O Arenteiro despide a primeira volta con victoria en Marín e achegandose ós postos de ascenso

11 Jan 2010
Non saen as contas, cós números da primeira volta non chegan. O Arenteiro cumplíu na súa ultima visita e derradeira xornada da primeira volta do campionato, gañando en Marín 2-3, pero despide a primeira parte do torneo ligueiro con 34 puntos. Outros tantos na segunda volta serían 68, insuficientes. Agora mesmo, o Arenteiro está a 4 puntos do líder Choco e a dous de Estradense e O Porriño, os tres equipos que temos por diante. E só os dous primeiros ascenden á terceira división. Asi que con estos números na segunda volta, as matemáticas non fallan, estariámos fora dos postos de ascenso. A única solución posible é mellorar a estadiística na segunda volta. Dos 57 puntos en xogo, como mínimo habería que sumar 40, seis maís que nesta primeira volta, 74 puntos serían suficientes para asegurar cando menos o segundo posto, sempre e cando os demáis aspirantes sigan nos mesmos números da primeira volta, porque senón incluso cumpriría algún puntiño maís para amarrar o ascenso. A vindeira xornada, primeira da segunda volta en Eiroás e ante o Covadonga comeza a conta atrás.

Comentarios

o partido co Covadonga é o

o partido co Covadonga é o sábado ¿non?

si o sabado as 16:15 en

si o sabado as 16:15 en eiroas.

E como quedaron os do fútbol

E como quedaron os do fútbol sala...que xogaban hoxe??. Carril actualiza a páxina de vez en cando...

AHI VOLVEN AS CONTAS DA

AHI VOLVEN AS CONTAS DA LEITEIRA, E SE XUPITER SE CONXUNTA CON URANO NA SEGUNDA SEMANA DE FEBREIRO AS POSIBILIDADES AUMENTAN EXPONENCIALMENTE. XA DEBERIAMOS DE SABER QUE AS SEGUNDAS VOLTAS TEÑEN POUCO QUE VER COAS PRIMEIRAS E ESTE TIPO DE PROXECCIONS MATEMATICAS CASE NUNCA SE CUMPLEN, NIN PARA BEN NIN PARA MAL. O IMPORTANTE E QUE O ARENTEIRO ESTA A DOUS PUNTOS DO ASCENSO DIRECTO E A POUCO QUE SE MELLOREN AS PRESTACIONS SOBRE TODO TENDO EN CONTA QUE DURANTE A PRIMEIRA VOLTA AS LESIONS CEBARONSE CO EQUIPO DE XEITO SALVAXE IMOS ESTAR NA PELEXA ATA O FINAL. FORZA ARENTEIRO¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

En fin...duas victorias

En fin...duas victorias importantísimas e seguidas, pero a xente parec empeñada en criticar e critaicar e criticar. Espero q o equipo siga co traballo amosado e si hai algo d sorte estaremos seguro na pelea nas derradeiras xornadas de liga, ainda q parece q algunhos desexan o batacazo xa...

Que enganado está o que fixo

Que enganado está o que fixo esta crónica facendo estas contas, o Arenteiro non vai subir, ideo asumindo cantos antes mellor, é un equipo ramplón, sen ideas, e moi endeble en defensa. Xa veredes canto tempo tarde en desinflarse o globo...

PARECE QUE ESTE COMENTARIO É

PARECE QUE ESTE COMENTARIO É MAIS UN DESEXO QUE UN PRONÓSTICO........................................¡¡¡¡¡¡¡

Si un desexo dun socio de fai

Si un desexo dun socio de fai máis de 20 anos..., o que hai é que ser realistas...pero de verdade alguén cree que co equipo que temos podemos ascender?...non hai que ser moi entendidos para saber iso...non xogamos a nada, en defensa somos un coladeiro...e non sigo.

Pero home, haberá que ser

Pero home, haberá que ser optimistas, que para cambear de opinión sempre haberá tempo. Ademáis non estou para nada contigo que este equipo sexa tan ramplón como dís, foi o mellor da categoria -e con diferencia- a domicilio durante a primeria volta, logo non será tan malo coma ti diís, hai que ser un pouquiño máis obxetivo. Cando toca ser críticos hai que selo, eu o primeiro, e cando toca trasnmitir un chisco de optimisimo non creo que estea fora de lugar. Agora é o momento.