O camping municipal "Arenteiro" abre a tempada incorporando as vivendas vacacionais entre os seus servizos

30 Apr 2010
Palloza no camping municipal
A mairoría de concelleiras e concelleiros dos tres grupos políticos que integran a corporación do Carballiño -poucos fallaron á cita- protagonizaron a enésima presentación do camping muncipal "Arenteiro". Desta vez, para anunciar a apertura da tempada 2010, prevista para esta primeira fin de semana do mes de maio, data teórica para o inicio da actividade nestas instalacións muncipais e a chegada dos primeiros campistas. Entre a actuacións de mellora que se levaron a cabo últimamente, atópanse as reformas das que foron obxeto as vivendas vacacionais "Pallozas do Arenteiro", sitas na parte máis próxima á chamada "Pena dos Namorados", dentro do conxunto etnográfico do río Arenteiro. Construídas a imitación das antiquísimas pallozas, de planta circular e teito cónico, estas vivendas vacacionais foron obxeto recentemente de diversas melloras para adaptálas á normativa deste tipo de instalacións, con actuacións que consistiron no aillamento térmico, mellora dos sistemas eléctrico e de seguridade, e instalación de antenas de tv e televisores LCD. Ademáis, por medio do Plan E acometeronse outras obras no resto das instalacións do camping, como a construcción de bocas de incendio e máis torres de instalación eléctrica, novo abastecemento con caudal suficiente para un servizo de calidade, e instalación dun depósito para a evacuación e tratamento das augas residuais para as autocaravanas, servizos dos que estas instalacións muncipais carecían atá o de agora. O Alcalde Carlos Montes, manifestou no transcurso desta nova presentación do camping muncipal que "a partir de agora O Carballiño e Comarca recibirán un novo pulo no seu desenvolvemento turístico, exemplo de modelo sostible e de promoción turística da nosa vila".

Comentarios

Algúns pensan que o camping

Algúns pensan que o camping debe ser como un Hotel NH

Cantas veces van xa que se

Cantas veces van xa que se pon a funcionar o camping nestes 3 últimos anos?E aquel xerente que se contratara onde anda? Vou decir que estes elementos todos do grupo de goberno son uns trapalleiros por non decir que son uns cara duras. Onde van todos as partidas orzamentarias que supostamente se invertiron no camping? Neste pobo temos o que nos merecemos, unha vila que da pena mirar para ela co mal coidada que está, con moi poucos servizos e poucos atractivos. Eso si, temos pallozas! Veña logo, imos presumir delas para sacarlle un "novo pulo no desenvolvemento turístico". Pero que parbos somos!

Quen lle sacaría moito

Quen lle sacaría moito partido sería dona Antoñita a Fantásmica se fose a concelleira de campings e bungalows, veña inauguracións, veña presentacións, veña fotos e roldas de prensa, veña reformas e voltamos a comezar. Mamaciña, esto é digno de ver para poder crelo.

O que hay que saber e tamén

O que hay que saber e tamén o que lles gusta ver as cousas feitas e tirar do carro e non os de sempre que están en contra de todo o bo que se faga na vila, alguns tiñades que vivir na inclusa, o mellor tamén lle falta un aeropuerto

O que hai que saber tamen e

O que hai que saber tamen e si cumplen cas normativas de acesibilidade e adaptacion para persoas con discapacidade fisica. xa que coa mesma ainda teñen que facer outras reformiñas madre miña o conto de nunca acabar.

Queren decir que despois de

Queren decir que despois de todo o que levan invertido neste camping, non había bocas de incendio, nin torres suficientes de instalación eléctrica, nin un decente abastecemento de agua e nin siquera un depósito para augas residuais, pero ¿que fixeron cos cartos que invertiron nel?, ¿están enterrados para poder xogar a "caza do tesouro"?. Miña naiciña querida, cada día estou máis alucinado do que pasa por estas terras. E por riba teñen o morro de decir que estanas adaptando á normativa, pero si non valían para nada, estaban deterioradas, non só pola deixadez dos gobernantes, senon tamén pola calidade da construcción. Ay, mamaciña querida!, qué lles pasará dentro dun mes...

pues no se donde te

pues no se donde te informaste tú pero yo, que me gusta ir de acampada, si estuve ya en el camping y , la verdad, quedó muy bien, no son necesarias más reformas, tiene depósitos para residuales, localizaciones y puntos de toma de red eléctrica... pero claro yo se todo esto porque estuve en el camping, me interese por ir, no me fio solo de lo que dicen algunos

Só teñes que ver o

Só teñes que ver o investimento que se fixo, é decir, os gastos correntes e de inversión ó longo destes anos, e comprobarás que tiveron que facer máis que números e apurar no último momento para poder inauguralo. E decir, aínda que está moi ben que foras, deberías velo cando estaba todo case en estado ruinoso e sen apenas servizos, polo que antes de acusar da ignorancia dalgúns, TI si deberías informarte.

ti o que eres e unha

ti o que eres e unha resentida

Non é que me importe moito,

Non é que me importe moito, pero de estar estaría resentido, porque polo momento non mudei de sexo. O problema de fondo que eu quero reseñar, é que á hora de facer un proxecto, haberá que contemplar tódolos servizos e obras que son necesarios para poder acadalo, e non, esperar cada x tempo para seguir invertindo e facendo obras porque no se proxectou ou non se contou con éstas. ¿Entendes o que quero decir? Só é ter un pouco de sesera e aplicar o que faríamos para nós en particular. E por último, aclararche que non teño nin hostilidade, nin rancor hacia alguén que poidera estar implicado neste proxecto, porque o único que me move a escribir é o do sentidiño común á hora de gastar os cartos de todos; espero que che quede clariño. Saúdos.