O Concello do Carballiño deseña un plan para centralizar os servizos de transporte de viaxeiros e ubicar o novo centro de saúde na actúal estación de autobuses

12 Apr 2010
A idea fora feita pública fai unhos meses atrás por parte do portavoz do partido popular Argimiro Marnotes, e resulta agora refrendada por parte dos dous grupos que integran o goberno municipal bipartito, PSOE e BNG. O plan, dado a coñecer esta mañá polo Alcalde Carlos Montes, consistiría en centralizar os servizos de transportes de viaxeiros na actúal estación de Renfe, ónde se tamén se ubicarían os servizos de transporte de viaxeiros por estrada. Desta maneira, quedarían liberados os terreos que ocupa a actúal estación de autobuses, na avenida do balneario, de aproximadamente 3.000 metros cadrados edificables, que o Concello do Carballiño poñería a disposición da Consellería de Sanidade, e coa intención de construir o novo centro de saúde. Para levar a cabo este ambicioso plan, o Concello do Carballiño deberá negociar a operación co Administrador de Infraesctucturas ferroviarias, co que sería necesario acadar un acordo. Montes destacou a gran aventaxe que o plan tería para os intereses municipais e do pobo do Carballliño, xa que dunha parte aforraríase ó Concello ter que desenvolsar unha cantidade económica pola adquisición dos terreos que se necesitan para ubicar o novo centro sanitario, e doutra parte melloraríanse os servizos públicos, polo que se beneficiaría o conxunto da cidadanía. O futuro centro sanitario ocuparía unha ubicación céntrica, mentres que a estación de autobuses trasladaríase a unha zona con boas  prestacións e mellores accesos ás principais vias de comunicación por estrada. A proposta será formalmente trasladada ó pleno da corporación mucicipal por medio dunha moción que presentará o propio Alcalde, e que foi xa consensuada na xunta de portavoces.

Comentarios

veremos se desta, os tres

veremos se desta, os tres portavoces, Montes, Amil e Marnotes se poñen dacordo nun proxecto intelixente, aínda que fora posto na mesa polo PP dende a oposición.

e canto tardaran? eso e o

e canto tardaran? eso e o importante. que se cadra vamos tar tres anos en obras. saudos desde cea.

Totalmente de acuerdo

Totalmente de acuerdo

No si, os do PP ideas teñen

No si, os do PP ideas teñen peron non executan ningunha, que o fagan outros, que seria de nos sin o Plan E , e os catro anos do PACHI na Xunta, beixar da burra e ser realistas

COMO VOTANTE QUE SOY DEL

COMO VOTANTE QUE SOY DEL PARTIDO POPULAR ME ALEGRA QUE DESDE EL GRUPO DE GOBIERNO SE ACEPTEN LAS BUENAS IDEAS QUE LE APORTA EL PARTIDO POPULAR YA SON VARIAS QUE HASTA EL MOMENTO YA SON VARIAS ENTRE OTRAS TAMBIEN LA PROMOCIÓN DE VIVIENDA EN CARBALLIÑO, AHORA SOLO ESPERO QUE ACEPTEN TAMBIEN LA IDEA DE ESTE PARTIDO REFERENTE AL MURO DE LA VERACRUZ, SE PIDE LA PARALIZACIÓN DEL MURO QUE NO DE LAS OBRAS, LO PILLA SEÑOR ALCALDE?

Canto vai costar o proxecto?

Canto vai costar o proxecto? Desfacer .... facer,Que ven deben de estar as arcas de quen se faga cargo do custo de todo iso,como si non ouvera onde gastar os cartos.

Que é o que pretenden con

Que é o que pretenden con isto? Queren que os que usamos o bus para ir o Carballiño agora nos vexamos obrigados a coller un taxi, porque, xa me dirán, dende a estación de renfe ata o centro do pobo ahi un anaquiño. E porque non tratan de ampliar o centro médico que xa existe, seria unha solucion mais viable e barata, non lles parece?.

E logo como fas para ir ao

E logo como fas para ir ao centro de saúde agora? Ou quéresme dicir que prefires cerca a estación de autobuses e lonxe o centro de saúde?

O de ampliar o centro de

O de ampliar o centro de saúde actual, xa se ten falado moitas veces e parece que non se comtempla esa posibilidade. Na miña opinión, de todas as demais alternativas das que teño oido falar, esta é a máis sensata. E vostede notase que camiña pouco, porque realmente dende a estación de renfe ata o centro do pobo hai minutos, e un paseiño de nada. E si colle vostede o transporte público por terra con frecuencia, saberá que cando hai feira, festas ou obras, os autobuses teñen serias dificultades para achegarse ata a actual estación de autobuses e mesmo hai algún que xa nin entra. Pareceme estupendo que se centralizen os transportes de viaxeiros, o que espero que agora se traballe para aumentar as posibilidades de trasporte público, que escasean bastante.

Se teñen problemas os

Se teñen problemas os autobuses ó que nos espera co Centro de Saúde.

¿e logo tí onde vives, en

¿e logo tí onde vives, en Toscaña ?

Non, vive en Alcobendas.

Non, vive en Alcobendas.

unha grande idea, noraboa sr.

unha grande idea, noraboa sr. montes, ainda que a idea partiu do portavoz popular, cando unha idea é boa para a vila e para os seus cidadans hai que lle dar para adiante e deixarse de rendabilidades políticas. Parabens e agardemos poder ver feita unha realidade este proxecto.