O PSdG culpa ao Alcalde de Leiro e á Xunta da situación que afecta ao balneario de Berán

22 Feb 2012
A deputada e secretaria de Organización Provincial, María Quintas, compareceu co portavoz socialista no Concello de Leiro, Manuel Rodríguez, e o vocal na Entidade Menor de Berán, Tomás Lorenzo, para esixir á Xunta de Galicia solucións para o balneario de Berán.  As instalacións están pechadas pese a estar rematadas dende hai anos, ademáis os socialistas falan de presunta prevaricación do alcalde na expropiación dos terreos do acceso ao balneario.

Quintas explicou  que o balneario de Berán constitúe unha oportunidade socio-económica e de emprego para a comarca do Ribeiro e da provincia de Ourense, e que hai que facer rendible unha infraestrutura xa construída na que se fixo unha inversión pública de máis de 3 millóns de euros.

 “Preguntámonos se a Xunta e o alcalde de Leiro serán capaces de buscar unha solución”, dixo, e denunciou que no procedemento do balneario hai actuacións que poden ser constitutivas dun presunto delicto de prevaricación por parte do alcalde de Leiro.

En dúas ocasións o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declara nulas, en sendas sentenzas firmes, as expropiacións dos terreos de acceso a este balneario feitas polo Concello. A primeira destas sentenzas foi obviada polo alcalde que levou ao pleno unha nova expropiación, o que constitúe un presunto delicto de prevaricación, afirman os socialistas.

Neste sentido, dixo que estas actuacións contan co coñecemento e connivencia da Xunta, xa que ao mesmo tempo (o 20 de outubro de 2009) concedeu o obradoiro de emprego “Terras do Avia” neste mesmo terreo, no que dada a sentenza do TSXG non se podía facer.

 Así, o Grupo Parlamentario Socialista presentou unha batería de preguntas sobre a situación do balneario, as trabas administrativas que impiden que este balneario estea aberto e cales van a ser as actuacións da Xunta para legalizar e abrir o balneario de Berán.

Quintas lembrou que o propio Rueda respostou a Baltar no Parlamento en xuño de 2009 que “estaban a punto de abrir” o balneario de Berán e que “non se fixera por uns trámites administrativos, tentando culpar da situación ao goberno  bipartito”.

 O vocal na Entidade Menor, Tomás Lorenzo, explicou en que “a parroquia de Berán, os veciños de Leiro, da comarca de Ribadavia e da provincia antes tiñan unhas instalacións que mantiñan a ocupación hostaleira da zona durante o verán, e agora non teñen ningunhas, porque o novo balneario, que sería unha oportunidade de negocio durante todo o ano, nunca se abriu”.

Os socialistas consideran que o balneario de Berán dinamizaría o sector servizos do concello e da comarca e contribuiría a crear riqueza nunha zona á que “Feijóo parece ter manía, xa que a única actuación importante que quixo facer é a incineradora de lixo”, dixo Quintas.

   

Comentarios

¿Imos ter que aguantala por

¿Imos ter que aguantala por todas partes? A veterana señora esta, non ten nin idea.

hola boas tardes e unha pena

hola boas tardes e unha pena que nun pobo de poucos habitantes coma e beran, que tiñamos que ser todos-as coma irmans, remando todos para un mesmo lado independentemente do partido co que nos identificaramos sexa pp, psoe, bloque etc... somos tan ignorantes que non nos damos conta dos recursos que teriamos todos principalmente os que teñen negocio xa no povo. somos o faime rir de todos os povos colindantes ( por ignorantes ). solo quero facer unha pregunta. ¿ quen lle arendou o baño o barbosa, quen mediou para que o barbosa comprara os tereos, quen lle quitou o baño o barbosa, motibos, quen pechou o baño con candados e atestou as tuberias con ladrillos, cartons etc.. ese señor querelle algo ao povo. eu sinceramente creo que non solo estiberon ocultando e destrozando o recurso natural que ten o povo de beran. que xa lle gostaria a moitos povos ter unha fonte de riquerza similar, señor presidente e vocais da entidade nenor de beran. sentense a falar e traten de poñerse de acordo porque si se fian do concello creo que tanto o baño novo coma o vello caeran sin que o povo vexa nin un euro. porque o que eu creo e que a entidade menor para o concello de leiro e coma un grano no cu ( non lle interesa. veciños todos isto creo que solo o pode arreglar o povo unido ( sin partidismos) beran merece veciños mellores. sabedes aquel lema ( o povo unido xamais sera vencido). apertas para todos

Isa Señora esta defendendo os

Isa Señora esta defendendo os intereses dos veciños de Beran, cousa que non fai Feixoooo, e o impresentable de Alcalde que temos por desgracia, de todos os veciños de Leiro, xa que o único que fai, e levantar a man en Madrid, e non defende os nosos intereses, chamase Balneario , Camping, Planta de Lodos e de refugallos, fan de todo menos reciclar, e o noso Alcalde mira para outro lado, así nos vai. En Leiro quien te ha visto y quien te ve ahora " miseria.

Esa señora defende o seu

Esa señora defende o seu bandullo

Feixoo movete, e de paso o

Feixoo movete, e de paso o teu Senador preferido que se poña as pilas.

si home si, aínda hai que ter

si home si, aínda hai que ter pouca vergonza para sair aquí todo esto, os grandes culpables de que o balneario estea pechado tena o fenómeno que sae na foto, o primeiro pola izquierda e o algún máis como él, agora a tirarse dos pelos...quixestela asi e asi a tendes.

perdoa tio pero o agres non

perdoa tio pero o agres non sae nesta foto, comprate unhas gafas novas. ¡ meu deus canto ignorante hay! estou de acordo co do comentario de hay unos dias. isto solo o arregla o povo xunto e unido.

Eu como veciño o único

Eu como veciño o único culpable de todo o Francisco Fdez Pérez que mete cartos de todos nos, en térreos que non son do Concello. Dirixentes como iste tiñan que estar no carcere, e facendo de usas cousas e o mellor sitio.

Non sei a que te referires co

Non sei a que te referires co ese comentario , pero da a sensación que non sabes da misa amén. Para facer ese tipo de declaracions hai que estar enterado ou enterada das cousas. O que esta craro e que vexas quen esta gobernando no Concello e na Entidade Local Menor de Berán , por desgracia xa fai bastante tempo , no que se traduce en miseria . Non soio non se abriron as novas instalacions balnearios , perdón spa, senón que se cerraron as antigas ; e por desgracia sempre sufren os de sempre , os veciños.