Pais de alumnos do CEIP Calvo Sotelo manifestaránse a favor da implantación da xornada única

15, Xaneiro 2010

O colectivo de nais e pais do CEIP Calvo Sotelo do Carballiño, partidarios da implantación da xornada única neste centro escolar, anunciaron varias medidas de protesta ante a Consellería de Educación, da que demandan que se complete o proceso para que os pais poidan decidir a modalidade de horario escolar que queren para os seus fillos. O vindeiro martes dia 19 trasladarán esta petición en forma de protesta atá a sede da Consellería de Educación en Santiago de Compostela, ónde ademáis esperan poder entrevistarse có Conselleiro, Jesús Vázquez, e coa intención de facerlle entrega dun escrito coas sinaturas de apoio a demanda dos pais. E xa adiantan tamén que os dias 20,21 e 22 os seus fillos non acudirán ó centro escolar, para  facer valer "o noso dereito a manifestar a nosa opinión". Neste sentido, manifestan que "o que estamos a defender é simplemente o dereito de todos os pais e nais a decidir, independentemente de que sexan favorables ou non ao cámbeo de xornada". O proceso de aprobación de cámbeo horario iniciouse co acordo favorable tanto do claustro como do consello escolar, pero viuse frenado no pasado mes de decembro có informe desfavorable da Unidade Técnica de Transportes da Delegación Provincial da Consellería de Eduación, contrario ó cámbeo horario o entender que no caso concreto deste centro escolar conlevaría un aumento no coste do servizo, unha valoración que non comparten os pais, e en todo caso, entenden que tampouco ese argumento pode invalidar o seu dereito a decidir. Denuncian, ademáis, que " a actitude da administracción foi totalmente irresponsable, xa que firmou un contrato por 10 anos cas empresas de transporte en data posterior  a ter coñecemento de que o noso centro quería intentar cambear a xornada"