O Concello do Carballiño tén una débeda viva de 5.668.000 euros, a máis alta entre os concellos das súas características

28 Apr 2010
Os datos son os facilitados polo Ministerio de Economia e Facenda, e recollen a débeda viva das Entidades Locais con data de referencia a dia 31 de decembro de 2009. Según os mesmos, o Concello do Carballiño tén unha débeda viva de 5.668.000 euros, sendo desta maneira o Concello da provincia -agás a capital-  coa débeda maís elevada, e moi por enriba dos outros dous concellos pronvinciais que teñen idénticos orzamentos anuais e somellante poboación, como son O Barco de Valdeorras e Verín, que contan -respectivamente- cunha débeda de 3.201.000 e 4.307.000 euros. Tampouco sae moi ben parado nesta comparativa o Concello do Carballiño se a mesma a establecemos có veciño concello de Lalín, con maior poboación e un orzamento anual moi superior ó do Carballiño, e sen embargo cunha débeda inferior, de 4.100.000 euros. A chamada débeda viva é aquela que os concellos manteñen coas entidades bancarias en forma de préstamos a curto ou longo prazo, e mesmo os compromisos adquiridos có propio Ministerio de Economia e Facenda. Nesta débeda non se contabilizan outras obrigacións pendientes de pago, como poden ser as que se manteñen cós preveedores. Durante o pasado ano 2009, o concello carballiñés aumentou a súa débeda en 796.000 euros, mentras que na maioria dos concellos permaneceu inalterable ou incluso nalgunhos casos conseguiron rebaixala.

Comentarios

BNG e Psoe están a facer o

BNG e Psoe están a facer o posible por sanear as contas municipais e ademais están facendo un traballo como un verdadeiro equipo aunque lle doa alguns porque esas persoas intereanlle que o concello caiga nas mans da diputación e do señor Baltar.E esta débeda e tan ficticia que final de ano quédase pola metade

Pola metade non se quedará

Pola metade non se quedará pero os da diputación tamen teñen que aforrar porque teñen unha débeda de 61 millons.

Non sei que é mellor, si non

Non sei que é mellor, si non ver, ou ler estupideces como esta na que di que o traballo do BNG E DO Psoe e unha maravilla. jajajajjaajajajaja. Pero vostede en que mundo vive? no de Yupi? ou quizais tema vostede que non lle renoven o contrato e desta maneira ter que traballar de verdade en vez de pasar as horas? ainsssss, sexamos serios, temos un concello endebedado, moi pero que moi endebedado, e a cambio desa debeda, o que se nos amosa non son obras nin servizos, é simplemente fume!!! Porque por si vostede ainda non se enterou, todaslas obras e melloras que se fixeron os últimos anos foron con cargo a fondos e subvencions que veñen de fora. Abre los ojos, y se realista!!

Eu respeto a su opinion pero

Eu respeto a su opinion pero para min o BNG estao facendo ben . O concello fai ben facer obras e prestar servicios a cargo de fondos e subvencións para que cos seus propios cartos pague as débedas.

O BNG invertiu moito cando

O BNG invertiu moito cando estaba no bipartito como por exemplo na apliacion da residencia da terceira idade. E verdade que o condello está endebedado pero como as diputacións e demais concellos de toda España.

Bng e psoe votade a chave e

Bng e psoe votade a chave e marchade.

E andaban decindo que estaban

E andaban decindo que estaban a pagar as débedas e que estaban saneando a economía municipal...para que vos fiedes dos nosos gobernantes: Montes = cadavre pulítico.

Xan, procura que neste caso,

Xan, procura que neste caso, no lugar da ventana que di "Engadir novo comentario" figure a expresión "sin comentarios", pois todo o que se poida dicir é pouco.

Canta debeda, cantos cartos

Canta debeda, cantos cartos tirados e que pouco lucen. Consecuencia da incompetencia e da podredume desta Vila. Saía mais barato contratar aun administrador de empresas e renderían mais os cartos, aínda que se lle pagara un bo salario. O que non pode ser e que anden con moitos cartos entre as mans os incompetentes, a xente sen escrúpulos e os que, na sua vida privada, nunca viron diñeiro, menos aínda xentes sen experiencia en administrar nada e que chegaron a onde chegaron babeando detrás dos que mandan.

que pouca vergonza

que pouca vergonza