O Alcalde de Boborás destina o diñeiro do antroido para necesidades básicas "porque non estamos para mascaradas"

10 Feb 2011
Cipriano Caamaño
O Concello de Boborás suspenderá este ano a organización institucional da festa do antroido, renunciando á celebración das distintas actividades que se viñan promovendo desde a institución municipal, como a contratación dunha orquestra, concursos, asi como as subvencións que se concedian ás comparsas e grupos que acudian a Boborás o domingo de antroido, un capítulo no que o Concello viña gastando cada ano arredor dos 10.000 euros. En declaracións ó programa "Asi son as mañás de Cope O Carballiño", o Alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, manifestou que "quen queira fuxir para adiante a base de bailes e mascaradas, alá eles". Caamaño razonou que "non se pode gastar en festas cando hai familias que teñen necesidades básicas que compre atender", e explicou que nesta situación de crise económica pola que estamos atravesando "hai que priorizar gastos, e este Alcalde entende que é moito máis importante axudar ás persoas maiores, os nenos, manter servizos como o Punto de Atención á Infancia, ou o xantar sobre rodas e a asistencia á domicilio". Desta maneira, o Concello de Boborás suprime os actos que se celebraban durante a festa do antroido "dentro desta política de austeridade, e tendo en conta os grandes recortes nas aportacións do Estado ás adiminstracións locais". Finalmente, Caamaño aclaraba que "O Concello de Boborás invitará a toda a veciñanza a manter esta festa do antroido, como expresión da nosa cultura popular".

Comentarios

Outra boa medida de Cipriano.

Outra boa medida de Cipriano. A algunha xente parece que soamente lles importa o futbol e o entroido. Hai que aforrar cartiños, os Concellos igual que as familias, necesítan suprimir gastos superfluos. Que siga mantendo os servizos sociais que é o importante.

Eston de acordo , gracias a

Eston de acordo , gracias a sua labor moita xente estamos a traballar en axudas a domicilio e as persoas maiores reciben ditas axudas , estando na sua casa , sin sair do seu entorno, preto dos seus. Un gran Alcalde

Don Cipriano , usted es un

Don Cipriano , usted es un gran gestor y lo que importa son los problemas reales del concello y no las fiestas , aunque en epocas de bonanza económica , usted fue el gran impulsor de los carnavales de Boborás . Siga así , cuenta con el apoyo de toda nuestra familia . A Penela

SEN ENTROIDO, SEN REN. Qué

SEN ENTROIDO, SEN REN. Qué magoa que non houbera entroido, non se tiña que gastar como outros anos neso estou dacordo pero tamén deixarnos sen festas. En vez de levar unha orquesta levar un tocadiscos... A ausencia de Eva no Concello cada día se nota máis .A xente que escribe aquí case tódolos días non poden ser outras máis cas que traballan no concello porque os demais podemos escribir unha vez como moito ó mes. Aínda que agora non van poder escribir tan a miudo xa que teñen que ir pegar a propaganda electoral.

A ausencia de Eva nótase para

A ausencia de Eva nótase para ben. Debería de haber marchado hai 3 anos e medio. Moito tardou. Cipriano tiña que haberlle baixado o soldo moito antes.

Estou de acordo co teu

Estou de acordo co teu comentario , o concello aforraria moito. Queremos para o noso concello xente que traballe e que faga a sua labor de forma austera é sin estridencias, coma o equipo de goberno que está en estos intres a traballar.

Pois sí que traballan hasta

Pois sí que traballan hasta tarde no concello, porque hai mensaxes de as tantas da madrugada, e de pola tarde,.... ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿De quen dis que se nota a ausencia???????????

Tes toda a razon do mundo

Tes toda a razon do mundo vesiñoooo

si claro las del concello van

si claro las del concello van a estar pendientes de los comentarios que hacemos todos. yo escribo y no trabajo en el concello! Seitura está claro que tampoco es del concello. Y mi querido amigo!! De Eva nadie se acuerda ya! pasó sin pena ni gloria!!además si tanto te gusta ahora la puedes votar que va con la farmaceutica de segunda!!Chaquetera!!

Va con la farmaceutica???????

Va con la farmaceutica??????? Mira, por donde!!! Ahora se sabe porque se fue cuando solo le quedaban 5 meses para terminar. Para cambiarse de lado. Bueno, como votante del PP que soy, a ella la prefiero en el BNG. Por cierto, yo tampoco trabajo en ningún ayuntamiento y escribo aquí y en otras noticias de este foro.

Muller Aranha: Se non

Muller Aranha: Se non contestamos os comentarios é porque xa non hai moito que dicir!!Estou dacordo coa medida do alcalde de Boborás!é xusta e moi necesaria!ademáis o entroido pasou... e non vexo que se fixera un entroido independente como dicían. Arriba Caamaño.

Por que en vez de escribir

Por que en vez de escribir tantas parbadas non ides traballar que pa nugayaos ya estan os politicos xa que non sirve pra outra cousa non perdades mais o tempo con eles abur asto solfateeee

SEITURA DE CORDURA Oes, non

SEITURA DE CORDURA Oes, non era mellor que o de marras fora dar outro titular á radio? E que xa pasamos dos 300 comentarios e isto non ten traza. Algo estará facendo, digo eu, non? Boeno, se mañá vai a radio con outra novidade non vaiades a pensar tampouco que eu xa sabía que andaba argallando outra nova... son inocente. É cordura, nada máis.

Tes razón, que eu sono co

Tes razón, que eu sono co maiz, co trigo, ca sega....E non é que quera calarte, nin moito menos!!! Xa sabemos que non calas nin debaixo da auga! Pero eres coma un loro. E sin intención de faltar eh!, dígocho con todo o meu cariño.

Moito o criticas pero non

Moito o criticas pero non podes vivir sin él, non si? Estás enganchando ao Cipriano. Pero tes razón en que hai que ir parando. 300 comentarios! Madre mia!

O Seitura deixará de escribir

O Seitura deixará de escribir cando ninguén lle conteste, non vedes que ten que ter sempre a última palabra? Aunque se repita como o allo. Por certo! Por onde anda o Vesiño, Dictadorciño, Muller Araña?? Fai moito que non os vexo. Bótanse de menos os seus comentarios!

SEITURA ACLARATORIA Eu non

SEITURA ACLARATORIA Eu non vivo con el, logo vivo sin el. Eu sin el (de alcalde, neste mundo que Dios lle dea moita vida e boa) vivía tranquilo e esperanzado. Pero no outro coincidimos, 300 abondaba. De tódolos xeitos, a min dame o corpo que vai pasar pola radio un destes días.

Se gobernara o PSOE seguro

Se gobernara o PSOE seguro que teríamos entroido, claro que sí! Dirían, por que non? As cousas non están tan mal. Ademais xa volvemos a subir a luz agora un chisquiño mais, un 12.5 e malo será que con ese cartos non lles podamos dar algunha diversion. A veces é o mellor subir e subir e subir todo tipo de impostos hasta afogarnos, poi a xente está contenta que por iso non protesta, nin por todos os parados que hai, xa estaremos preto dos 5 millóns e seguimos sumando, pero o que a xente quere, desexa con todas as súas forzas é entroido. Eso non se lle pode quitar, mentras teña entroido o demais é secundario. Cando estemos traballando en Alemania ou Suiza porque o ZP bótanos deste pais, volveremos a casa sempre polo entroido. O importante non se pode esquecer. Axudas desde os concellos para os entroidos sempre!!! E, seguide subindo impostos e deixándonos sen traballo que con todo iso podemos e moito mais.

SEITURA ANTI-CRISE? SEITURA

SEITURA ANTI-CRISE? SEITURA CONTUNDENTE A mellor medida anti crise que pode tomar un goberno esgotado, que non ten ideas, quen está enfungado, avafado, que provoca tanta cítica é renovarse. E cómpre tomar exemplo primeiro na casa dun. Ledes titulares e sodes felices. Hai anos había estómagos agradecidos, porque dábanlle traballos precarios á masa e pelotazos aos que tiñan o capital ou amigos e todos felices. Agora vamos ser excursionistas agradecidos, porque nos levan de excursión e xa está. Que medida anti crise é esa? O que tiña que facer unha persoa íntegra, unha persoa razoable, unha persoa que non estea amarrada ao poder como se non soubera facer outra cousa na vida porque xa é un político profesional é abandoar decentemente o cargo. E cando vos convén falades do Pachi ou do Zapatero e cando vos convén falades de medidas anticrise... pero unha excursión non é unha medida moi aforrativa, claro. Iso si, na excursiòn xa miro eu quen vai e quen non, claro. Non sodes máis que marionetas que non queredes pensar por vos mesmos, porque se agora pensades e descubrides que todos estes anos o voso forofismo político non foi máis que unha tontería, unha chiquillado, non saberedes que facer. Pois nin todos son malos nin todos son bos. O cambio, de cando en cando pode ser bo. Hai que buscar quen mellor faga as cousas. E renovarse. Por iso non me canso de escribir, porque hai que lembrávolo e cando reaccionades asì demostrades que sodes estómagos agradecidos, excursionistas agradecidos... E amáis amáis teño unha pregunta. O carretada esta en bus era un ensaio para carretar tamén o días eleccións? Como sei que vos vai picar, roédea que sabedes como funcionades.

Fixeches un plano moi exacto

Fixeches un plano moi exacto do socialismo. Concello do Carballiño: O 99% dos traballadores son estómagos agradecidos do pachi, levan o carne do psoe nos dentes e cando hai un mitin alí están fieles á chamada do seu xefe. Un aspirante que non paga impostos, un artista do caciquismo. ¡ Excursións as do carballiño que se van ao extranxeiro! E por favor, si es do PSOE non veñas dando leccións de nada pero sobre todo de honestidade e dignidade porque os vosos están a demostrar que son un fato de ladrós.

E VOLTA O PACHI Méteos os

E VOLTA O PACHI Méteos os dous nun saco, si es feliz así. Que o que fai a parautada en Boborás é Caamaño. Moito vos jode que volo digan e so tedes esa excusa: o Pachi, o Zapatero... os socialistas son uns ladrós... pero non ves que ao final iso non é argumento ningún? Forofo, que es un forofo. En realidade non tes nada que dicir que non sexa ladrar cara o Pachi e o Zapatero. Dalle aos dous, home, dalle... dalle máis... pero o que non estaba para mascaradas en Boborás chámase Cipriano Caamaño. Mira a ver se nas eleccións municipais ves o nome do Zapatero ou o do Pachi na lista do Psoe.

Eu non sei si és corto ou que

Eu non sei si és corto ou que che pasa. Estamos a desmontar os teus argumentos, ti dis que si excursions eu digoche que excursions no carballiño fanse o extranxeiro, e ti dis que caamaño non enton quen as marionetas do pachi, a xente que se presenta hoxe por hoxe no Psoe nesta comarca son marionetas do pachi asi que ata que caiga non podemos creer en plantexamwntos do psoe. Non podemos creer en xente que non denuncia o que fai o seu lider que é evasion de impostos.

Claro que Caamaño sí, porque

Claro que Caamaño sí, porque eso é o que deciden os veciños nas eleccións, aínda que o Seitura non se enterou que somos os veciños quenes decidimos quen queremos que nos goberne. E fastidialle que Caamaño sempre gañe con mairoría, pois dame que se vai fastidiar 4 anos máis!! Porque é a decisión do pobo, e que teñamos Caamaño pa rato.

PARAUTA E SIGES FALA DE

PARAUTA E SIGES FALA DE ABOBRAS NON DO CARBALLOÑOOO

SEITURA MONTANTE 1.- "Estamos

SEITURA MONTANTE 1.- "Estamos a desmontar os teus argumentos", non. Estades a dicir que mire para o Pachi e o ZP para que vexa o mal que fan eles coma se iso fixera bo ao Caamaño. Non, non desmontas nada. 2.- "excursions no carballiño fanse o extranxeiro", pois ala, métete na páxina do Carballiño e dalle ao alcalde, a Montes, a Pachi e ao Blanco e ao ZP, pero iso non fai bo ao Caamaño. 3.- Sei como funcionan os partidos e tamén penso que a influencia do líder comarcal (o Pachi xa é líder total en Galicia) ás veces fai que miremos máis as siglas que as ideas. Así que o primeiro é mirar no PP e darte conta de que tamén sufre o mesmo problema, ou pensas que Caamaño ten peso no PP comarcal? Pouqueniiiiñoooo... 4.- "Non podemos creer en xente que non denuncia o que fai o seu lider que é evasion de impostos". Si, xa vexo que estades moi contentos en cambio co alboroto do caso Gürtel. Vamos, vexo a integridade total de Caamaño denunciando que el non pode formar parte dun partido donde o presidencialismo e as decisións a dedo pasan por riba das dúbidas cando menos ética (a xusticia é lenta, pero ao Camps non o libra ninguén) coma por exemplo si fixeron outros, como o Álvarez Cascos, en Asturias. Así que de corto nada, se queres falar de Caamaño, falamos. E se me ves con andrómenas érguete que chas vou cantar bonitas. Ao mellor confundes a miña actitudes porque non entra ao teu trapo. Explícoche, malia que eu sei que non eres corto, só estás fodido porque che tocan roer catro verdades como templos: cando ti me falas de que eu son corto, de que eu teño que estar calado, de que vos sodes os únicos coa verdade, de que o Caamaño é infalible, de que o Pachi (que amáis non teño ning{un interese en defendelo, a ver se caedes da burra) é un evasor (sic)... eu simplemente podo pensar: "a palabras necias, oídos xordos". Así que esta seitura segue a ser moi montante. A roela, malia que che moleste. Así é a democracia.

Ninguen pediuche que calaras.

Ninguen pediuche que calaras. Ti fala o que queiras, e incluso podo recoñecer que o caamaño leva moitos anos e que pederiamos mirar a outras alternativas, pero... ¿de verdade que cres que veñen do psoe? jajjajaja non me fagas rir. As listas do psoe fainas o cara cortada. o capone, o que lle colleron evadindo impostos, o pachi. Polo tanto o pobo que e soberano elexira q quen queira de representante. PERO UNHA MARIONETA DO PACHI NON, PPORQUE SERIA COMO VOTAR AO PACHI. No dia que o psoe sexa o que polas suas siglas se presume, conta conmigo pra votarlles. PERO HOXE NON, HOXE VOTAREI O CAAMAÑO PORQUE E O MENOS MALO.

Pois eu voto a Caamaño e non

Pois eu voto a Caamaño e non porque sexa o menos malo, semón porqué é o mellor. Gústame a súa forma de facer política, a súa xestión, e en todos estes anos sempre demostrou mirar polos veciños de Boborás e non polo seu interese nin polo do seu bolsillo. Voto a Caamaño porque é un bo político e unha persoa honrada e xusta.

O Cipriano o fai ben, fagao

O Cipriano o fai ben, fagao como o faga o Pachi, o ZP e toda a tropa de sociolistos. Que por certo, o fan ben mal. Cipri! Cipri! Cipri! Jejeje. Cómo che doe!!!

Abre os ollos mira pa

Abre os ollos mira pa valencia palma arena vadulakeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee

Os ollos os teño moi abertos

Os ollos os teño moi abertos e claro que hai corrupción en moitas partes e da igual a cor política, tanto pode ser Matas como Pachi como moitos outros. Pero nestes momentos o que mais me preocupa é a situación a que nos levou Zapatero, a este país cheo de parados e sen oportunidades de encontrar traballo e que por enriba non fan mais que subir os impostos. Por certo, onde deixou o Zapatero o "Non a guerra"??? En que mans estamos!!

SEITURA ANTIBELICA A verdade

SEITURA ANTIBELICA A verdade é que para telos abertos, non ves nada. Que Santa Lucía che conserve a vista... a ouca que che queda, abofé do pouco que ves. A ver: 1.- "hai corrupción en moitas partes e da igual a cor política, tanto pode ser Matas como Pachi como moitos outros" pois a min o dos demáis non é que me dea igual, pero a min o que si que me importa neste foro e no día a día e o noso concello. E no noso concellos, por se ti non tes os ollos abertos o alcalde chámase Caamaño. Seguides coa vosa leria de mal moitos... mal de moitos consuelo de tontos. 2.- " o que mais me preocupa é a situación a que nos levou Zapatero, a este país cheo de parados e sen oportunidades de encontrar traballo", hai que buscar outro foro para debater este tema, pero se queres un día montámolo e mirámonos a nós mesmos, a ver canto de culpables temos nós mesmos por alimentar unha situación económica ficiticia, por converter os bancos en entidades que xa non se preocupan de que aforremos, senón de que gastemos pedíndolle cartos, podemos falar da emigración voluntaria, da desmembración do rural, podemos falar do que nos gustou aparentar que "España va bien"... hai tanto do que podemos falar nese tema tan grande, pero tan grande co que ti queres excusar en un "quítame aí esas pallas" ao Caamaño e as parautadas que ten dito porque non está mascaradas.... 3.- " Por certo, onde deixou o Zapatero o "Non a guerra"???" Pois mira, deixouno esta tarde no Congreso dos Deputados onde 336 deputados dos 340 posíbles votaron a favor da acción bélica (non á guerra, demagogo). E abstivéronse o BNG e IU. Por certo, tu que, vas apoiar a postura do bloque e a esquerda? Quería ver como o escribes. Eu por exemplo opóñome á guerra e quizáis, quizáis nuns días tamén me opoña á acción bélica. Para ser sincero, eu coido que me abstería de ter participado. Como cidadán pediría que non participen. Tiña que miralo un pouco mellor, pero sinceramente non o fixen aínda. 4.- " En que mans estamos!!" Pois polo que vexo polos 336 votos, o PP incluido, tamén estamos nas mans dos teus. Oes, dime unha cousa: cando cuspes para arriba, que sintes cando che cae todo na cara? Será por iso que malia ter os ollos abertos ves todo borroso? Ala, mira o link do ABC (non che poño o do País para que non digas que é un medio instrumentalizado, jejeje) http://www.abc.es/20110322/espana/abcm-congreso-avala-guerra-libia-20110...

Vexo as noticias e leo os

Vexo as noticias e leo os periódicos, de toas formas moitas grazas pola túa información innecesaria. En qué mans estamos!!! Que un día están en contra dunha guerra e outro a favor!!! O PP sempre estivo a favor, desta e da anterior, non así o ZP, que según os seus intereses económicos está ou non de acordo. E, sí, eu apoio a posturo do BNG e de IU, extráñate acaso?? Non estou a favor da guerra, nin de esta, nin de ningunha outra, pero podo respetar o que defende as súas ideas e non cambia co vento, e a ZP corresponderíalle estar en contra, que neso se basou a sú política anterior. En qué mans estamos!!! Nas de ZP!!! Que nos leva a ruína. E vexo moi ben, nada borroso, nin me cae nada na cara. Salvo que estés en contra de que a corrupción non fai distincións de partidos, de que hai crise en España e ésta a goberna Zapatero, de que foi él, que diu axudas os bancos,.... En fin, seguro que opinas todo o contrario, pero tampouco e o meu labor intentar convencerte de nada, sempre ten que haber xente que vexa todo do revés.

SEITURA FALLERA Seica lle

SEITURA FALLERA Seica lle roubaron o letreiro que lle daba nome ao Rajoy nunha das fallas. Seica dicía algo de que era un paxaro de mal "agüero"... jajaja Podes dicirlle misa que non che entenden de Valencia, a culpa ha seguir sendo de Pachi e do ZP, pero do Caamaño, da Barberá ou do Camps non... que para eso están investidos da mística do espírito santo dos políticos incólumes...

SEITURA ALEGRE Ata que por

SEITURA ALEGRE Ata que por fin caedes. Pouco a pouco ideas apartando o desas outras persoaxes. En fin, que os metades nun saco. E o de Caamaño é sinxelo. Vas de guay e dis nunha emisora de radio que tomas medidas anticrise porque suspendes a organización institucional do antroido... etc etc "porque non estamos para mascaradas". A ver, a túa medida é de cara á galería e ten outra lectura cando isto é unha decisión de un mes antes, non dez, como se sabía, seica, cando están as eleccións á volta da esquina, e cando demostras que todo o teu poder de convocatoria oficial se basa nos 10,000 euros e non na capacidade organizativa da túa xestión. Vamos, que o que pasa é que ten as arcas municipais valeiras, pois que non vaia de guay, que vaia de humilde, que faga pobo, que xunte, que convoque, que demostre liderazgo, que entre en contacto cos veciños a ver que facemos, que sexa un exemplo de estar enteiro nos momentos difíciles, non un lanza frases inxeniosas... E cando falemos diso e non do Pachi nin do ZP tamén podemos deixar de falar da Barberá e do Camps. O que me gustou é que por fin vades vendo que esa discusión sobre a integridade dalgúns representantes públicos non conduce a moito, sobre todo si es do PP ou do PSOE coma quen vive unha paixón futbolística, un forofo, xa sabedes...

Pero volve o principio dos

Pero volve o principio dos 300 comentarios, home!!! Queres chegar os 600 decindo a tontería de que é unha medida cara a galería? Pois segue, como si escribes 1000 comentarios todos iguais, so tes que cortar e pegar. Que sí, que tes toda a razón, é unha medida para que os veciños se poñan en contra, para que o critiquen, eso é unha medida de cara a galería, non? Algo que a moitos non lle gusta. Pero, como non podes dicir que é algo bo, algo necesario, tes que criticalo. Pois segue que aínda non quedou moi claro como pensas.

Pachi ten moita culpa,

Pachi ten moita culpa, Zapatero case toda, Barberá unha pouca, Camps non se queda atrás. Pero....... Caamaño? Por non dar axudas os entroidos e crear unha praza de traballo? Por intentar manter uns servizos para os veciños sin subir os impostos? Por organizar unha excursión que dudo moito que custe os 10.000 euros que costaba o entroido? Por eso ten culpa? Anda xa!!!!!!! O que hai que ler!!!!!!

Ti andas a comparar a

Ti andas a comparar a Cipriano co Camps ou ca Barberá? Si é o que eu digo, non sabes nin que dicir. Compara a este señor con eses ou co Pachi, canda salga algunha ilegalidade del, mentras é mellor que cales. Porque que eu sepa Cipriano non está acusado de nada. Vaia comparación máis absurda que fas!!!

E casa da almuzara queche

E casa da almuzara queche parece

Paréceme unha casa na

Paréceme unha casa na Almuzara.

Ti non sei se pensas por ti

Ti non sei se pensas por ti ou non, pero podo asegurarlle que eu penso por min, é utilizo a lóxica, non a demagoxia barata. E vexo o que pasa neste País e paréceme moi triste que os españois estemos nesta situación ( ó mellor ti non a sufres), pero somos moitos millóns de persoas que sí. E o paro o que fai é aumentar, e os impostos tamén. E paréceme ridículo, moi ridículo que se critique que se quitan uns cartos do entroido e que estos pasan para crear unha praza de emprego. Non ten sentido ningún esta crítica, pero como non tedes moito que dicir,.......Pachi, ten bastante tela, pero eu non o mencionei en ningún momento. E dende logo que a política de Zapatero estame a influir de maneira negativa, por iso falo del e con mais argumentos dos que ti falas do Alcalde, con moitos mais. Por certo, a democracia consiste en que o partido mais votado é o que gaña, entón si nalgún momento a maioría de veciños de Boborás consideramos que Don Cipriano non nos é valido porque leva moito tempo ou por calquera outra razón, non o votaríamos, pero si o facemos é porque queremos, porque consideramos que é o mellor e porque sempre demostrou ser un bo Alcalde. E eu libremente defendo no que creo. Aunque che doa. Forofismo nigún, lóxica toda. Así que nada de estómagos agradecidos, e menos co ZP, que pasamos mais fame!!!!!!! Dende logo nótase que o que se pica sempre é o mesmo. Agradecidos por ir nunha excursión?? Non. Agradecidos por ter xantar sobre rodas, Gardería, Asistencia ós maiores,...Sí. Máis que agradecidos, orgullosos de saber que eliximos ó mellor. Agora pícate outra vez. FIRMADO:Un parado o que lle suben os impostos ata afogalo e que non quere socialistas que o que menos miran é polos traballadores, xa ves que podo ser calquera de entre millóns e millóns.

SEITURA CLARA Sinto que

SEITURA CLARA Sinto que esteas no paro. Do resto non tes razón. Exemplos tes abondo de concellos que marcaron a diferencia en tempos con signo contrario en administracións superiores. O que pasou co PXOM é un claro exemplo dun goberno apático, dun alcalde que non aglutina ao pobo, que non sabe achegarse a xente e ir a defender o que corresponde. Crúzase de brazos e ala: "e que manda a Xunta". E vos comedes, e dicides amén. Decirvos que non son socialista, dunha vez vos leva a dicir que son do bloque. Se vos digo que eu so voto por programa e que son capitalista, non vos abonda. Esa é a realidade. E sodes forofos porque cando se lle sacan as cores ao alcalde polas meteduras de pata que ten só saídes a latricar sen argumento algún e dicindo que elixides ao mellor, que Don Cipriano, que somos unhos sinvergonzas, que a calar porque ganou as eleccións... pois non señor, o alcalde é o alcalde de todo o pobo. Esa é a democracia. Por iso eu non me canso de dicilo, porque tamén é o meu alcalde. O que che digo e non podedes negar é que a parautada do antroido foi unha medida de cara á galería, que o do PXOM foi unha simpleza no mellor dos casos dunha persoa que vai en punto morto, que o de deixar a escuras o concello polas noites é unha temeridade incluso, que un alcalde que lle gusta insultar nos plenos e presionar coa garda civil é un alcalde con pouca imaxe democrática... E todo iso é Caamaño en Boborás. E ti di o que queiras do Pachi e do ZP, que por min está ben. O Caamaño sigue necesitando renovarse. Como vos doe que volo digan.

E logo a ti a Garda Civil che

E logo a ti a Garda Civil che presiona? Porque eu non me sinto presionada por ver de preto a Garda Civil,e mellor que ande por ali cerca para que non aconteza o que pasou nun pleno do inverno pasado, cando algúns veciños demostraron ter moi pero que moi pouca educación. Eu estaba entre eles e sin palabras, mellor que esté a Garda Civil por ahí.

SEITURA IMPRESIONADA Buah,

SEITURA IMPRESIONADA Buah, que sutileza, que impresión me causou a Garda Civil. Cambiamos o punto de mira? A min a Garda Civil é un corpo de seguridade do estado que penso que arrastre aínda a súa mala historia en época pasadas, pero non me presiona nada e máis coido que fan unha boa labor. Erras na análise. O que tes é que dicirllo ao teu alcalde: "mire señor alcalde, levar a Garda Civil non é necesario, se vostede se comporta e da lugar ao debate o máis que lle poden é berrar 'amaño" ou 'ditadorciño' ou algunha tarabelada así, pero iso non queda tatuado na pel. O que vostedes ten que facer é saber porque din iso, achegarse e falar, e escoitar e explicar. Mire señor alcalde, no noso partido houbo exemplos en momentos difíciles de xente que se atreveu a falar coa xente. En realidad, señor alcalde, levar á Garda Civil vainos facer ver como amedrentados, como intransixentes, como negados a oír. E por certo, axudaría se vostede non se mostra sarcástico, burlón, nin insulta. Temple os nervos, e os dos veciños, non bote leña, vamos a ver se ao mellor hai unha, so unha cousa que pague a pena escoitar". Ala, copia, abre un correo, pega e mándallo ao teu alcalde. Impresionante o teu.

Vou dar por feito, que non

Vou dar por feito, que non estabas no pleno do inverno pasado e por consecuencia que non sabes do que falas, porque si é así, estás a xustificar algo máis que insultos.

É certo que hubo un veciño de

É certo que hubo un veciño de que ata lle escupiu, non? E tamén lle zarandeara o coche. Se ten que haber de todo no mundo! Se naquel pleno estivera a Garda Civil, non habería acontecido nada de eso. Non me extraña que neste foran!!!

Sí señor, moi ben dito.

Sí señor, moi ben dito. Parece que a algúns so lles preocupa que se quiten os cartos do entroido e non din nada, cando eses cartos pasan a ser destinados a cubrir unha praza de asistencia ós maiores. Moitos non teñen as ideas moi claras, pois non se ve que ninguén proteste pola crise que temos e sí que protestan por tonterías. O que se necesita son medidas anti-crise e non medidas de metémonos mais na crise. Uns políticos se empeñan en que este pais vaia de mal en peor e outros, os minoritarios en facer o que é correcto. Moi ben o teu comentario e moi ben polo Sr. Cipriano

SEITURA REITERATIVA Cando vos

SEITURA REITERATIVA Cando vos din que o Caamaño mete a pata e non sabedes que dicir o único que se vos ocurre é botarlle a culpa ao ZP ou ao Pachi... É igual, podedes metelos aos tres no mesmo saco se vos da a gana. Se con iso estás tranquilo: mal de moitos consuelo de tontos. Son ámbitos distintos: estatal, autonómico e local. E no local o alcalde chámase Cipriano Caamaño. Vísteo como queiras, ao que se lle ocorren esas brillantes parautadas é a el. Claro "por que non estamos para mascaradas", pero para buses...

Reiterativo sí que eres un

Reiterativo sí que eres un pouco, e repetitivo, redundante, machacón,.....

Y que lo digas!!!!!!!!!!!!

Y que lo digas!!!!!!!!!!!!

SEITURA AGRADECIDA E logho,

SEITURA AGRADECIDA E logho, moléstache non poder calarme? Molesta que se poida falar e volver a falar e falar e dicir cousas, pensar, opinar, moléstache? Pois tes dous problemas. Polo demáis esta é unha seitura para che agradecer que sigas enganchado a lerme. Pois iso, grazas. Eu tamén te leo.