
O alcalde de San Amaro anuncia en "A Mañá de Cope" a próxima apertura do Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de Galicia
(Redacción. Rocío Campos) "A Mañá de Cope" desprazouse ata o concello de San Amaro para celebrar a festividade do Carme cos seus veciños. Despois do día festivo de San Mauro a vila segue coas celebracións do Carme e da Festa da Cabra no pobo de Anllo o vindeiro domingo 18 de xullo. Por el pasaron numerosos invitados que mostraron a realidade do concello e das diversas actividades que teñen e que van ter lugar nos meses estivais e os proxectos que están pendentes. Elena, integrante da comisión de festas de San Amaro, manifestouse moi contenta co traballo realizado aínda que estar detrás dunha comisión conleva un gran esforzo, por eso agradecía a colaboración de tódolos veciños. Elena presentábanos o cartel das festas que comezaron o xoves día 15 coa festividade de San Mauro e cunha verbena a cargo das orquestras Monumental e Nafta e que continuaban hoxe coa festividade do Carme e cunha verbena a cargo dun dúo e da orquestra Copacabana. Pero por se fora pouco, a festa rematará o sábado cunha gran sardiñada para todos. Tamén nos explicaba que o San Mauro non so se celebra no verán, senón tamén durante o inverno no mes de xaneiro.
Outra das convidadas foi Marisol, a secretaria da Asociación cultural Lansbricae, que manifestou a súa alegría pola boa acollida da xente do pobo. Marisol emigrante retornada a San Amaro dende hai un ano considera ser unha privilexiada por vivir nun concello que está "estupendamente bien situado" e onde "los servicios están muy bien", donde o único problema é o fallo da cobertura nos móbiles e internet. Lansbricae conta cunha historia moi recente, posto que fai un ano se fundou por iniciativa dun grupo de amigos, pero xa leva realizadas unhas cantas actividades como o carnaval, o mercadillo e as festas. Grazas ó alcalde, dende este ano, contan con oficinas propias situadas na antiga casa do médico. Entre as próximas actividades previstas pola asociación destaca a viaxe a Santiago de Compostela debido ó ano Xacobeo 2010.
Este vindeiro domingo día 18, o pobo de Anllo celebra a III edición da Festa da Cabra. Rosa e María son dúas das organizadoras e das cociñeiras que se encargarán de preparar a exquisita carne de cabrá nas súas dúas especialidades, guisada e cocida, que se repartirán na festa. Son 100 os anos de historia que ten a receita de preparación da carne de cabra guisada e que foi pasada de xeración en xeración. Para acudir a esta festa gastronómica é preciso contar cuns tickets individuais para cada plato, xa que non so se preparará carne de cabra senón tamén carne ó caldeiro e pulpo á feira. A festa estará amenizada por un grupo de gaitas, un dúo musical e a charanga "Os Centellas". Durante todo o día terá lugar unha exposición e venda de cabras e ó final da celebración o sorteo dunha cabra. A organización da festa espera superar as 600 persoas que tiveron ocasión de acudir o ano pasado.
Na "Mañá de Cope O Carballiño" acompañounos tamén o alcalde do concello, Ernesto Pérez, que manifestou a súa alegría pola implicación da xente neste tipo de actividades, confirmando que se trata dun "concello moi festeiro" O alcalde tamén falou dos futuros proxectos que se levarán a cabo no concello nos vindeiros meses. Un deles o Centro de Interpretación de Cultura Castrexa, o cal vai ser unha das locomotoras económicas desta comarca debido á importancia que ten o turismo hoxe en día. Os prazos do proxecto estanse cumprindo, neste caso co proxecto museolóxico que trata de dotar do mobiliario necesario ó centro que contará cunha tecnoloxía moi avanzada. Ernesto Pérez confirmaba a inauguración do centro para os meses de outubro ou novembro e o seu funcionamento para o un de xaneiro. As obras arqueolóxicas de investigación no castro de San Cibrao de Lás comezarán o día vinte de xullo, ás que se unirán as obras de urbanización do entorno do Centro de Cultura Castrexa. A partires do un de agosto haberá guías instalados para facilitar as visitas dos interesados. O alcalde tamén falou dos problemas de cobertura móbil e acceso a internet que se atopan na zona e que serán solventados grazas á tecnoloxía WIMAX . Esta mesma semana a empresa Iberbanda resultou adxudicataria da concesión por parte da deputación deste proxecto que vai comezar a dar servizos de maneira inmediata.
- Engadir novo comentario.
Versión para impresión- 1569 lecturas

Enquisa
O Máis
- O Grupo de Goberno de Boborás refusou posicionarse contra a incineradora
- Os Socialistas denuncian a "falta de seguridade vial" no centro do Carballiño
- Cepsa instalará unha planta de envasado de gas en Maside
- O Alcalde do Irixo asegura que non se contemplan outras posibles ubicacións para a incineradora
- Cipriano Caamaño en COPE "a manifestación foi un auténtico fracaso"
- O Alcalde do Irixo recibíu aos veciños que se opoñen á incineradora
- En qué país vivimos ?
- Coches en la calle Perfectino Viétez
- Outro abuso do Concello ós veciños
- Un proxecto ambicioso para o entorno da Veracruz
- Cepsa instalará unha planta de envasado de gas en Maside
- "AIMAS" en Maside e "MOVE BOBORÁS" en Boborás caldean o ambiente pre-electoral
- Caamaño e Trigás retanse con ir ó xulgado, mentres o BNG pide a intervención do Consello de Contas
- Un Concelleiro do PP de Boborás promove un partido político de ámbito local
- Argimiro Marnotes Fernández gobernará O Carballiño con maioria absoluta
- O Alcalde de Boborás destina o diñeiro do antroido para necesidades básicas "porque non estamos para mascaradas"
- Cipriano Caamaño sobre Move Boborás " unhos enfurecidos e desorientados, que ensuciaron esta campaña electoral "
- O Alcalde de Boborás recibe na Corporación Municipal á súa esposa, Maria del Carmen Cives
- O PP de Boborás propón que se rebaixen os salarios a políticos e funcionarios e se retire o plus dos altos cargos, entre outras medidas, para enfrontarse á crise
- Os Socialistas de Punxín rexeitan ó candidato oficial, e en Beariz o partido non atopa candidato
Outras Novas
- Rosa Díez en COPE: Saludo las reformas de Rajoy pero "quiero ver lo que luego escribe en el BOE"
- Sanz (PP andaluz) en COPE: "La Junta ha vuelto a mentir" sobre los EREs
- Pajín: "Le doy mi verdadero sueldo de un mes a aquellos que demuestren que cobro o cobré tres sueldos"
- La izquierda y el PNV se niegan a participar en el homenaje a Fraga en el Senado
- El Gobierno anuncia reformas para "devolver al Senado el respeto"
- La Federación Española de Tenis denunciará a Canal Plus Francia
- Bizkaia y Real Madrid se la juegan en un partido de alto voltaje
- Noche de triunfos para Ibaka y Ricky Rubio
- Sor Serafina, la monja presidenta: "Las salidas de tono de Mourinho no son de su categoría"
- Alguersuari, en 'El Partido de las 12': "Estoy hablando con un equipo que no puedo desvelar"
- Santorum se impone el caucus de Colorado
- EE.UU. ratifica su política de bloqueo hacia Cuba en su cincuenta aniversario
- Al Assad, dispuesto a un "diálogo nacional" con la oposición
- Un tribunal de Milán procesa a Berlusconi por desvelar información privilegiada
- Diputados egipcios amenazan con una huelga de hambre si sigue la represión a manifestantes


Comentarios
Non sei como iste señor e
Pois non sei se pasa ou non
Ollo co que se fala, o Castro
Tu lo que tienes es que