O Alcalde de Boborás deixa sen fútbol á Corporación Municipal

24 Jun 2010
Cipriano Caamaño
Para que logo se diga que "o país paralízase" e outros tópico ó uso, desde logo que non será o caso do Concello de Boborás. O Alcalde, Cipriano Caamaño, convocou para este venres dia 25 de xuño ás 8,30 da tarde o pleno ordinario da Corporación Municipal de Boborás, á mesma hora na que España xoga ante Chile o transcedental partido de clasificación para a seguinte ronda do  mundial de fútbol, unha coincidencia horaria coa convocatoria da sesión de pleno que causou certa sorpresa. Para Caamaño non hai motivo para que ninguén se sorprenda xa que "os plenos ordinarios están fixados desde o inicio desta lexislatura para celebrarse os derradeiros venres dos meses pares, asi que non hai motivo para cambear a convocatoria, e ademáis estou seguro que non vai faltar ningúen". Desde a oposición, o portavoz do PSOE, Alberto Otero, entende que "había maneiras para evitar a coincidencia se houbese algo de vontade por parte do Alcalde, simplemente con adiantar a hora do pleno, e non pasaba nada". Nesta sesión, a Corporación de Boborás debatirá  a proposta da Alcaldia relativa á aplicación do Real Decreto Lei 8/2010 para a reducción do gasto público e no que respecta ós gastos do persoal. Ademáis, o pleno deberá aprobar os proxectos a incluir polo Concello de Boborás no Fondo de Cooperación Local para este ano, e que consistirán na mellora de aforro enerxético e ampliación da iluminación pública en varias localidades do municipio.

Comentarios

Non tería sentido que

Non tería sentido que cambiara o pleno polo futbol. Hai cousas mais importantes. Non todo é futbol na vida. MOi ben Cipriano!

Vaia alcalde, en vez de

Vaia alcalde, en vez de fomentar o deporte o elimina, e aínda hai quen lle rie as gracias...é mellor que os xóvenes fagan outro tipo de cousas en vez de facer deporte...si señor...todo un figura

a este chobelle na cabeza en

a este chobelle na cabeza en vez de dereitas e facha parece parece o reves hay miña perniña

Me parece muy bien.Lo que me

Me parece muy bien.Lo que me parece mal es el estado del paraje "la SALETA " lleno de maleza.Menos mal que gracias " a Santiña " limpase unha vez o ano 8 dìas antes da romaría.Y eso que para algún é a perla do concello.Repasar HEMEROTECA.

Cipriano is

Cipriano is diferent..jajajajaja.... este home tiña que haber chegado máis lonxe en política...

d acordisimo contigo

d acordisimo contigo

¡¡¡Si ohh!!!...debeu chegar

¡¡¡Si ohh!!!...debeu chegar ata o camping de Leiro para bañarse nas augas do río Avia.

A ver se esto de deixar sen

A ver se esto de deixar sen fútbol á oposición vai ser unha medida psicolóxica do Cipriano para amolalos de novo

juas juas juas

juas juas juas