O IGVS sorteará 57 vivendas de protección autonómica construídas no Carballiño ao abeiro das novas normas do rexistro de demandantes

25 Apr 2010
Atá o vindeiro dia 14 de maio poderán presentarse as solicitudes de inscrición para participar neste sorteo, que será o primeiro que se faga conforme ás novas condicións do rexistro único de demandantes de vivenda. Poderán participar no sorteo os inscritos no rexistro de demandantes atá o 22 de abril de 2010, data na que se iniciou o prcedemento para o sorteo, debendo presentar as solicitudes na xefatura da área provincial do Instituto da Vivenda e o Solo na provincia de Ourense, na rúa Sáenz Díez, 1-baixo, en Ourense. As 57 vivendas que se ofertan no Carballiño teñen prezos que van desde os 60.000 ó 99.722 euros, e foron promovidas por Construcciones Joenfe S.L.  e Proyecon Galicia S.L. e pertencen á categoria de vivendas de protección autonómica, de promoción privada.  Do total de vivendas, 10 xa están rematadas e as outras 47 teñen previsto o seu remate neste mes de abril de 2010. No caso de que o número de solicitantes sexa igual ou inferior ao número de vivendas da promoción, procederáse á adxudicación directa das mesmas sen necesidade de sorteo. Ademáis destas 57 vivendas no Carballiño, entrarán neste sorteo 20 na cidade de Ourense, 4 no Barco de Valdeorras e 48 en Xinzo de Limia.

Comentarios

Tendo en conta que cando as

Tendo en conta que cando as vivendas se comezaron a construir todavia tiñanos bipartito na xunta de galicia, deberian ser os sociatas e bloqueiros os que fagan o sorteo das mesmas, polos primeiros que manden a dona Antoñita la Fantástica e seguramente será un gran sorteo con fotos e televisións chegadas dende diversos puntos do planeta...................vivan os sorteos..............vivan as roldas de prensa...............viva la vida.

Perdone vostede, pero non lle

Perdone vostede, pero non lle así como vostede o pinta. Resulta que estas vivendas no Ano 2005, aínda sendo Presidente o Sr. Fraga, foron adxudicadas polo IGVS para facerse por Concurso de Proxecto e obra e así se publicara xa no DOG, e esas vivendas serían de Promoción Pública, do mesmo xeito que xa se teñen feito gran cantidade de vivendas no noso pobo, que sigue sendo a Vila con maior número de Vivendas de Promoción pública da nosa Provincia. Pois ese concurso, a Señora Teresa Taboas anulouno, e deixou á promotora cun proxecto aprobado e cunha licencia que non lle valiron para nada, pois aínda para máis cafrada, inventou as famosas Normas do Habitat, que fixo que non servise o proxecto técnico. A promotora que fai as obras (empresa do Carballiño) construe as vivendas polos seus propios medios, e ete ahí, os Benegueños inventaron o do rexistro de Demandantes, que só con presentar o DNI xa eran demandantes de vivendas, e así ata agora que o Goberno do PP, modificou esta circunstancia para que so sexan demandantes de vivenda aqueles que demostren con todos os papeis que o son. Conclusión: O Bipartito evitou que se fixeran Vivenda de Promoción Pública, e estas vivendas que se fixeron con recursos da propia empresa, e que por causa do Rexistro de demandantes do BNG non se vendía un metro cadrado, agora banse vender coas novas normas do PP, aplaudidas por todos/as.