Foi ún dos temas que máis deu que falar nesta pasada Semana Santa no Carballiño, a prohibición por parte das autoridades municipais para que se pudera cantar unha saeta desde o balcón da casa do concello na procesión dos Caladiños, do pasado venres santo, que volveu convertirse -por certo- nunha gran manifestación popular, pola gran concurrencia que rexistrou. A Cofradia da Veracruz, organizadora do evento, recuperou este ano unha tradición que noutros tempos xa existía no Carballiño, o canto de saetas ó paso da procesión central da Semana Santa Carballiñesa. Para elo, pediron permiso ós responsables municpais, e inicialmente non puxeron obxeción algunha, polo que así se programou e estaba anunciado na publicación oficial da Cofradia da Veracruz, que tamén se editou este ano por primeria vez, que a saeta cantaríase desde o balcón da casa do concello. Pero todo daría un xiro inesperado o lúns 29, ó remate do pleno ca corporación municipal, unha concelleira do gupo de goberno -eso foi o que trascendeu- recriminou en duros termos ó Alcalde por conceder esta autorización, porque "era un acto relixioso, impropio de facerse nun edificio publico, e neste caso na casa de todo o pobo do Carballiño, eso non se pode permitir". O comentario fíxose chegar, tamén desde a casa do concello, ós rsponsables da Cofradia da Veracruz, e facéndolles ver que "o mellor era buscar unha saída sen máis conflictos". Ante este panorama, a Cofradia da Veracruz anuncio o cámbeo de escenario, e finalmente Almudena Mosquera -a carballiñesa que cantou a saeta- fixoo desde o balcón dun piso particular, na mesma praza maior. En declaracións a Cope O Carballiño, o Alcalde Carlos Montes manifestou que "nin se autorizar nin se desautorizara, pero non tén lóxica que o Concello se utilice para ese tipo de fin, todos sabemos o que siñifica o Concello institucionalmente". A decisión, sen embargo, non gustou a un gran sector da poboación carbaliiñea, e así o poñen de manifesto moitos comentarios que se escoitaron nos últimos dias. Para moitos, chamou a atención e critican como se prohibe utilizar o balcón da casa do Concello para un acto que non deixa de ser unha manifestación cultural e tradicional, e nese contexto, poñen de exemplo os numerosos Concellos de moitas partes de España -moitos deles gobernaodos polo PSOE- nos que sí se utilizan os Consitorios para este tipo de actividades, polo que consideran que a decisión dos gobernantes carballiñeses foi un exceso, aínda máis difícil de explicar nun pobo coma o Carballiño no que o 80% d súa poboación se confesa católica. E tamèn hai quen recorda como este veto crea un precedente discriminatorio por parte do Concello do Carballiño, que sí autorizou a utilización de instalacións municipais, como a Casa da Cultura ou mesmo o pavillón de deportes, para outros actos de carácter extrictamente relixiosos.
Comentarios
Se lle mandades a historia ós
CADA vez que escoito falar do
A este tipo de cousas me
PORFAVOR CONTRASTEN ESTA
Non sei moi ben como
Vou tentar respostar en
Estimado Evaristo, aínda que
Non entendo como non te
Dende logo hai feitos que
NIN CLERO NIN XUNTA DE
¡Que cara dura! la de estos
TOTALMENTE DE ACUERDO
No se como le quedaria la
En primeiro lugar gustaríame
Certo é que as saetas non son
Eu vin na procesión a José
¿Logo o alcalde e a Aurea non
Hai que ser un pouquiño máis
O peor de todo isto é que
Me gustaría saber qué
Pues mira, ya hubo actos de
pues hazme el favor y
Tiña pensado facer esta
Democracia significa
Estimado señor ou señora, non
Non entendo que o Señor
Os tempos do