O BNG demanda a creación dun tren de cercanías entre as comarcas do Carballiño, O Ribeiro e Ourense

7 Jun 2010
Amil, con Bouza e Cabanelas
O Grupo municipal do BNG defenderá no próximo pleno que celebre a Corporción do Carballiño unha moción de apoio á proposta que os nacionalistas veñen de formalizar por medio do Senador Xosé Manuel Pérez Bouza, demandando a posta en marcha dun tren de próximidade entre as comarcas do Carballiño e o Ribeiro coa cidade de Ourense. Pérez Bouza e o portavoz do BNG no Concello Carballiñés, Manuel Amil, incidiron na necesidade de colaboración entre as distintas administracións, local, autonómica e estatal, para crear un servizo púlbico de transporte de viaxeiros como o que se prretende. Entende o BNG que o custe de creación desta liña de ferrocarril de cercanías non sería moi alto, xa que aproveitaría as vias e infraestructuras que logo quedarán en desuso, a partir do ano 2015 coa chegada do AVE. O novo servizo, comunicaría Ribadavia e O Carballiño con Ourense, onde completaría un percorrido con varias paradas, entre as que estarían a estación intermodal da Ponte, o campus universitario, a estación de San Francisco e o complexo hospitalario, e tería aínda continuidade atá a zona industrial de San Cibrao e O Pereiro. Na moción que o BNG trasladará á Corporación do Carballiño, solicítase o acordo plenario para instar, tanto ó Ministerio de Fomento como á Xunta de Galicia, para que poñan en marcha os mecanismos necesarios cara a creación e posta en marcha deste tren de cercanías. No Senado, o Bloque xa demandou do Ministerio de Fomento unha partida orzamentaria dun millón de euros con cargo ós orzamentos xerais do Estado de 2011 para iniciar o estudio informativo e de viabiliade deste proxecto.

Comentarios

É unha proposta a de Amil o

É unha proposta a de Amil o do tren de cercanias por que posibilita unha mayor flexibilidade e comodidade nos desprazamentos do Carballiño -Ourense. E cantos maís idas e voltas dos trenes haxa mellor porque te evita estar en ourense toda tarde sen facer nada.E o Argimiro e o PP non lle interesa esto solo lle interesa botarlle en cara o se Sr Amil porque foma parte de un goberno de coalicción.

ESTOS DO BNG CÓ AMIL A

ESTOS DO BNG CÓ AMIL A CABEZA,ESTÁN.....PERDIDOS,FAI TEMPO QUE ´´ó que nunca pactaria co psoe,soamente para ser alcalde´´é CARNE DE CAÑÓN......e si,si,querido AMIL,ó día no que decidiches pactar co psg de CARBALLIÑO,é triste decilo,pero endexamais serás ALCALDE deste ingobernable pobo,a min como votante teu xa non me tes,e ó peor de todo......ou incluso é mellor,acabas de porlle en bandexa a alcadia o MARNOTES en bandexa......como se di no futbol´Ó AMIL CENTRA DENDE A BANDA E O MARNOTES COMO OS DIANTEIROS A VELLA USANZA,ENCHUFANNA PA DENTRO. AMIL ERES UNHA DECEPCIÓN.......

Bueno, bueno... imos ver,

Bueno, bueno... imos ver, parece que agora Ami é o culpable de todos os males do Carballiño...e eso tampouco me parece xusto. Amil é unha persoa dialogante, aberta, humilde e honesta, e non sei xa se éstas son virtudes ou defectos para ser un bó político. Ten o meu aprecio porque me consta que lle quere Ó Carballiño e non se move exclusivamente por intereses persoais como fan outras calañas políticas que deu esta comarca e que utilizaron O Carballiño para medrar políticamente e patrimonialmente, e Amil non está precisamente entre eses. ¿que se equivocou pactando este co-goberno? posiblemente, pero todos cometemos erros. Dahí a decir que o error é poñerlle a alcadia en bandexa a Marnotes, eso xa se verá en menos dun ano...

Ten vostede razón cando di,

Ten vostede razón cando di, eu alomenos penso así, que non ten o sr. Amil a culpa de todolos males deste pobo. Que o sr. Amil é dialogante pois si que é certo, aberto tamén, humilde...pois pode que si, pero o de honesto.....despois de haber prometido, asegurado e non asumir a súa responsabilidade política...pois que quere que lle diga! E tamén certo que outros políticos utilizaron O Carballliño para lanzarse politica e persoalmente, pero non me diga vostede que o Sr. Amil non o fixo, senon ainda estaría dando clase no instituto de Señorin. En canto o que pase nas vindeiras municipais pois claro que se verá, e eu, que fun votante do BNG, espero que sexa desta volta o Partido Popular o que as gañe. Que o teñen dificil, pois si, é verdade, pero o que teño moi claro é que tanto os do PSOE durante moitos anos, como os do BNG na súa compaña estes últimos meses, levaron este noso Concello a ruina total. O BNG municipal non se equivocou, fixo unha elección voluntariamente, en asamblea. A saber o que pretendían e o que ainda pretenden.

A boas horas chegan estes

A boas horas chegan estes reivindicando o que se ven pedindo dende outros ámbitos! pero que pensan? A que xogan? Cando o solicitaron outrons en ningún momento apoiaron a iniciativa, e agora que pretenden sumar para as municipais? estansevos a ver as plumas galiniñas