O Concello do Carballiño aprobou a solicitude dun préstamo para pagar 831 facturas a 168 proveedores

2 Jul 2009
Cos votos favorables de Psoe e Bng, e abstención do Partido Popular, A Corporaciòn Municipal do Carballiño aprobou esta mañá o recoñecento extraxudicial de facturas, esto é, recoñecento de facturas que o Concello do Carballiño ten pendientes de pago anteriores ó cerre do exercicio económico do 2008, e por importe dun millón 160.523 euros. En total son 831 facturas correspondentes a 168 proveedores, con cantidades que oscilan entre os 37,38 euros atá os 204.754 que suma o importe máis elevado. Eso sí, os portavoces do Bng, Manolo Amil, e do PP, Argimiro Marnotes, aclararon que nesta remesa non entraron a totalidade das facturas pendientes de pago por parte do Concello, e pendientes aínda de estudio por parte dos servizos muncipais. O pago das facturas que foron hoxe obxeto deste recoñecemento extraxudicial serán abonadas nun prazo dun mes. Ademaís, a Corporación tamén aprobou o plan de saneamento que esixe o Real Decreto de medidas extraordinarias e urxentes, a través do que o Concello Carballiñés aprobou a solicitude dun préstamo por un importe coincidente coa cantidade das facturas recoñecidas, que o Concello deberá amortizar nun prazo de cinco anos e medio. Esta operación de endebedemanto foi aprobada por unanimidade dos tres grupos políticos que integran a Corporación Carballiñesa.

Comentarios

Ou estades de cachondeo ou

Ou estades de cachondeo ou esto non pode ser certo ¿como poden acumularse 831 facturas sen pagar? ¿pero para que se fan cada aano os prresupostos? esto non pode ser certo., e se fose algúen tería que dimitir de inmediato.

amiguiño, fanse para poder

amiguiño, fanse para poder pagar aos amiguiños que lle deben favores... ou en que mundo vives? os orzamentos ano tras ano son máis irreais que atopar vida en Marte, porque para iso teñen a unha figura de técnico que lles da o visto bo. Esperemos que se hai pacto, que non estou dacordo con él, controle o BNG máis cando para o ano que ven se volvan a facer os orzamentos e se axusten á realidade, tendo en conta as facturas que van quedar sen pagar deste exercicio. A esperanza é o último que se perde!