O Concelleiro do PSdG esixe a dimisión do alcalde de Cea pola súa imputación

12, Marzo 2014

"Se resultan certos os documentos que o xefe da empresa 5 Jotas presentou nun xulgado de Vigo" confirmase que todo foi unha montaxe política do alcalde de Cea e do PP de Ourense en beneficio propio", afirma o concelleiro socialista Guillermo Dopazo.

O rexedor municipal, José Luis Valladares, deberá pasar polo xulgado nº 1 do Carballiño no vindeiro mes de abril, para prestar declaración como imputado nun presunto delito de suborno, do que foi acusado por José Manuel Costas, o empresario do fallido proxecto industrial que ía a situarse en Cea e que está procesado por un delito de fraude fiscal. Valladares negara, no seu dia, todas as acusacións e anunciara a presentación dunha querela, despois de transcender que o citado empresario manifestara que o alcalde lle pedira "diñeiro negro" para escriturar a nome da empresa os terreos do parque empresarial do Fonde de Cea.

Os socialistas esixen explicacións por parte do Partido Popular e consideran que "estamos ante una caso gravísimo de corrupción política, que supón a dimisión inmediata do alcalde e do secratario do concello".