A ora chegará ás rúas do Carballiño no mes de outubro

14 Jul 2010
Barge

(Redacción. Rocio Campos) Os continuos problemas de circulación e aparcamento no Carballiño foron as causas que levaron a José Antonio Barge Gil, concelleiro de tráfico, a poñer en marcha o novo regulamento da ora para o estacionamento de vehículos. A nova medida entrará en vigor a mediados de outubro debido ó longo proceso administrativo, aínda que so falta concretar a decisión do grupo de goberno no próximo pleno que celebre a corporación municipal, polo que respecta ás rúas nas que se vai implantar.O regulamento recollerá tres zonas ben diferenciadas: "a zona azul" atoparase na zona máis céntrica e comercial do concello. Contará con máquinas expendedoras de tickets e cobrarase polo tempo que se permaneza estacionado, 0,20 céntimos por trinta minutos, 0,50 por unha hora e 1 euros por dúas horas. A "zona verde" para residentes do Carballiño contarán cunha tarxeta dun prezo anual de 50 euros e semetral de 25 euros. Desa maneira os residentes que vivan nunha determinada zona poderán aparcar nun espacio de cincocentos metros á redonda.  Unha vez que se revise o padrón das persoas interesadas nas tarxetas dentro deste grupo haberá certas prioridades a persoas que viven nunha determinada rúa, teñen coche, pero non teñen garaxe, a persoas que viven nesa rúa e por último a traballadores que veñen de fóra. A "zona libre" dirixida a tódolas persoas residentes ou non no Carballiño. Dúas destas rúas consideras libres serán a Avenida do Balneario que conta con 128 prazas de aparcamento e a rúa Otero Pedrayo. 

Barge pretende con esta nova medida buscar a sostenibilidade e aforrar en enerxía contaminante como o gasoil ou a gasolina. Unha vila onde todo está tan concentrado debemos "movernos a pé polas rúas e buscar a calidade de vida".

 

Comentarios

COMO TODO EL MUNDO MENOS EL

COMO TODO EL MUNDO MENOS EL SR CONCEJAL SABE LA ORA NO FUNCIONA EN NINGUNA ZONA DONDE FUE IMPLANTADA, PUESTO QUE LA ORA SOLO TIENE UN SENTIDO QUE ES LA ROTACION DE LOS VEHICULOS, LO CUAL NO SUCEDE EN NINGUNA CIUDAD DE ESPAÑA, ESTADO ALGUNOS AYUNTAMIENTOS INCLUIDOS ALGUNAS CIUDADES GALLEGAS, PLANTEANDOSE SU RETIRADA, TIENE SENTIDO COMO MEDIDA RECAUDATORIA PERO POR FAVOR QUE LO RECONOZCAN.

A idea en principio eé boa

A idea en principio eé boa sempre que non se recaude moito e co prezo sexa moi baixo para perjudicar o menos posible os conductores dos vehículos,economicamente e mesmo tempo dar unha maior fluidez confortabilidade para aparcar e ir comprar.

A idea é moi boa, para o

A idea é moi boa, para o Concello,claro. Primeiro quitán zonas de aparcadoiro e despois instalán outras cobrando. Non hai que ser mal pensados!! Queren reducir a contaminación desta vila. Vaia co Sr. Barge, que idea tan brillante!!! É ¿pondrán tamén a Ora na rúa que hai entre o Bar Casablanca e o que era o Hijoco? Porque nesa rúa existe un aparcadoiro no medio do carril. Hai tres en total;un á dereita, outro na esquerda e outro no medio.

O punto fundamental para

O punto fundamental para implantar a Ora é a falta de cartos, pero podían recortar por exemplo sen que o alcalde e a súa comitiva vaian a Alemania a gastar os cartos para buscar o pulpo Paul, xa se foron a México, por certo. Por outra banda deberían de cancelar as competencias que estan fora do seu alcance comas as sociais xa que se encargan as autonomías e non teñen porque facelo máis que por rañar votos.

Os cartos da viaxe a Alemania

Os cartos da viaxe a Alemania non saíronn das arcas públicas,non te confundas

UN VECINO SE ENCONTRO AL SR

UN VECINO SE ENCONTRO AL SR ALCALDE HACIENDO DEDO EN BARAJAS Y LO LLEVO

Eu non sei que caste de

Eu non sei que caste de asesores teñen os nosos desgobernantes municpais, pois semella que se deixaron asesorar neste asunto por Espinete, Chiquito de la Calzada e a Galiña Caponata por que eso de imparantar a Ora nunha vila coma o Carballiño é un sensentido. Segundo ó meu xeito de ver a Ora débese imprantar en cidades máis grandes e non na nosa vila, na cal o aparcamento é un problema endémico dende que os socialistas se fixeron coa alcaldía. Pola miña parte eu non vou a usar a Ora cando se implante, pois moi mal deben andar as finanzas municipais cando se teñen que rebaixar a recadar cartos deste xeito. No Carballiño non fai falta implantar a Ora o que hai que facer é desfacer tódalas chapuzas que os do grupo de desgoberno fixo nas nosas rúas entre elas a peatonalización de rúas e a supresión sistemática de prazas de aparcamento para que a xente fose aparcar ó parking contruído polo xefe da empresa na que traballa Carlos Montes. De pena. Señor Barje fáganos un favor e dimita.

EL ASESOR ES EL QUEPO DE LOS

EL ASESOR ES EL QUEPO DE LOS MUNICIPALES

Añade tamén o de "Vaiase

Añade tamén o de "Vaiase señor González" e xa soltaches todo o que nos meten na cabeza os teus amigos do PP. Fala cos comerciantes e cos veciños do centro da vila e dinos si están dacordo contigo.

Vaiase señor Barje, vaise

Vaiase señor Barje, vaise para ó instituto por que coma concellal non da unha a dereitas nin a esquerdas....

Os señores comerciantes e

Os señores comerciantes e políticos do Carballiño perderon o norte totalmente. Zona verde para aparcar? Pero esta xentiña que pensa, que isto e Madrid?. O seguinte que será? O mellor hasta se lle ocurre a brillante idea de facer un metro. Polo menos deberían considerar a opción da creación dunhas liñas de bus urbano.

Ti segue así, sacando esta

Ti segue así, sacando esta ideiñas e acosellándote de esta maneira, que así che vai ir. Acaso, entre tanto poli non tes alguén que te asesore mellor, ou están a ver se pillan algo por ahí diante... Cincocentos metros á redonda... Pouca cabeciña.

Pois para que a xente "se

Pois para que a xente "se mova a pé e teña calidade de vida" o mellor é peatonalizar o centro e poñer un aparcadoiro disuasorio nas aforas con transporte para o centro. O resto son ganas de chuparlle os cartos á xente.

Que bonito. Podemos face-lo

Que bonito. Podemos face-lo aparcadoiro en Corzos e montamos unha liña de autobuses gratuita ata o concello.

Non tes que facer e ferveche

Non tes que facer e ferveche a pota. E logo ¿para que pago eu o imposto de circulación anual?.

PARA RODAR Y RODAR

PARA RODAR Y RODAR

Ti mesmo repondes: pagas`para

Ti mesmo repondes: pagas`para circular pero non para aparcar

Pagas o imposto para circular

Pagas o imposto para circular e aparcar donde se poda, non donde che pete, porque o que pagas e un imposto non unha bula