O Concello do Carballiño non dispón da cesión do mosteiro de Lobás, despois de 3 anos anunciando un proxecto de restauración

22 Feb 2010
 O Concello do Carballiño aínda non dispón da cesión por parte do Bispado do mosteiro de San Pedro de Lobás, para poder optar ó 1% cultural, e poder levar a cabo o proxecto de restauración que os responsalbes municipais veñen anunciando nos últimos anos. O convenio que debe asinarse entre a institución municipal e a administración do Estado prevé que esta cesión sexa por un periodo de 52 anos, unha condición que non cumple o convenio establecido a principios dos anos noventa entre Bispado e Concello. O Alcalde do Carballiño, Carlos Montes, recoñecía que a dia de hoxe o Concello aínda non dispón desa cesión por parte do Bispado, paso previo e inprescindible para poder tramitar a solicitude ante o ministerio de cultura. O curioso, é que fai tres anos que o Concello do Carballiño ven anunciando a súa intención de acometer a obra de restauración do mosteiro a través da financiación do 1% cultural, incluso no seu dia o Alcalde viaxara atá Madrid para realizar xestións ante o ministerio na tramitación desta solicitude, e mesmo chegara a presentarse por parte do rexidor municipal un anteproxecto, que incluía -entre outras actuacións- a construcción dun pequeno auditorio, unha sala de exposicións permanente, un centro de interpretación do patrimonio da Comarca, e atá un servizo de hostelería para os visitantes.

Comentarios

Non presentaron nada de nada.

Non presentaron nada de nada. Simplemente quixeron facernos creer que estaban a traballar no tema por aquelo de que pensaramos que estaban a facer algo. Como sempre, unha decepción. Menudo equipo nos goberna.

Outra oportunidade perdida,

Outra oportunidade perdida, moi ben señor Montes siga así.

Alcalde dimision. Vive en la

Alcalde dimision. Vive en la continua mentira y siempre engaña a los mismos A SUS VECINOS