poboacións próximas pertencentes ós concellos de Maside, O Carballiño e Cea. O BNG e o PSOE de O Carballiño presentaban no día de onte unha moción conxunta a prol da paralización de dita pranta e hoxe o alcalde de O Carballiño, Carlos Montes, anunciaba a convocatoria dun pleno extraordinario de urxencia para o mércores día 1 de setembro ás 21:00 horas, así como tamén o fará o concello de Maside no día de mañá. Dende hoxe a primeira hora estanse a recoller sinaturas, na Praza Maior de O Carballiño, de todos aqueles veciños afectados que queiran apoiar esta iniciativa. Mariña Arbor, ex concelleira do BNG de Cea, mostraba por unha banda, o seu apoio en contra da instalación do futuro proxecto industrial que tanto impacto medioambiental vai ocasionar nos concellos limítrofes, e por outra banda o reixamento polo modo de actuar do alcalde de Cea, José Luis Valladares que levou todo o asunto nun silencio absoluto. A campaña extenderanse a outros concellos e nestes momentos estase a realizar unha páxina web onde os afectados poderán deixar as súas queixas.

Comentarios

Tendes razón, pois os

Tendes razón, pois os políticos que temos están aí e van estar aí moitos anos porque nos queremos. O políticos non son outra cousa máis ca o reflexo desta sociedade da que todos formamos parte. Primeiro temos que cambiar nos e despois desaparecerá toda esta porcallada de políticos. Hai unha definición de políticos que vai de acordo cos comentarios anteriores: "político, é aquel que por obter un voto é capaz de vender á súa nai".

Ala...a politizar todo. O que

Ala...a politizar todo. O que antes promovian desde o bipartito agora xa non lles gusta. En fin, temos os politicos q merecemos.

o que fede que apesta é a

o que fede que apesta é a política, antes eran os socialistas os que defendian o parque da merda-ambiental no Ribeiro, subvencionan e inauguran unha planta de lodos no Concello de Leiro, e agora son os que se opoñen a unha planta igual cá de Leiro en Cea, e viceversa co PP, digo eu que o que é malo nun sitio tamén o será no outro. O dito, a política apesta.

Todo é politica , incluso pór

Todo é politica , incluso pór a parir aos políticos.Agora ben, a democracia é o invento para organizarse a sociedade que ,cos defectos que poida ter , evita que estemos sempre en guerra ou que caigamos nuha dictadura . Aos o PP vailles mellor o último sistema e son os que espallan a idea de atacar "aos políticos en xeral" . Haberá que xulgar a cada quen segun os feitos e non meter a todos no mesmo saco.

Sacádelle os colores a estes

Sacádelle os colores a estes Sinvergüenzas doPP. Que expliquen por que non quixeron o Parque Medioambiental en Carballeda de Avia e queren facer esta chapuza ilegalmente e sen informar á xente en Cea. É o colmo. Estanse rindo de todos e arrasando con todo.