
O concelleiro do Psoe, Edelmiro Mateo, denuncia no xulgado ó concelleiro do Bng, Bernardo García, por unhas declaracións en Cope O Carballiño
O Concelleiro do Bng Bernardo García deberá acudir nos vindeiros dias ó xulgado do Carballiño, ó acto de conciliación ó que foi requerido polo tamén concelleiro da Corporación Carballiñesa Edelmiro Mateo, do Psoe, e titular do departamento muncipal de obras do Concello do Carballiño. O acto de conciliación é o trámite que prevé a lei de enxuizamento criminal no proceso para presentar un querella por inxurias e calumnias. Neste caso, o motivo que levou o concelleiro socialista a presentar esta denuncia no xulgado foron unhas manifestaciós do concelleiro do bloque no programa "A Mañá de Cope O Carballiño", o pasado 28 de abril, nas que criticou a xestión de Mateo como responsable de obras do Concello carballiñés.Ese dia, Bernardo García acompañara os veciños da rúa río Avia, solicitando que se restablecese a legalidade urbanística nesta rúa, na que a construcción ilegal dun muro impedía o paso. Despois, na súa interveción radiofónica, Bernardo García comentou que era " un capítulo máis desta película á que nos tén acostumados Edelmiro Mateo o chapuzas de Ventosa" e referirase a outras polémicas urbanísticas no Carballiño, das que fixo responsable ó concelleiro de obras, facendo un paralelismo entre Marbella e O Carballiño en cuestión de ilegalidades urbanísticas. Son precisamente estas dúas referencias as que menciona o concelleiro socialista no escrito do acto de conciliación, pedindo que Bernardo García rectifique as súas palabras, e solicitando unha indemnización simbólica de 1 euro.
A principios deste mes de maio, e por este mesmo motivo que agora chega o xulgado, ambos concelleiros protagonizaron un sonoro incidente verbal nas dependencias municipais, que pudo oírse en boa parte da casa do concello, cando o concelleiro socialista lle recriminou ó do bng a súa intervención radiofónica, na que Bernardo García afrimara que "este señor está acostumado a facer un pandeiro do Concello".
Desde o Bng, a decisión de Edelmiro Mateo de levar este asunto ó xulgado causou perplexidade, xa que senta un precedente de xudicialización da vida política no Concello do Carballiño. E é que, efectivamente, é a primeira vez que unha liorta política destas características se vai debatir en sede xudicial.
- Engadir novo comentario.
Versión para impresión- 2019 lecturas

Enquisa
O Máis
- O Alcalde do Irixo asegura que non se contemplan outras posibles ubicacións para a incineradora
- A incineradora do Irixo en Bruselas polo BNG
- Cipriano Caamaño en COPE "a manifestación foi un auténtico fracaso"
- Argimiro Marnotes en COPE "nunca me verán a min en ningunha manifestación na que estea Pachi Vázquez"
- Cepsa instalará unha planta de envasado de gas en Maside
- A rúa dos canteiros
- 2.500 persoas manifestanse no Irixo contra a incineradora
- Mis felicitaciones al Concello de Maside
- O Carballiño e Cea acollen a fase final de seleccións de fútbol- sala base
- Sobre o debate da incineradora do Irixo en Telemiño
- Cepsa instalará unha planta de envasado de gas en Maside
- "AIMAS" en Maside e "MOVE BOBORÁS" en Boborás caldean o ambiente pre-electoral
- Caamaño e Trigás retanse con ir ó xulgado, mentres o BNG pide a intervención do Consello de Contas
- Un Concelleiro do PP de Boborás promove un partido político de ámbito local
- Argimiro Marnotes Fernández gobernará O Carballiño con maioria absoluta
- O Alcalde de Boborás destina o diñeiro do antroido para necesidades básicas "porque non estamos para mascaradas"
- Cipriano Caamaño sobre Move Boborás " unhos enfurecidos e desorientados, que ensuciaron esta campaña electoral "
- O Alcalde de Boborás recibe na Corporación Municipal á súa esposa, Maria del Carmen Cives
- O PP de Boborás propón que se rebaixen os salarios a políticos e funcionarios e se retire o plus dos altos cargos, entre outras medidas, para enfrontarse á crise
- Os Socialistas de Punxín rexeitan ó candidato oficial, e en Beariz o partido non atopa candidato
Outras Novas
- El PP felicita a Alfredo Pérez Rubalcaba y a toda la familia del PSOE
- Rajoy rinde homenaje a Fraga, "uno de los grandes hombres del último siglo"
- Rubalcaba, nuevo secretario general del PSOE
- Iglesias en “Mediodía COPE” ha dicho que se hará una ejecutiva en dónde estén más unidos
- El PP contesta a Urkullu: las agencias de calificación no necesitan "argumentos"
- El Arsenal se gusta ante el Blackburn (7-1)
- El Atleti, soñando con la Champions
- Falcao: "Necesitábamos una persona como Simeone"
- Sigue la Liga, en directo: Levante, 1 - Racing, 0 Athletic, 1 - Espanyol, 1 Mallorca, 1 - Betis, 0
- Casillas pide a la LFP adelantar los horarios de los partidos por el frío
- Aumentan a 11 los fallecidos y a 2.532 los heridos en los choques en Egipto
- España apoya una resolución de la ONU contra el régimen sirio afín a la postura de la Liga Árabe
- Miles de personas se manifiestan en Rusia a favor y en contra de Putin
- La ola de frío se ha cobrado ya la vida de 122 personas en Ucrania
- Margallo garantizará a Clinton que España será un socio "serio y fiable"


Comentarios
BERNARDO MENTIROSO, QUE TE
Estorbarache a ti, porque
Caña caña caña BERNARDO
quiero suponer que las
Un 10 para Bernardo, e o
O bloque a lexislatura pasada
Cada uno tiene todo su
Estoy que flipo con las
Todo o apoio ó Bernardo que
Esto solo pasa no Carballiño,
Ánimo Bernardo!!, estes
Tranquilo Bernardo que o euro