O Alcalde de Boborás, que non cobrou dietas nos últimos anos, anuncia agora que "cobrarei todo xunto porque me obriga o BNG".

1 Mar 2010
Cipriano Caamaño reaccionou desta maneira ante a demanda de información por parte do Bloque Nacionalista Galego, que con anterioridade á celebración do Pleno da Corporación Municipal, solicitou ó Secretario do Concello de Boborás os datos relativos ó cobro de dietas por parte do Alcalde. Caamaño aproveitou a sesión plenaria para recriminarlle ó BNG esta solicitude, e asegurou que nos últimos anos non pasou ó cobro ningunha dieta de desplazamento, malia que foron numerosas as viaxes que fixo para realizar xestións municipais. Caamaño anuncio que hoxe luns presentaría a documentación "para cobrar todas xuntas, porque me obriga o BNG". Aínda que no transcurso da sesión plenaria que ven de celebrar a Corporación de Boborás ningún nin dos dous grupos da oposición se interesou por este asunto, o Alcalde aproveitou un momento do debate para aclarar que él levaba anos, polo menos desde 2007, sen pasar dietas de desplazamento e dirixindose ás bancadas da oposición enfatizou "seguramente pensaban vostedes que eu son como o do yate de luxo en alta mar, como a señora Seara, os do bipartito, que van catro nun coche e cobran dietas sen facelas", en referencia á polémica das dietas no Parlamento Galego.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Alcalde de Boborás

Comentarios

Admirable Cipriano. Ojalá

Admirable Cipriano. Ojalá todos los polñiticos de este país fueran así. Sin cobrar dietas, bajándose el sueldo. Eres admirabla!

Está claro que si a oposición

Está claro que si a oposición non fora a preguntar polas dietas do Sr. Alcalde él seguramente non as cobraría, por que, ¿ á razón de qué iba a esperar 3 anos para cobralas? Non se está a falar das dietas dos últimos 5 meses, nin das do 2009, si non as de toda a lexislatura, parécenme moitas dietas sen pasar. Claro está que a oposición tratara de facernos creer que non é así, pero non cola, desta vez non. Aínda que non lles guste, o Sr. Cipriano predica co exemplo de austeridade.

Qué chasco se tuvieron que

Qué chasco se tuvieron que llevar! Que bien les está! Sin trampa ni cartón. jajajaja. Para que despues digan por ahí tonterías!!! A ver quien no cobra las dietas! Cipriano debe de ser el único

Eso de que o Cipriano cobra

Eso de que o Cipriano cobra as dietas por que o BNG lle obriga a cobralas é unha excusa do Cipriano para cobralas, e logo fala de aforro e austeridade e que se baixou o soldo. Nótase que apreta a crise.

Hai quen chama ignorante a

Hai quen chama ignorante a amplia maioría de veciños que votan ó Sr. Cipriano. Estou seguro de que si esa mesma maioría cambiara o voto hacia o PSOE-BNG da noite a mañá deixarían de ser ignorantes. Porque, de todos é sabido que a intelixencia dunha persoa mídese nas urnas, según a quen votes eres ignorante ou non.

Eu quería dar miñas

Eu quería dar miñas felicitaciones a oposición, porque nestos 3 anos é a primeira cousa boa que lles veo facer. Gracias a eles os veciños de Boborás enterámonos de que en toda esta lexislatura o Alcalde non cobrou nada por dietas. Se eles non foran a preguntar, esto non habría saído a luz, porque non son as dietas de 3 meses, ni dun ano, son as de 3 anos!! Que o pueblo se entere deste xesto tan sorprendente nun político é gracias a eles.

Eu creo que nos enteramos

Eu creo que nos enteramos mais gracias o alcalde tanto do que aqui se escribe como do que non se pode escribir. Que siga la fiesta.Asi a crise e mais levadeira.

Eu creo que nos enteramos

Eu creo que nos enteramos mais gracias o alcalde tanto do que aqui se escribe como do que non se pode escribir. Que siga la fiesta.Asi a crise e mais levadeira.

Algunhas persoas aún creen

Algunhas persoas aún creen que o Alcalde debe de traballar gratis cando só por aguantar a oposición que ten, tiña que cobrar moitísimo máis! Seguro que o PSOE ou o BNG traballaban gratis ( coma este señor fixo fai moitos anos), seguro que eles non cobraban dietas en TRES anos, seguro que se rebaixaban o soldo un 10%. Segurísimo que sí, non temos dúbida do que farían no suposto e improbable caso de que ocuparan ese posto.

Tranquilo/a... agora por

Tranquilo/a... agora por desgraza non poden entrar no poder porque hai moitas artimañas para gañar votos dun modo non moi lícito e claro... gañar de forma limpa contra os que xogan sucio está complicado... pero bueno, ó mellor cando cheguen non hai quen os bote do do cargo porque se verá quen sirve e quen non...

A verdade é que Don Cipriano

A verdade é que Don Cipriano é o mellor... o mellor para lucrarse de algo que por unha vez na vida (e por suposto seguramente sen que sirva de precedente) fixo ben... ademais para o que fai por Boborás o ideal era que xa nin cobrara... porque... non é que o salario dun traballador vai acorde co seu traballo e productividade?? Pois entón no seu caso creo que xa se están despilfarrando bastantes cartos... Conséguíchelo Sr. Alcalde... si señor... populismo puro e duro e por riba a xente apóiate... bendita ignorancia dos que lle cambian unha peseta por un euro e por riba quedan satisfeitos... Así está Boborás "mellorando" despois de cada elección!!!

Son unha veciña do Carballiño

Son unha veciña do Carballiño e xa me gustaría que aquí tuveramos un alcalde como este señor. O cal merece todo o meu respeto, de feito é o primeiro político que o ten.

Como leín nalgún comentario

Como leín nalgún comentario anterior Cipriano Presidente!!! Eres o mellor!!!

Claro que si! Cobra as

Claro que si! Cobra as dietas!!! Aún terán algo que dicir porque as cobras e si non as cobras tamén. Unha cousa é os políticos que cobran o que non lle corresponde, que van en coches de compañeiros todos xuntos, pero é algo que che corresponde, asi que non fagas o parvo. Que propoñas medidas de aforro,non significa que ti perdas cartos e que pagues dos teus cartos o que non tes que pagar. Que 3 anos sen cobrar son moitos anos!

Estou compretamente

Estou compretamente sorprendido coas cousas que fai o Cipriano...Propón unha moción para evitar o despilfarro económico da administración pública propoñendo non sei cantas medidas de aforro e agora vai e pide con efecto retroactivo que se lle pagen as dietas...¡¡¡Menudo xeito de predicar a austeridade!!!. Cipriano teña humildade e un mínimo de educación coa oposición que para algo fixestes carreira.

Esta noticia, de que o

Esta noticia, de que o Alcalde leva dende o 2007 sen cobrar dietas debería de estar nas páxinas dos xornais ó lado das dietas que cobra Laura Seara. Nestes tempos nos que a clase política nos ten acostumados a ver como todos miran para o seu bolsillo, este é un gran titular. Un Alcalde que non cobra dietas e que se reduce o salario. Sí, señor!

Este señor é digno de

Este señor é digno de admirar. Dende o 2007 que se sepa sen cobrar as dietas! Pagando do seu bolsillo o que non ten que pagar. Cantos políticos tiñan que seguir o seu exemplo! De cando en vez un político sorpréndenos gratamente.

Cipriano cobra as dietas, é

Cipriano cobra as dietas, é algo que che corresponde. Non sexas tonto. Ninguén fai eso, de feito a maioría seguro que cobra de máis e vas ti e non as cobras!!! Se outros ocuparan o teu lugar seguro que as inflaban. Critícante polo soldo, pero non che felicitan cando o rebaixas un 10%, e agora que se enteran de que polo menos nos últimos 3 anos non cobraches nada ¿din algo favorable? Non. Seguiran a criticar todo canto fagas, que esté ben é o de menos. A oposición so quere atacar aún cando estén faltos de razón. Así que cobra o que é teu!

Moi ben!!! Aquí temos un

Moi ben!!! Aquí temos un exemplo de honestidade. Un político que non cobra dietas, que se rebaixa o seu soldo e que planteza unha reforma económica que afecta a políticos. A uns lles gustara este señor e a outros non, pero que todos os políticos da cor que sexan que tomen exemplo POR FAVOR. Xente así é a que necesita este País. Xente honrada e honesta.

Uns cobran dietas que non lle

Uns cobran dietas que non lle corresponden e outro, como é o noso Alcalde ( que non creo que haxa moitos así de honrados) non as cobra. E claro, vai a oposición ( Pensa o ladrón que todos son da súa condición) e dase cun palmo de narices o enterarse.

Habría que ver a cara que se

Habría que ver a cara que se lle quedou a oposición cando despoi de ir a preguntar polas dietas do Alcalde encóntrase con que non cobrou ningunha nos últimos anos!! Eso si que non se o esperaban, claro! eles non o farían.

¡Esto xa é o colmo!!!! ¿Xogo

¡Esto xa é o colmo!!!! ¿Xogo democrático? ¿Oposición violenta? ¿Falta de saber estar? O que hai que ver e oír... Non sei se es ou non Cipriano (eu dende logo non o vou facer suposicións a diferencia deste individuo/a) pero dende logo o que si quero confirmar é que cada día os "pepeístas" sorpréndenme máis (e non precisamente para ben)... podo consentir que se den eses aires de supremacía e prepotencia que se dán, podo comprender que o poder se lles suba a cabeza despois de tantos anos ó cargo da alcaldía de Boborás, nos que, dende a miña humilde opinión, a maioría da xente vota coa man no bosillo máis que coa cabeza, podo calarme e tragarme as artimañas das que teño constancia para gañar votos, pero o que xa non podo aguantar é que esta persoa trate á oposición con ese despotismo e con eses aires de superioridade. O outro día escoitei na radio un fragmento do último pleno deste concello e pareceume indignante como o Sr. Cipriano tratou ós concelleiros do PSOE e do BNG e especialmente como tratou ó concelleiro nacionalista Manuel González, ó que, ademais de negarlle a palabra e incluso dicir textualmente que o escoitaría se lle daba a gaña, o tratou dun modo totalmente irrespetuoso e prepotente e incluso se mofou del co seu típico sarcasmo barato cando o entrevistaron nese mesmo programa. Non sei cales foron os motivos deste concelleiro para abandoar o salón de plenos nin tampouco me interesan porque, en todo caso, é algo que terá que aclarar o propio concelleiro pero dende logo eu tamén me marcharía tendo como presidente desta unha persoa tan maleducada e tan soez que nin sequera é capaz de escoitar as distintas opinións dos que coma el forman a autoridade que nós mesmos eleximos para que nos representasen... Non son unha persoa que a priori me sinta identificada por unha ou outra liña política, non obstante, neste concello basta con coñecer ás persoas para ver quen merece ou non a pena tanto persoal como politicamente e creo que neste tipo de altercados se confirman todas as miñas suposicións. Quero mandarlle todo o meu apoio á oposición do meu concello e pedirlle que sigan loitando contra a dictadura que parece que Cipriano quere instaurar en Boborás e ó noso "gran" alcalde decirlle ante todo que aprenda un chisco de EDUCACIÓN e de MODAIS, de RESPECTO e sobre todo de HUMILDADE, que parece que ultimamente lle escasean máis do que xa nos ten acostumados normalmente...

Ia comentarlle algo o

Ia comentarlle algo o Sr.alclde de Boborás,pero nin me atrevo, mellor non falo nada,e menos despoís do que aconteceo no último pleno,será mellor deixar que faga o que queira,non sexa que me "expulse" do concello de Boborás. Voulle contar un conto: Nun país moi lonxano vivía un rei que a onde ia vía que toda a xente camiñaba de cabeza para abaixo,e chamáballes tontos.Un día deuse de morros e deuse de conta que o que andaba o revés era él.