Papá Nöel, excursións, obradoiros, xogos e cabalgata de reis, no nadal do Concello de Cea

21, Decembro 2009

Cativos e maiores poderán disfrutar dun variado programa lúdico e de animación cultural que programou para estas datas do nadal e ano novo o Concello de San Cristovo de Cea, e que se inicia o dia de noiteboa coa visita do "Papá Nöel", que fará un percorrido polas rúas de Cea a partir das dez da mañá en adiante. Os dias 28 e 29 de decembro os nenos e mozos entre os 8 e os 18 anos de idade poderán participar nunha estadía subvencionada na estación de esquí de Cabeza de Manzaneda. A inscripción deberá facerse atá o 24 de decembro, e os participantes empadronados no Concello de San Cristovo de Cea terán que pagar 30 euros,e 42 os non empadronados, incluíndose pensión completa, autobús, seguro de viaxe e actividades, tales como a piscina climatizada. A xa clásica visita a Pazolandia fixouse este ano para o mércores 30 de decembro, sendo tamén necesaria a incripción, neste caso aberta atá o dia 28. Tamén para os máis cativos, será o "Ludinadal con Xogaventura", con xogos, obradoiros, globomagic, manualidades e outras actividades, os dias 4 e 5 de xaneiro en horario matinal. Completará esta programación a tradicional cabalgata de reis, ás cinco e media da tarde do dia 5 de xaneiro. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán á casa do Concello, farán o seu desfile polas rúas de Cea e trasladaránse finalmente ó pavillón de deportes da localidade, onde repartirán agasallos e farán entrega dos premios do concurso de tarxetas do nadal organizado polo Concello de San Cristovo de Cea.