O Carballiño demanda a creación dunha segunda escola infantil

29, Xuño 2009

A petición foi presentada persoalmente á Conselleira de Traballo e Benestar pola Concelleira carballiñesa de servizos sociais, Asunción Rivero, como unha necesiddade para O Carballiño a curto prazo e toda vez que as prazas existentes están xa cubertas para a que iniciará a súa actividade no vindeiro mes de xullo. A Concelleira recordou que a matricula para esta escola Infantil, antes chamada galescola, está aínda aberta atá o dia 10 de xullo, e se non se producen atrancos, procederíase xa a súa apertura no mesmo mes. Trátase dun servizo público de gardeiría infantil para cativos entre cero e tres anos, que se ubicará en dependencias do edificio do colexio Calvo Sotelo do Carballiño.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Asunción Rivero, Concelleira de Servizos Sociais