O colectivo de pais defensores da xornada única no Calvo Sotelo retoma as accións de protesta

2, Febreiro 2010

Decepcionados tras a reunión que mantiveron esta mañá na Delegación de Educación en Ourense, e na que se lle comunicou por parte das autoridades educativas a imposiblidade de facer cámbeos no servizo de transporte escolar, os pais e nais de alumnos partidarios da implantación da xornada única no Colexio Calvo Sotelo anuncian novas medidas de presión para esta semana, concretamente para os vindeiros mércores, xoves e venres, os seus fillos non asitirán a clases. O colectivo de pais que defende un novo horario escolar, en xornada continuada, non acepta ás explicacións dadas polos responsables da Consellería de Eduacción, que insisten no informe desfavorable da Unidade Técnica do Transporte Escolar, ó entender que os cámbeos elevarían os costes do servizo, e afectarían o resto dos centros de ensinanza do Carballiño que tamén dispoñen de transporte escolar. Os pais optan agora novamente polas accións de presión e protesta, e en defensa do que consideran é os seu dereito irrenunciable a votar a xornada única. Ademaís, convocan unha manifestación para o vindeiro domingo ás 12,30 da mañá na praza maior do Carballiño.