Noite histórica en Espiñedo: 1º partido con luz artificial e victoria do "baby " Arenteiro ante o Arousa (3-2)

7 Apr 2010
Ambiente en Espiñedo
Nin os máis optimistas entre os numerosos afeccionados que acudiron esta noite a Espiñedo esperaban que este novo  Arenteiro, integrado na súa totalidade por xogadores procedentes do equipo filial e que atá fai dúas semanas xogaban na 2ª categoria autonómica podían gañarlle a ún dos galos e aspirantes ó ascenso na preferente, o Arousa de Vilagarcia. Pero no fútbol todo é posible se hai gañas e ilusión e asi quedou demostrado neste partido valedeiro para a competición ligueira, que fora aprazado no seu dia polo mal estado no que se atopaba o municipal de Espiñedo. O Arousa chegou ó Carballiño pensando que ía gañar o partido sen baixar do autobús e confundiuse de pleno, resultou ser ún equipo mediocre no que se supón que xogaban futbolistas porque vestían con camiseta arlequinada, e pouco maís. Enfronte, unhos rapaces con raza e incluso non exentos de clase deronlle toda unha lección de pundonor e defensa dunhas cores. A eles, ós do Arousa, e a outros. Adiantabase o Arenteiro nos primeiros minutos do partido cun gol de Sampayo, e en apenas 20 minutos os arousanos dábanlle a volta ó marcador, e asi remataba a primeira parte. Parecía que todo estaba decidido, pero no segundo periodo chegaría a sorpresa. Os rapaces do Arenteiro non desmaiaban, e a doce minutos para o final Alex lograba o empate. Xa co tempo practicamente consumido chegaba o momento do éxtasis para a afección local, cando Juan lanzaba un chupinazo que se colaba na meta arousana. Ledicia nas bancadas de Espiñedo, ónde se celebrou a victoria local como facía tempo non se coñecía. Polo demáis, noite histórica, xa que o partido xogouse coa nova iluminación. Noite redonda.

Comentarios

Foi a sorte dos

Foi a sorte dos principiantes...xa veremos co tempo se segue a racha ou se seguimos na tónica anterior. E por certo que lles paguen os cartos que lle adebedan ós xogadores cesados e os "babys" da canteira que os sustitúen que lles paguen por que se non estamos na mesma.

E logo que estás resentido

E logo que estás resentido porque ainda che deben cartos?? anda xa home! colga as botas dunha vez!

Certamente débenme cartos. As

Certamente débenme cartos. As botas non as colgo, non que xa as colguei fai tempo. Non é de recibo que lle deban cartos ós xogadores e enriba os boten cando lle fan unha proposta á directiva.

Anda calade a boca que non

Anda calade a boca que non tendes ni puta idea esa merda de equipo e mercenarios deixou o equipo a 5 puntos do postos de ascenso a ver se vos enterades e eles xogan por diñeiro pero e normal ou ti non trabayas para levar algo a boca...pois eles o seu trabayo e o futbol e tanto falades queria vos ver eu cunhas botas de futbol que enton si que as habia que colgar pero da tua cabeza porke cos pes non lle darias a unha pedra de 20 toneladas asique respetade a xente porke si se foi o equipo enteiro por algo seria no??? Arenteiro baby alegrome por eles pero non pensedes que van gañar mais partidos oxala que si por eles pero non por a directiva...ala adeus e sorte

Estimado decoñecido/a ten

Estimado decoñecido/a ten vostede que mercar un diccionario por que cometeu tales faltas de ortografía que din bastante da súa escasa formación educativa e ademais lle aconsello que lave ben a súa lingua con lexía para non empregar máis esa linguaxe tan soez da que vostede fai gala. Pola miña parte estou disposto a poñerme as botas de fútbol e darlle á pelota de novo volvendo a xogar de defensa, todo é cuestión de poñerse en forma,...e por certo non escriba tantas mensaxes SMS nos móbiles que logo ó escribir mete cada falta de ortografía que clama ó ceo, fágase un favor e escriba correctamente.

e que de tanto atracar o

e que de tanto atracar o futbol perdin unhas cuantas clases de ortografía coma ti dis meu amigo...pois pon as botas que che van facer falta senon o tempo...jajaja a lingua non me fai falta lavala inda que a ti seguramente non che viña mal que seguro que eres un dos que fala ben por iante e por detras eres un cantante pero ten que haber de todo nestas vida ....veña vou seguir atrcando por ahi o que non me pagou o arenteiro

Alégrome de que se marchara

Alégrome de que se marchara toda a escoria "deportivamente falando", que había nise vestuario, empezando polos que viñeron desde Verín, que a donde van sempre a arman, e despois por ises supostos futbolistas que se din que queren o clube e son do pobo, pois xa se demostrou ahora o que son, ises indan teñen máis delito que os anteriores, si eu fora da directiva xa me encargaría dalgunha maneira que non volveran pisar Espiñedo declarandoos personas NON GRATAS. O tempo pon a finla cada un no seu lugar, aupa Arenteiro, e xogadores que de verdade sinta o equipo coma os de onte

Estes rapaces sinten a

Estes rapaces sinten a camisola, noraboa, a escola d futbol traballa para que no primeiro equipo do Carballiño polo menos un sesenta por cento sexan da vila. É unha mágoa que "Valeiras, Tacón e Martín sexan de Ourense", co tempo vanse arrepentir. Ollo, que isto non sexa temporal agora que non hai un peso, proxecto de canteira para os vindeiros anos con 3,4 ou 5 foráneos.

BRAVO RAPACES!!!! Destes unha

BRAVO RAPACES!!!! Destes unha boa lección a todos eses mangantes chamados "xogadores" que o único que fixeron durante semanas foi rosmar. Gustariame saber agora que pensan e onde están todos aqueles que, criticaban a xunta directiva e defendian a "pandilla moquera". Seguide a xogar "Arenteiro Baby", seguide como nestes últimos partidos, a facer deporte.

A ver se vai resultar que foi

A ver se vai resultar que foi a directiva a que quixo seguir este camiño porque cree nestes rapaces. Foron obligados polas circunstancias. Por eles, seguían os mangantes de antes. Se queremos esta aposta de xogadores no Arenteiro, esta directiva ten que deixalo xa ou como moito o final da tempada. Estes fracasaron coa súa aposta polo futbol de galácticos.

si señor arriba ó

si señor arriba ó arenteiro,ONDE ANDAN OS MERCENARIOS DE OURENSE,PARA CASA PAQUETES,ANIMO DIRECTIVA.

para que queriamos os

para que queriamos os marquitos, curras, tacon, valeiras e compañia???? para recoller o sobre ó final do mes, para nada mais. o fin volve a haber canteira en carballiño e algo se esta a facer ben na escola de futbol.

tacon se se foi os seus

tacon se se foi os seus motivos teria..non creo que fose polos cartos,,xa que tacon leva no arenteiro toda a vida,,en temporadas como a deste ano de "galacticos" (onde a directiva teria k dimitir x ekivokarse xa que ainda que haya que cambiar os obxetivos deportivos hai que tirar da casa e deixarse de lerias e lios) tamen estivo en temporadas caseiras onde apenas se cobraba e onde o ekipo algun ano estibo en primeira rexional..por iso creo que non deberiades xuzgar asi a alguns..ante todo hai que ser agradecidos .e ainda que sexan mercenarios os "xogadores"(aqui poucos demostraron selos) de ourense e de fora a culpa e da directiva por contar cos seus servicios,,hai que planificar cada temporada co que hai e na casa hai tan bos xogadores como fora e con mais ilusion como se pode ver k e o que mais conta a garra e o sacrificio

Pero que dis de Takón, no

Pero que dis de Takón, no vestuario é dos peores, aínda ne acordo a que montou él e unhos cuantos cando estaba na directiva Pelé e Avelino. Xogadores coma ises sobran, ademáis dentro do campo non é nada doutro xoves, o único que sabe é protestar o árbitro. ( E aínda por riba crese un fenómeno) Ahora nesta situación si tanto lle quixera o clube como dis, houberase quedado por encima da pésima directiva que temos, como fixeron outros xogadores. Que lle vai ben e por min que non volva, eu dende logo como socio non o vou extranar nada.