O Concello rectifica e suprime dúas prazas de aparcamento para discapacitados físicos na rúa Conde Vallellano

23 Jul 2009
As tres prazas iniciais para discapacitados na rúa Conde Vallellano
(Redacción. Belén González) Fai uns días, o Concello de O Carballiño creaba tres prazas máis para discapacitados físicos na rúa Conde Vallellano. Horas despois, dúas delas foron suprimidas debido ás queixas dos comerciantes da zona presentadas na Casa do Concello. A supresión destas a última hora non a entenden dende a Asociación de Discapacitados Físicos de O Carballiño e Comarca. O seu presidente, Gerardo Pinto, pregúntase "qué poder teñen certos comerciantes para influir nas decisións aprobadas dende o goberno municipal". Ademáis, Pinto non está  dacordo conque se volte atrás cun proxecto que xa estaba aprobado polo goberno local. Pola contra, dende a Asociación de Empresarios e Comerciantes entenden axeitada esta decisión. Según pudo saber  "Cope O Carballiño", a creación de tres prazas para persoas con discapacidade física no centro do pobo é excesiva, porque aí non se acha ningunha administración pública. Asociación de Comerciantes está de acordo na creación de prazas, pero repartidas axeitadamente pola vila.  Desta maneira, os aparcadoiros para discapacitados na vila atópanse no: centro de saúde, concello, servizos sociais -rúa Faustino Santalices-,centro sociocomunitario, Casa da Cultura e Estación de Autobuses.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións Gerardo Pinto, presidente Asoc. Discapacitados Físicos Carballiño


Comentarios

Xa nos podemos ir preparando,

Xa nos podemos ir preparando, pois según me contaron, que non sei se será certo, ó concellal Dacal lle oiron dicir que o concello está estudando implantar a ORA e a zona azul nas rúas de tal xeito que haberá que pagar por aparcar tanto na rúa coma no parking. Moi mal teñen que andar as finanzas municipais cando recurren a esta medida para recadar fondos para pagar as súas débedas.

Preparados xa estamos pois

Preparados xa estamos pois mais das que nos fan xa non nos poden facer. Con respeto ao Dacal ese... el tamen se prepara que xa meteu a muller en UGT nada mais chegar e agora mete a filla no concello a dar masaxes para bebés e por suposto a fenómena da Asunción "encantá de la vía" porque todo queda na casa. Menuda pandilla.. o que me jode de verda e que os do BNG se xunten con esta banda, sobre todo polo Amil que e do bo o mellor ainda que hay quen o pon en duda, algun deses que quixo caciquear con el, pero seguro que o que levou el en onde estaba non lle debe nada os do Carballiño cousa que deberían ter en conta mais de catro cantantes. Mirade veciños estamos perdidiños...

A TEIMA E ENCHER O

A TEIMA E ENCHER O APARCAMENTO DA ALAMEDA. O día a día vailles dando a razón a quenes falan (e non son puocos) de que existe estratexia neste senso. 1º- modificase o tráfico para que se máis coches pasen por diante do aparcamento da alameda. 2º.- evitase a toda costa un novo estacionmento na veracruz 3º.- incumplindose o PXOM reducese un vial no entorno da veracruz, onde non aparcarán todos os coches que poderían aparcar. 4º.- tres plazas de estacionamento para discapacitados, cerquiña do estacionamento. As prazas para estacionamento de minusválidos, son obrigatorias, pero deben ser repartidas proporcionalmente as prazas públicas que existen, e máis repartidas polo municipio. ¿quen do goberno local pode ter intención de encher o estacionamento da alameda? haber si acertades.

Non podo estar máis dacordo

Non podo estar máis dacordo co que se afirma neste último comentario, e poucas veces pode estar a extratexia máis desenmascarada: os da asociación de minusválidos, según escoitei na radio, piden dúas prazas e CONCEDENSELLES TRES, e ó final véndo a que se lle viña encima (en poucas horas oíron catro) rectifican e queda en unha. "Non hai pior cego que o que non quere ver", os señores do Concello teñen unha desmesurada política que consiste en eliminar máis e máis prazas de aparcamento das rúas do Carballiño. O que me choca é que a oposición non dea máis caña neste asunto.

Non andedes buscando teorías

Non andedes buscando teorías da conspiración, o parking foi construído por unha empresa privada con fondos privados e a empresa concesionaria do parking da Alameda ten todo o dereito do mundo a recuperar os cartos que investiu na súa construcción. Que foron desaparecendo prazas de aparcamento do Carballiño é un feito incuestionable debido á pésima planificación dos responsable de tráfico do concello e as súas pouco brillantes ocorrencias. Pero que o que non é de recibo é sospeitar que hai unha man negra detrás da desaparición de prazas de aparcamento coa única finalidade de beneficiar á empresa concesionaria do parking polo feito de un dos propietarios do parking é o xefe da empresa na que traballa Carlos Montes. Iste asunto cheirame a manobra política para facerlle a pascua ó alcalde.

Se houbese onde aparcar non

Se houbese onde aparcar non habería estas polémicas, APARCAMENTO PÚBLICO NA VERACRUZ XA !!

Pero imos ver, ahora resulta

Pero imos ver, ahora resulta que a xente discapacitada so ten dereito a aparcar diante dos edificios das administracións públicas?. E logo non poden aparcar na rúa Conde Vallellano por si queren dar un paseo pola rúa principal ou en Evaristo Vahhamonde por si queren ir a misa?. A xente discapacitada ten o mismo dereito a aparcar que os demáis, non?. Creo que tamén pagan imposto de circulación. Penso que sería normal dispoñer de alomenos unha praza para discapacitados en cada rúa, e en emplazamentos mais concorridos un número maior de plazas. E un toque a policia local, os non discapacitados utilizan as plazas para discapacitados ubicadas diante do Bar Plaza con toda impunidade. A ver se facedes algo!!

Una ó dos plazas me parece

Una ó dos plazas me parece razonable, tres juntas es un exceso. Lo que resulta escandaloso son las ánsias de nuestros gobernantes en suprimir más y más plazas de aparcamiento en las calles de Carballiño, a ciertas horas es imposble aparcar.