Os polbeiros e polbeiras consideran excesivo o papeleo que lle piden para participar na Festa do polbo

26 Jul 2009
Unha notificación remitida polo Concelleiro de Festexos Francisco Gómez ós polbeiros e polbeiras está motivando certo  malestar no sector, xa que se considera como de excesivo o nivel de esixencias que se piden para autorizar os postos de venda de polbo no parque municipal, na festa a celebrar o vindeiro domingo 9 de agosto. Entre a documentación que se solicita, e que deberán presentar antes do dia 31 de xullo, figura o carné de venda ambulante do exercicio anterior expedido polo Concello, unha fotografía recente tamaño carné, e determinación do número de persoas habilitadas para a venda baixo a dependencia do titular da autorización, que incluirá unha relación tanto das persoas maiores de 16 anos que traballarán no posto, e as persoas vinculadas a él mediante contrato laboral,  deberndo aportar aportar fotocopia do Nif e, de selo caso,do contrato laboral. Tamén se detallla a cuota a pagar de 40 euros e unha série de requisitos que serán de obrigado cumprimento, advertindoselle ademáis de diversas infraccións sancionables cunha multa económica. Algunhos polbeiros e polbeiras manifestaron a Cope O Carballiño o seu disgusto por esta misiva, xa que entenden que a súa participación na festa é algo tradicional e familiar, como a propia tradición polbeira da parroquia de Arcos, polo que non entenden "a que ven tanta esixencia" cando en realidade "fan un importante esforzo para estar no parque o dia da festa faltando incluso nalgunhos casos ós seus compromisos de todos os domingos". Na edición do pasado ano foron en total 28 os postos de polbo que se instalaron no parque municipal, bastantes menos dos 45 que chegaron a reunirse fai unhos cantos anos atrás.

Comentarios

Esto é o mundo ó revés, a

Esto é o mundo ó revés, a esto se lle pode aplicar o dito ese de que andan os ladróns detrás dos que rouban pois o concellal Francisco Gómez é de Arcos ou sexa da terra dos polbeiros e lles anda a facer a vida imposible ós seus veciños con tanto papeleo. ¡¡Que vergonza!!.

vergoña é a que debería ter

vergoña é a que debería ter quen non lé a lei autonómica que hai que aplicar nestes casos. ¡enteradillos! Gustaríame saber se opinan igual, co resto dos postos... Que eu saiba a esixencia é igual para os restos das Festas populeiras feiras e mercados desta comunidade (e atrévome a dicir do resto das comunidades autónomas). Sexamos serios para todo, non só para o que nos convén. ¡Seriedade, por favor!

vaia que esixencias dende

vaia que esixencias dende logo, como se lles ocorre pedir que lle fagan contrato a xente que traballa, que cousas ten este concello as veces: O primeiro argumento e sinxelo, e un traballo familiar e tradicional, como case todos e todo o mundo paga os impostos e inscribe os fillos e primos,etc... na seguridade social. O segundo tema é escalofriante, "fan un esforzo en ir", esto xa non ten nin pes nin cabeza, como inda que por riba que imos temos que inscribir a familia na seguridade social. A conclusión final xa sabedes cal é: o polvo está carísimo hay que subilo, 12 euros ración e listo, despois seguirase co argumento xa non se vende tanto polvo coma antes e seguiran subindo ata que os mandemos a vendelo a Francia e fagamos a festa do chourizo.

Todos sabemos que os

Todos sabemos que os pulpeiros diste noso pobo son algo especiais,un gremio moi particular,coas suas cousas boas e malas,pero son os mellores embaixadores do Carballiño ala por onde vaian.Son algo rácanos e teñen fama de choromiqueiros e algo pillos de mais,xa se sabe,hay moitos gastos,o pulpo subeu moito,pero as racions son mais caras e os platos mais pequenos.Hai que facilitarlles as cousas,coma a calquera que contribua a aumentar a fama da nosa festa do pulpo,non hai que ser tana esixintes...