A Policia Local tamén denunciou o Concelleiro do Bng Bernardo García pola colocación dunha pancarta

23 Jun 2009
Polo mesmo motivo, a colocación dunha pancarta fronte a casa do Concello do Carballiño, a Policia Local do Carballiño
Xulio Fernández
tamén denunciou o Concelleiro do Bng Bernardo García, e do mesmo xeito que a Julio Fernández, o portavoz de "matar por matar non", a Subdelegación do Goberno tamén iniciou expediente sancionador contra o Concelleiro carballiñés, cunha proposta de multa de 60 euros. García manifestou quu "toda esta histoira é un esperpento, xa é ben ridículo que unha manifestación de dúas persoas e unha pancarta de catro metros alteren o orden público", polo que detecta "un claro transfondo político" na actuación da Subdelegación. Tamén recordou o Concelleiro do Bng que as preguntas formuladas á comisión informativa da canceira aínda están sen contestar por parte dos responsalbes muncipais, e polo tanto seguen sen aclararse todas as irregularidades que se deron no funcionamento destas intalacións municipais da Medela.

Comentarios

Ó final vai ser certo iso de

Ó final vai ser certo iso de que a política fai extraños compañeiros de cama e de viaxe. O pacto de gobernabilidade entre o BNG e o PSOE vai deixar en auga de borraxas a denuncia que Edelmiro Mateos lle puxo ao Bernando e a denuncia que o concello lle puxo ao Bernardo pola colocación da pancarta. De tódolos xeitos coido que para arranxar estes problemas o Bernardo e o Edelmiro beberían solucionar as súas diferenzas tomando unhas cuncas de viño que por suposto saíran da adega do señor Edelmiro preferentemente da colleita de fai catro anos e que o Bernardo pague cun euro as aceitunas e despois desto que vaian xuntos ao xulgado no camión do concello a retirar a denuncia e en canto ao da pancarta eu aconsellaría os do concello que contraten a un ou a unha medium para que faga unha sesión de espiritismo coa finalidade de chamar aos espiritos dos canciños mortos da canceira para que lles aclararen ante notario de que morreron e tras isto destinar os 60 euros da multa do Bernardo e os 60 do Julio de Vilamoure para mellorar as condicións de vida dos cans vivos que quedan na canceira municipal do Carballiño. O gardián entre o Centeo

esto solo pasa no Carballiño,

esto solo pasa no Carballiño, unha pancarta de catro metros sobre unha escaleira de 20 (quedan libres 16 metros para pasar) e resulta que se "altera el orden público y los ciudadanos no pueden pasar". Señores da policia local do Carballiño, a vostedes e os seus xefes, que a vostedes a fin de contas son mandadados, xa lles valeu. Deanse unhas voltas polo Carballiño adiante e sí que se encontrarán con moitos obstáculos que sí interrompen o paso. ¿qué pasa logo? Ou solo se denuncia ós que molestan ós xefes ?

BERNARDO, supoño que cando

BERNARDO, supoño que cando pacten Montes e Amil, ou te vas ou pasarás o grupo mixto.

BERNARDIÑO E DEPOIS QUERES

BERNARDIÑO E DEPOIS QUERES SER CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE E MENUDO EMBOLADO QU CHEVAN A METER. ANTIA

e despois queredes pactar.

e despois queredes pactar. que vergoña!