Os concellos do Carballiño, Punxín e Cenlle, entre os que reciben subvencións da Deputación para a mellora de áreas termais

19, Novembro 2014

As axudas enmarcanse dentro do plan provincial termal que financia a Deputación de Ourense, que contempla actuacións en materia de termalismo en 9 concellos da provincia.

En Punxín, na área ternal do Bañiño-As Quintás contruiránse dúas pozas de augas termais, cun investimento de 49.000 euros, según se recolle no convenio asinado entre o citado concello e a entidade provincial.

No concello de Cenlle, e por importe de 47.828 euros están previstas dúas obras, a mellora do acceso ao balneario de Laias e acondicionamento do sendeiro que comunica este balenario de Laias coa área termal de Barbantes-Estación.

No caso do concello carballiñés executaráse o proxecto de acondicionamento do acceso peonil e entorno do Bañiño de Arcos, cun investimento de 50.000 euros.

Na comarca do Ribeiro tamén se beneficiarán destas subvencións do plan provincial termal os concellos de Ribadavia, que destinará 33.879 euros á mellora do acceso a Prexigueiro, e o de Cortegada, con 36.000 euros que investirá no novo balneario da localidade.